Aquí está a receita deste magnífico polo que caeu nas miñas mans, xa comentei que fora criado con todo cariño e seguindo as pautas máis tradicionais de alimentación fundamentalmente a base de fariña de millo cultivado pola mesma casa que o alimentou. Este polo é o producto dunha tradición que se manterá en Galicia mentras poidamos manter dignamente o rural e que a producción deste tipo de alimentos artesanais únicos pode ser unha boa saída empresarial para o noso agro, algún día comentareia algo todo isto...
Pois ben , decidín facelo asado (e non foi por non haber aceite...) e respetar principalmente as características dese polo único, polo que se fixo no forno cun chisco de viño doce (neste caso PX suave de Montilla-Moriles) e acompañeino dunha salsa na que destacaban os tomates secos que lle daba un puntiño agridoce á receita. Por certo , é difícil conseguir en Galicia estes tomates secos de verdade , non os que veñen en botes en aceite.
Hai que ser coidadoso ao facer na receita en collerlle o punto ao tamaño do polo e o noso forno, en principio e mellor que non se pase , pois sempre se pode facer un pouquiño máis.
viernes, agosto 29, 2008
O Polo da casa
Publicado por
Nico
en
12:25 PM
3
comentarios
Etiquetas: polo video receita da casa
Viño e Calidade/Prezo/Satisfacción (C/P/S)
- A C/P/S non debe ser un fin se non un método , debemos poñerlle prezo á nosa satisfacción pois pódese disparar o binomio calidade/prezo. Ten que haber equilibrio entre os 3 factores
- Non parece apropiado hoxe en día , se nos decidimos pola filosofía C/P/S gastar moitos cartos no viño nun restaurante (salvo nunha gran celebración), aínda que o viño sexa bo, pois os prezos están moi elevados en relación a como podemos desfrutar ese viño na nosa casa. Eu márcome un límite máximo arredor dos 20€ . Pagar máis pode ser excesivo (no meu caso) , incluso haberá xente que se sinta molesta de ter que compartir un elevado gasto na factura (comensais que non beben) e ademais resulta moi simple escoller un viño moi caro. Cada un ten un baremo C/P/S propio.
- Nalgúns casos a C/P/S pode ser sinxela e baratisíma: ¿qué mellor viño que un bo tinto Ribeiro ou Mencía do ano fresquiño e frutal para acompañar a unhas sardiñas na brasa?.
Gustaríanme aportacións vosas a esta listiña.
Entrada dedicada aos meus amigos Alfonso, Manuel e Marcos.
Publicado por
Nico
en
12:14 PM
4
comentarios
Etiquetas: calidade prezo satisfacción viños galicia vinya senyor barcelona
miércoles, agosto 27, 2008
Pola pasarela de San Vicente


Publicado por
Nico
en
2:30 AM
0
comentarios
Etiquetas: pasarela san vicente flores coello fotos
O Cozido das Furnas
Un pequeno video que me faltaba do meu periplo polas Açores, trátase do famoso Cocido das Furnas , algo moi típico da Illa de Sao Miguel , da localidade de Furnas.
O curioso deste cocido está en que se fai baixo terra, e dicir, a terra volcánica está quente, polo que se enterra unha pota que contén todos os ingredientes , péchase e deixase facer durante unhas horas na zona de perto da Lagoa das Furnas.
Furnas é unha zona turística de Sao Miguel caracterizada por estar metida no fondo do cráter dun volcán, cunha actividade de fumarolas e pequenos geiseres considerable . É chamativo ir pisando a terra e notar que está quente aínda que tamén mete un pouco de medo.
O Cozido das Furnas leva : carne de vaca, de porco, touciño, chourizos, nabos, repolos , patacas, galiña, cenouras, pementa e sal.
Dicir que non o probamos pois non tiñamos moito corpo para a calor e a humidade reinante, xente que o ten probado comentoume que notábase un certo sabor a o azufre das augas. Certamente nesa zona o cheiro a azufre está moi presente.
