jueves, julio 31, 2008

Primeiro Video de Azores e algunhas informacións


Vou facer polo menos 2 videos con fotos da Illa de San Miguel nas Azores para tratar de repartir tanta beleza.
De pao vou poñer algunhas informacións que vos sirvan para coñecer un pouco mellor o arquipélago.
As Azores están compostas por 3 grupos de illas:
- Oriental : Sao Miguel e Santa María
- Central: Faial , Graciosa , Sao Jorge e Pico
- Occidental: Flores e Corvo

As distancias entre os grupos son considerables , polo que é difícil e caro viaxar a illas de diferentes grupos pois os vos internos son moi caros (de 250 en adiante). A xente que visita Azores habitualmente empeza pola máis grande e poboada que é Sao Miguel, considerada en dura pugna con flores a máis bonita. Todas as illas teñen recoñecidos en cantos Faial ( Horta ou o famoso Peter´s Cafe), Pico (o monte máis alto de Portugal), Terceira (Angra do Heroísmo)...polo que en calquera delas pódese desfrutar dunha estancia interesante.
Sao Miguel , ademais de ser a máis grande é a máis poboada con perto da metade da poboación azoriana. Ten uns 120 Km de longo por 20 de ancho, sendo unha illa de evidente orixe volcánico e teñense rexistradas moitísimas erupcións no milenio pasado polo que o seu caracter sae das súas terras e deixase ver sobre todo nas augas.
A climatoloxia e atlántica, sendo bastante suave principalmente no vran, gardando moita relación as temperaturas atmosféricas coas do Oceáno e beneficiándose da Corrente do Golfo. Na nosa estancia as Tªs oscilaron entre os 20 e 26ºC e as da auga andaban polos 23ºC, todo esto sen moito sol , realmente agradable.
O turismo polo de agora non está moi explotado, hai hoteles e casas rurais pero non se nota masificación , nas praias máis apartadas podes estar so. Non é un turismo de sol e praia, é máis un turismo de natureza , ecolóxico complementado co praias. Os prezos son máis baixos que no continente e un bo hotel de 4 estrelas (non hai de 5 en Azores) en tempada alta non pasa dos 100€ e a hostelería é un 20-30% máis barata que aquí.
Os principais valores turísticos son: unha coidada natureza, costa salvaxe, as lagoas dos cráteres volcánicos, o avistamento de cetáceos, as augas termais, as praias...como vedes un amplo abano de posibilidades que fan desta illa un lugar de contrastes.
As xentes de SaoMiguel por contra do que se pode pensar non viven principalmente do turismo, e chama a atención de que a prinicpal actividade dos micaelenses sexa a gandeiría antes que a pesca. As condicións do chan e do clima fan que os pastos crezan rápidamente polo que as vacas están por todos lados e mesmo viven fora e se muxen fora
Ben está é a primeira entrega co próximo video poñerei máis para non vos aburrir



lunes, julio 28, 2008

Açores


Xa voltei da incrible illa de Sao Miguel, alí no medio do Atlántico. Un lugar fascinante , único , cheo de contrastes que faiche pensar que en cada momento te atopas nun lugar diferente.

Grandes campos verdes, cráteres de volcáns, coloridos lagos, augas doces quentes, augas salgadas quentes e frías, augas de ferro, vida gandeira e vida mariñeira mesturadas ,carne e peixe, barullo e silencio, muitas cores, hortensias por doquier, golfíños e baleas...

Farei un percorrido máis detallado nos vindeiros días , deixovos coa foto prometida de Vista do Rei en Sete Cidades. Stendhal eiquí tamén tería problemas.

viernes, julio 18, 2008

Rutas por Galicia 1



A miña prima Itziar pídeme que lle faga algunhas rutas pola terra da súa familia materna para traer ao seu mozo catalán e deixalo abraiado coa beleza do noso país. Ela que leva vindo a Galicia alomenos unha vez ao ano desque naceu e viviu en Almería, Cádiz, Bilbao, Cambrills e agora en BCN non coñece máis que algúns básicos como Santiago, Pontevedra, Vigo, etc ,e ben a fondo ,a península de O Grove e Lalín polo que certamente venlle ben unha axudiña, polo que imos tratar de guiala e aproveitar para outra xente que me ten feito peticións parecidas.
Este é o primeiro dos post no que tratarei de facer rutas que expliquen algo ben a beleza da nosa terra.
Por certo están máis pensadas cara o vran pois cada estación marca tamén os intereses.

