viernes, enero 30, 2009

Astronomía moi simple: Polar, Osa Mayor e Osa Menor


A falta de ter o ceo limpo de nubes para botar unha ollada as estrelas e aos planetas, comezarei a publicar cousas sinxelas e moi básicas de como irse iniciando na Astronomía de xeito moi simple da mesma maneira que eu vou aprendendo.

Din que o primeiro que hai que facer é coñecer un pouquiño o ceo e o que se ve nel, iso pódese facer a simple vista ou cuns prismáticos normais e a día de hoxe cos programas informáticos que hai (Cartes du Ciel, Stellarium, etc) mesmo sen mirar para o infinito podemos ter unha idea aproximada.
É moi importante antes de empezar a manexar un telescopio saber localizar ben os puntos cardinais, coñecer e memorizar en imaxes certas constelacións que nos axudan a situarnos. Hoxe en día moitos telescopios, os de afeccionados tamén, móntanse cun localizador que nos permite dirixir o noso obxectivo aos planetas , estrelas ou nebulosas dun xeito automático, simplemente para manexalo debemos saber orientar o telescopio ao Norte e coñecer unhas poucas estrelas ben visibles para poder guialo.
Polo tanto o primeiro e imprecindible é saber localizar a Estrela Polar (Polaris) que como case todo o mundo sabe está na constelación da Osa Menor (Ursa Minor), o que pasa é que moitas veces esa constelación ten estrelas que non son doadas de ver e pode resultar difícil atopar polo que compre recoñecer a sempre visible Osa Mayor (Ursa Major ou o Carro) moito máis doada de atopar e máis grande.
A localización de Polaris, que sempre está na vertical Norte do horizonte no hemisferio Norte, é imprescindible para a localización doutras moitas estrelas e obxectos celestes seguindo unha carta do ceo.
De todos os xeitos cando fagamos observacións dende un mesmo punto convén ter marcado xa o Norte para así evitarmos problemas se algunha zona do ceo esta con nubes.
Ben aquí vos poño unhas sinxelas instruccións para facer esto do que falei. Máis adiante falaei do que vou aprendendo das condicións da observación e cousas da lúa.




Como vos dicía hai que recoñecer a Osa Mayor, unha das súas partes coñecidas como Gran Carro, e localizando Dubhe (bastante brilante) e Merak xa temos apuntado cara á Polar, seguindo esa liña a 5 veces máis distancia (baixo a nosa apreciación terrestre) que a que separa ambas estrelas xa temos localizada Polaris, se trazamos unha liña vertical imaxinaria dende esa estrela ata o horixonte xa temos o Norte marcado.

Aquí tedes unha foto nocturna de longa exposición que me sirveu para marcar o Norte perfectamente dende o meu balcón. Fixádevos que a posición entre as dúas constelacións pode variar e así o fai dependendo da época do ano.