Ben aí tedes o video, espero que non o vexa Crespo (alcalde de Lalín) pois seguro que xa empexa a argallar unha viaxe para facer o de Lalín de tal xeito ,non pensa noutra cousa que en facer cocidos polo mundo...
Publicado por
Nico
en
1:06 AM
0
comentarios
Etiquetas: cozido cocido furnas sao miguel azores
martes, agosto 26, 2008
La Posada del Mar , O Grove
Pero ben como listes no título desta entrada hoxe toca falar do que probablemente é o máis afamado local da vila meca.
Publicado por
Nico
en
1:52 PM
0
comentarios
viernes, agosto 22, 2008
The Last Shadow Puppets
O meu particular descobremento musical dos últimos días, magnífico e sesentero disco do novo proxecto do cantante de Artic Monkeys e do canatante de The Rascals (aos que non coñecía), unha selección de temas con algunha versión (de Bowie p.e.) moi recomendable e animada. O traballo saleu hai algúns meses e chámase "The Age of The Undarstetement"
Estes días ando algo despistado, por iso ata a semana que ven quedade con esta boa música .
Interesante video
Publicado por
Nico
en
12:52 PM
0
comentarios
Etiquetas: last shadow puppets
martes, agosto 19, 2008
Un fantástico Polo da casa asado
Publicado por
Nico
en
5:41 PM
0
comentarios
Etiquetas: polo asado receitas tomates secos da casa
Imaxes dé vran
Visións que marabillan dende a boca da Ría de Arousa, O Carreiro na Península de O Grove, noitiñas únicas de lúa chea co Faro de Sálvora como testigo.

Publicado por
Nico
en
5:35 PM
0
comentarios
Etiquetas: imaxes fotografia vran hdr salvora arousa
Restaurante Pandemonium, Cambados


Hai algo máis dunha semana , acompañado dun grupo de bos amigos achegámonos ata o Pandemonium de Cambados, restaurante que so eu coñecía a pesares de non ter estado nunca por alí, como?, pois a través de ver ao seu chef Antonio Botana cociñando no Forum Gastronómico de SCQ.
Daquela impresionoume o seu coidado polos productos dos nosos mares, a súa querencia polos cefálopodos das nosas rías e a pulcritude nas coccións. Botana é un estudioso dos puntos de cocción de peixes e cefalópodos que ademais presenta no prato tal como son , deixando clara a súa natureza.
Pedimos o menú degustación (37,5 € IVE incluído) e puxémonos a desfrutar:
De entrada unha melosa e fresca Sopa de tomate con albahca e lombos de sardiña que fai abrir boca para un delicioso prato que segue a continuación: Vieiras con migas de pan de broa e azeite de Piquillo, o punto da vieira perfecto e a combinación de sabores moi axeitada , con moitos sabores de vello.

A continuación o Polbo a baixa temperatura en xelatina do seu xugo e aire de La Vera, prato que recomendei aos meus amigos e que decepcionou pois aínda que é fermoso na presentación ,neste caso a cocción do polbo deixouno algo chicloso. Eu recomendara este prato porque a textura do polbo que eu probara era homoxénea e neste caso non se consigueu.

Para emendar degostamos unhas magníficas Luras da Ría con tomate confitado e pistachos, neste prato a cocción na prancha é magnífica, a textura perfecta e da gusto ver a a lura enteiriña no prato exhibindo todas as súas carnes.
Xa achgándonos ao final chegou o mellor dos pratos a pesares da súa sinxeleza, foi a Dourada da Ría Asada, un taquiño de ese peixe que desfrutamos na súa frecura e cun sabor intenso pero tamén delicado que nos deixou marabillados a todos.
Para rematar un pouquiño de carne cun xugoso Secreto de ibérico , pouco feito para o gusto dalgúns pero que ao meu parecer mantén o gusto e as texturas de tan preciado animal.