RUTA DO INTERIOR-COSTA SUR (aproximadamente 3 días)

Esta é unha rota que trata de mostrar en pouco tempo as contrastes de Galicia interior-costa visitando de paso algunhas das cidades.

Inicio:

Lalín (non podía ser doutra forma):
- Como sabemos o casco urbano da vila non ten moito que destacar , pero é evidente de que Lalín merece unha visita as súas carballeiras e fragas co exponente máximo da Fraga de Catasós , hoxe área protexida, se se quere pódese profundizar na zona de Zobra- Vilatuxe cunha visita á magnífica aldea da Trigueira, pode incluir baño en augas cristalinas , iso sí fresquiñas.

- Agora colleriamos a AP-53 ata Cea , sairiamos e colleriamos cara a Oseira para visitar o chamado -algo pretenciosamente- "Escorial galego", recomendable visita ao interior e que os monxes nos conten algo da súa espléndida historia. De Oseira colleriamos a estrada que nos leva a Monte Faro, onde fariamos unha parada nese punto xeodésico para divisar todo Deza ata o Pico Sacro , as cuncas do Miño e parte do Sil e as Terras do Arenteiro.

- Baixariamos do Faro ata Rodeiro e tirariamos pola estrada que nos leva ata A Golada e colleriamos dirección cara á Lugo. Alí é obrigado pasear polas Murallas milenarias e percorrer o casco histórico facendo parada nos viños e tapeando. Lugo é un lugar moi aconsellable para comer ben e a prezo.

- Saíndo de Lugo cara a Madrid a poucos Quilómetros está o desvío indicado cara á Casa Da Fervenza, na que sin aloxarnos nela se pode dar un paseo polo impresionante Fraga da Fervenza , á que tantas e tantas veces lle teño feito referencia neste blog. Pódense alugar bicis para pasear na casa sen estar aloxado. Dende a Fervenza cara a Sárria e dende alí a Samos onde nos meteriamos xa nunha das partes máis fermosas do Camiño de Santiago.

- Dende Samos e tras ollar ou visitar o Mosteiro se imos con tempo podemos visitar a fabulosa aldea do Cebreiro, entrada en Galicia do Camiño Francés, algo alonxada da ruta. Se non colleriamos cara ao Courel atravesando a fermosísima Serra de Louzara parando xa no Courel na aldea de Seceda e collendo logo para un lugar imprescindible, A Devesa da Rogueira, o compendio dos bosques galegos, toda exhuberancia.

- Despois da Devesa , marcaremos dirección a Quiroga e logo a Monforte, ese tramo de Nacional ten varios puntos onde se poden ir facendo paradas e adentrarse nos Cáñóns do Sil, dende Monforte seguiriamos cara a Ourense e como no anterior tramo son moitos os puntos onde nos podemos adentrar para ver os Cañóns.

- Chegamos a Ourense, veremos a Ponte Romana e a Zona Vella, como en Lugo bos viños e boas tapas, podemos achegarnos as Burgas ou mesmo as fontes termais do Miño e tomar un baño. Dalí colleriamos a Autovía con dirección Madrid para achegarnos a Allariz, cun casco vello perfectamente restaurado e cunha armonización do río que paga a pena ver. En Allariz hai moi bos locais para comer ou picar.

- De Allariz voltariamos coller a Autovía pero agora con dirección Vigo, e fariamos o treito máis longo en coche para a transición interior-mar. O obxectivo é chegar a Tui ou visitar Valença para tirar cara A Garda e ir parando nas fermosas paisaxes do estuario do Miño que divisaremos á perfección na visita obrigada ao Castro de Santa Tegra. Nesa zona da Garda-O Rosal podemos achegarnos ata algunha bodega de Albariño ou as praias da desembocadura

- Dende A Garda colleriamos unha das estradas de mar máis bonitas e salvaxes de Galicia, a que nos leva ata Baiona, as paisaxes son impresionantes, non hai praias , pero sí moi boas vistas. Obrigada a parada en Santa María de Oia co seu Mosteiro do mar e o casco en rehabilitación. Non está de máis coller algunha das estradas pequenas que suben pola montaña e disfutaremos dunhas vistas espectaculares.

- Finalemente remataremos en Baiona, vila histórica e turística, con grandes praias como Praia América, ainda que eu aconsello achegarse a Patos en Nigrán. Certa masificación no vran, moito ambiente e normalmente o bo tempo está case asegurado.

En El PAÍS: "KALIPEDIA se extiende por Sudamérica"


Pois sí , parecer ser que a chegada do amigo KALI a Colombia está a marcar un antes e un despois no intercambio cultural en Sudámerica como parece atestiguar o diario madrileño.

O amigo Kali dende o seu blog Un contador de historias está conseguindo unha boa transferencia de información dende o outro lado do Atlántico e merece ser recoñecida.

Seica tamén Kalimero vai deixar alí a semente dos Taboada, fundindose e mestizándose .Hai 500 anos pero con artes diferentes ben puideron facer o mesmo os seus posibles ascendentes no Deza, os Gil de Taboada.
(Supoño que agora virá Carlos a corrixirme que esa rama dos Gil de Taboada eran primos dos Churruchaos e que realmente non foron os que viaxaron a América, pero que había outra emparentada cos Suares de Deza que logo fixeron bastardiños e que por un pleito nunha mellora e unha perda de terras decidiron embarcarse na aventura das Indias Occidentais como moitos nobles do S. XVI.........)

Noraboa Kali

jueves, julio 17, 2008

Açores

Este é o destiño para estas vacacións ,o vindeiro sábado en ruta cara a Ponta Delgada, na Ilha de Sâo Miguel . Supoño que sacarei algunha foto (non vai ser con ninguén de bigotes ou de Texas) e si podo as vou poñendo dende alí.
Empezarei a practicar o meu portugués, mais hajo que é diferente do continental.

Algún video e Madredeus dende a Lagoa das Sete Cidades que non me perderei.




Decálogo gastronómico para a crise

Como parece que os problemas na economía van para longo, penso que podería ser bo aportar algunhas ideas para seguir desfrutando da boa mesa sen ir moito aos restaurantes. Supoño que para moitos hosteleiros veñen malos tempos, pero entristéceme que os máis abnegados e vangardistas son os que menos beneficio sacaron das vacas gordas e outros encheron o bandullo para moitos anos, alomenos algún agora caerá da burra.

Estas son as miñas "receitas" contra a crise:

1- Sal a comer ou a cear a un restaurante bo so cando teñas garantías de que a relación calidade/prezo está asegurada. Os riscos mellor baratos.
2- Recupera algún dos restaurantes de sempre, con boas especialidades a prezo. Por exemplo: unha pulpería boa, un sitio onde borden as carnes do país, etc (Ex.: unha boa pulpería, un asador/churraso, onde fagan uns magníficos polos da casa de encarga...). Pode ser que non teñan moito glamour pero non defraudan
3- Pon un tope de prezo ao viño que vaias tomar, coa máxima :calidade/prezo/satisfacción. Tomar viños caros é moi fácil si tes moitos cartos...Ex.: na casa 10€ , en restaurante 20€
4- Organizar roldas de ceas nas casas cos amigos, pagade as ceas entre todos. Competide entre vos , será máis entretido. Na casa con 20€ fanse auténticas marabillas.
5- No outono vai ao monte a apañar castañas e cogumelos (con coñecemento), pesca se podes no vran ou aprende que algas podes comer, se tes unha leira fai unha hortiña... Mentras o fas non gastas cartos e logo ben que se desfruta.
6- Aproveita os productos de tempada, se imaxinativo con eles. Ata a máis simple das patacas ten máis dunha ducia de posibles preparacións
7- Trata de buscar restaurantes que estean empezando a despuntar, serán asequibles e con gañas de agradar. Non se poden permitir malas críticas, menos agora.
8- Aproveitate dos prezos dalgúns alimentos como a terneira, a pescada ou o peixe das rías, tal e como están as cousas son artigos ben baratos.
9- Fuxe daqueles aos que habitualmente lles acabas invitando tí.
10- NON RENUNCIES NUNCA NIN SUSTITÚAS: o aceite de oliva, o pan de sempre,,ao peixe fresco se o hai a venda e as tradicións gastronómicas ancestrais Ex.:porco, filloas, etc no Antroido; sardiñas por San Xoan...