Para os postres unhas correctas Fresas asadas con xeado de nata e un goloso Pastel de chocolate con xeado de laranxa: sabrosos e sinxelos postres sen algaradas pero que sintonizan coa partitura proposta previamente por Botana.
En resumo, penso que Pandemonium é unha boísima opción na Comarca do Salnés, sen dúbida a máis económica dentro dos restaurantes de cociña innovadora e elaborada desa zona (Menu Degustación+ viño medio + copiña: 51€) , a ter en conta nos tempos que corren. O local cun deseño moderno co predominio do vermello pero á vez acolledor. Quizas na bodega precísase dalgún esforzo por incorporar algúns viños innovadores pero cunha boa relación calidade/prezo e que den un pouco de xogo aos comensais.
A nota é alta e agardamos que siga progresando , tamén lle desexamos sorte a Botana pois o restaurante para ser un xoves noite de agosto estaba algo falto de ambiente, non así a vinoteca.
Por certo fixen a reserva a través do mail como proba e funcionou, chamaronme por teléfono para confirmar, estes avances agradecense.
Nas fotos hai algunhas de Gourmet de Provincias e da propia web de Nove,moitas gracias.
Publicado por
Nico
en
4:32 PM
0
comentarios
miércoles, agosto 13, 2008
Sinxelos manxares do vran
Falaba nun post recente dos magníficos tomates que hai por a zona do Salnés e que habitualmente merco uns quiliños deles na praza de O Grove.
Pois eiquí tedes formas sinxelas de desfrutalos en todo o seu esplendor:
- A primeira e máis simple é aliñalos cun aceite virxe extra ,se pode ser de sabor ben forte, un pouco ourego e un chisco dunha boa sal: non se precisa máis.
- Por outro lado temos un gazpacho con sandía , acompañado duns tomates secos e albahaca. Facer o gazpacho coma sempre (tomates, pepino, pemento, auga , pan, allo e aceite) e engadirlle aproximadamente tanta sandía coma tomate. Logo probei acompañalo todo cuns tomates secos e así temos máis tomate con outra textura e un suave toque agridoce e o aroma balsámico da albahaca. Refrescante e depurante para o vran e para enfrontarse ao sol.
Como vos podedes imaxinar as posibilidades das sopas con tomate son ilimitadas
Publicado por
Nico
en
4:54 PM
0
comentarios
Etiquetas: tomates grove gazpacho vran receitas
martes, agosto 12, 2008
Muse: Plug in Baby
Muse é unha das miñas debilidades musicais, levo poñendo moita música melosa no blog recentemente e xa ía sendo hora de algo de caña de verdade.
Se non se esperta con esto... que fenómenos Mathew Bellamy e cía, non son aínda coma os de Tom Yorke pero ...
I've exposed your lies, baby
The underneath is no big surprise
Now it's time for changing
And cleansing everything
To forget your love
My plug in baby
Crucifies my enemies
When I'm tired of giving
My plug in baby
In unbroken virgin realities
Is tired of living
Publicado por
Nico
en
12:53 AM
2
comentarios
Etiquetas: muse plug in baby showbiz bellamy
Morcilla con piña
Publicado por
Nico
en
12:41 AM
0
comentarios
Soñando o futuro
Publicado por
Nico
en
12:29 AM
3
comentarios
Etiquetas: nico batman escribe na area
Na Praza de O Grove
Publicado por
Nico
en
12:11 AM
0
comentarios
Etiquetas: o grove praza feira mercado peixe marisco tomates horta
jueves, agosto 07, 2008
Segundo video de Sao Miguel en Azores
A Historia de Azores é máis ben curta e parece comezar no S XV xa de mans portuguesas, pode ser que houberá previamente outros poboadores nesas illas pero cando os mariños lusos chegaron non atoparon máis que falcóns (de aí o nome de Açores).
Dende aquela o arquipelago convertese nun punto de referencia estratéxico reforzado co posterior descubrimento de América. As illas foron tamén niño de corsarios e piratas que agardaban agochados polo paso das naves españolas cargadas de tesouros. A finais do XVI as illas pasan a mans españolas que toman Terceira baixo o reinado de Felipe II voltando novemente a mans portuguesas 60 despois.
Xa avanzando nos tempos as Azores tiveron unha importancia destacada na Guerra Civil portuguesa do XIX sobre todo a cidade terceirense de Angra do Heroismo.
Hoxe en día as Azores son oficialmente unha rexión "ultraperiférica da UE" e saltaron non hai moito á actualidade pola nefasta e vergoñenta Foto das Azores de Bush, Blair e Aznar.
A influencia española aínda se nota hoxe en Terceira, de feito lles chaman os españois aos terceirenses, onde no vran se celebran touradas e outros festexos como "vaquillas"
Tamén foi destacable a presenza de franceses en Sao Miguel, onde hai zonas nas que os micaelenses falan un portugués con acento francés e mesmo hai unha vila chamada Bretanha.
Hoxe en día as Azores son víctimas dun grave despoboamento producido pola emigración ao continente pero principalmente a Canada e USA, polo que é habitual ver casas azorianas coas bandeiras portuguesas xunto as destes países norteamericanos. Pequenas vilas como a remota , salvaxe e inaccesible Faial da Terra, ten perdido dous tercios dos seus habitantes en pouco máis de 40 anos.
Espero que a información vos sirva para algo e desfrutade coa máxica paisaxe de Sao Miguel.
Publicado por
Nico
en
2:00 PM
1 comentarios
Etiquetas: azores sao miguel bretanha terceira historia
miércoles, agosto 06, 2008
Usurpadores do nome de Galicia nas Azores
Publicado por
Nico
en
3:10 AM
2
comentarios
Etiquetas: chef vicente cabron azores sao miguel gastronomia galega flamenco
Unha recomendación: o fotoblog de Kathleen Conally



Publicado por
Nico
en
2:05 AM
0
comentarios
Etiquetas: fotoblog fotografia dixital katlheen conally
martes, agosto 05, 2008
A Colmeia, Ponta Delgada (Sao Miguel), Açores



Polo que teño lido iste debe de ser o mellor restaurante das Azores , para min dende logo é o mellor dos que atopei en Sao Miguel completado polo seu irmán pequeno do porto de Ponta Delgada A Colmeia Wine Bar & Restaurant recén aberto e un pouco máis informal.
O restaurante está situado no coqueto Hotel do Colegio no centro de Ponta Delgada, a decoración é acolledora mais austera como é habitual por eses lares cunha cristaleira cara a piscina interna do hotel que de noite fai máis agradable a sala.
O servizo moi correcto e profesional , un pouco lento para alguén do continente pero normal alí. Moi atentos por si faltaba auga e nin unha mala cara cando reprochei o malo costume de servir os viños practicamente quentes en Portugal, pois non é un vicio deste restaurante se non o habitual no país veciño.
O menú moi enraizado na comida azoriana con toques de innovación , cargado dalgúns sabores novos mais agradables. O producto de boa calidade e racións máis que suficientes para este tipo de restaurantes. De entrante nos puxeron un regaliño da casa, un petisco a base de peixe azul bastante sabroso, logo optamos por algo coma un crocante recheo de mar que realmente sabía a tal cunha salsa lixeira , sabrosa pero suave a vez. Continuamos con un atún asado en azeite , para min feito en exceso pero conservaba un bo sabor e o peixe orixinal debía de ser de moi bo tamaño. María optou por un magret de pato con mel e pure de batata doce que realmente estaba no punto e magnífico nunha ración ben abundante. Os postres contundentes con utilización de xeados e froitas das illas como o Carpaccio de ananás con vainilla . Tras o postre bos cafés e probei un augardente da Ilha de Pico que non era moi salientable pero valeu como curiosiade. O viño foi un bon crianza do Douro , non lembro cal , pero unha vez que baixou un pouco a temperatura inicial puidemos desfrutar con agrado del na cea.
Todo esto por 35€ por cabeza con IVE e viño incluído,por unha cea na que non sería fácil baixar dos 45€.
Se ides a Azores non o dubidedes, a Comeia é a referencia local.
Publicado por
Nico
en
11:48 PM
1 comentarios
Etiquetas: azores açores paparevivir a colmeia restaurante gastronomia
lunes, agosto 04, 2008
Papar nas Azores- Sao Miguel
A Colmeia Wine Bar & Restaurant
A gastronomía açoriana non está moi desenvolta, hai oferta é certo , pero todo é moi parecido , a mesma carta repítese con frecuencia, pero certamente hai locais moi recomendables e productos únicos que paga a pena probar.
Por contra do que se puidera pensar, para a xente de Azores o producto básico non é o peixe, os açorianos son moi carnívoros e gostan das carnes de vaca, que están pacendo por toda a Ilha de Sao Miguel e son un dos piares da economía local. Está claro tamén que hai moi bos peixes e os productos do mar atópanse frescos con facilidade nos restaurantes dos pequenos portos pesqueiros das mariñeiras vilas. As estrelas son o cherne (mero) , o atún , o bacallau e logo xa outros máis da costa como sargos , ollomol, salmonetes, etc.
Como xa digo a oferta nos restaurantes non é innovadora e non hai moitos locais de referencia, pero un destaca por riba do resto, trátase de A Colmeia, o restaurante do Hotel do Colegio en Ponta Delgada, un hotel con encanto. Farei un post específico deste restaurante porque o merece.
Ceando no 100 espinhas
Recentemente en Ponta Delgada foi inaugurada unha Marina que conta con restaurantes novos tamén recoemndables como o irman de A Colmeia o Colmeia Wine & Restaurant no que se pode incluso petiscar ou 100 Espinhas, xa máis tradicional e baseado no peixe freco de mercado que van variando segundo o que chega ao porto, a cataplana (como unha zarzuela de peixe) que eu pedin estaba moi boa
En Ponta Delgada hai máis opcións pero como xa digo é todo moi similar, seguindo a liña de costa podemos parar en Vila Franca, Lagoa ou San Roque para probar a comida dos portos. Por exemplo nos en Lagoa polo Borda D´auga , terraza xunto ao recollido porto da vila con especialidade en peixe, o cherne ou o ollomol ben frescos, magoa que o fagan so a plancha (mestura de sabores) e un pouco feito de mais , se non sería un magnífico local. O prezo dende logo barato , aproximadamente 15-20 €(como sempre en Azores) e convén pedir medias racións (xa o recomendan eles) pois son moi abundantes.
Unha cataplana de peixe
Seguindo na tradición azoriana algo casi obrigado é comer o Cozido das Furnas, cocido local feito no calor da terra próxima ao lago volcánico das Furnas, non o probei por ter que ser reservado con antelación, aínda que si nos fixemos con unha elaboración famosa de Furnas, os bolos lévedos como unha torta de pan feita con mel e ben fermentada (moi esponxosa) que son un magnífico invento.
En canto aos queixos dicir que cada illa ten os seus , predominando os de leite de vaca con algún de cabra. Son queixos mantecosos pero fortes e a min o que máis me gustou foron uns que probei da Terceira.
Algunha curiosidade azoriana máis son os sospiros , merengue sólido, que resulta ser un doce case etéreo ou o tubérculo inhame que me trouxen para facer algún pratiño para vos ensinar
Ah por certo ,esqueciame de falar doutra especialidade de Azores que para min non ten ningún encanto: as lapas, a este molusco eu non lle atopo ningún sabor especial e ten unha textura gomosa difícil de masticar que o fai ata despreciable, a verdade é que non son moi do meu agrado, entendo algo porque aquí nunca se comeron.
Unhas lapas a grelha
Publicado por
Nico
en
11:32 AM
0
comentarios
Etiquetas: azores sao miguel restaurantes a colmeia espinhas lagoa borda sospiros inhame bolos levedos





