Ah por certo, esquecíame da 11, fai receitas de Paparevivir , rarísimo o prato que suba dos 8 €. Espero máis suxerencias.

martes, julio 15, 2008

Sigur Ros


Dende o último de Radiohead "In Rainbows" ningún disco me tiña enganchado ata este dos islandeses Sigur Ros, que se chama "Með suð í eyrum við spilum endalaust" que tamén manda carallo para o nome e que se traduce ao castelán "Con un zumbido en los oídos tocamos sin parar".
Os de Reikyavik, un grupo de culto para moitos, cantan no seu idioma islandés pero eso non é un obstáculo para ser mundialmente recoñecidos e que as súas xiras e discos sexan agardadas con impaciencia. A súa música en certos momentos coral (un dos temas está grabado con 90 persoas tocando) ten un toque a natureza , as súas raíces nórdicas con toques que poden lembrar a Varttina ou Hedningarna pero cun estilo inconfundible encadrado dentro dun pop independente, elegante e etéreo.
Polo que vin o disco ten unha estética moi coidada en canto a fotografía e que manteñen nos videos das cancións. Aquí vos deixo co video do primeiro single que se chama "Gobbledigook" que é un canto á ecoloxía e a relación do home coa natureza, un video para maiores de 18 pero moi fermoso.

Candán e HDR



Máis fotos en HDR , estas son de O Candán que neste principio de vran ten as devesas verdes como nunca e A Trigueira que nos días de calor é o recuncho máis reconfortante de Lalín, non so pola paisaxe e o frescor, tamén polo silencio.

lunes, julio 14, 2008

Arconada Palop Eurocopa Casillas


Do mellor da victoria da selección española de fútbol pareceume a homenaxe que Palop lle fixo a Arconada recollendo coa súa camiseta da derrota do 84 o trofeo de campeóns.

Para min e supoño que para outros moitos Arconada foi un dos meus ídolos de neno, un prodixio na portería, forza , reflexos...e ademais ao longo da súa traxectoria demostrou ser un señor.

Outros so lembran a Arconada polo seu erro na final desa Eurocopa contra Francia sen darse conta que de non ser polo porteiro da Real Sociedad España non tería chegado tan lonxe.

Alégrome que por fin hoxe se lle faga xustiza a o que ata de agora foi o mellor porteiro que vin na vida e que o detalle de Palop contribua á pouca grandeza que boxe en día lle queda ao fúbol.

Lendo en Internet recentemente sobre esta historia atopeime cunha lexión de "arconadistas", seguidores que aínda se lembran do mítico porteiro donostiarra , mesmo hai un blog arconada.blogspot.com que explica como chegou ata Viena a camiseta que vestiu Palop e como se emocionou Arconada que estaba no palco invitado por Platini.

Tamén en Canal + Robinson fixo unha emotiva reportaxe con Arconada e Casillas antes da final onde podedes ver moitas das paradas que levaron a España á final de Paris en 1984.

Por certo para cando unha reedición desa camiseta do porteiro de Le Coq Sportif, penso que sería un exitazo de ventas


Sabucedo 2008. O Monte

Como xa anunciei, aí vai o video da subida ao monte para apañar os cabalos. Un video sinxelo para adeptos da Rapa. Non será como os que fai Pedro Pablo pero cabalos hai.

Muros 08





Unha nova edición da xuntanza de amigos na paradisiaca casa do amigo Marcos, que con xenerosidada nos invita ano tras ano sen perder a oportunidade, pero mudando co tempo as condicións da reunión, pois antes nin había mozas, nin mulleres ,nin nenos pero o tempo pasa e hai que adpatarse...

Eu so puiden achegarme onte domingo pero o día foi ben aproveitado, o cruasán da mañán mirando ao mar calmo da Ría de Muros, o aperitivo no Entra y Verás de Louro, unha copiña de champagne antes da comida no xardín a sombriña, deitarse ao sol e ver pasar o tempo...en certo modo este é o sinal de que as vacacións xa están aí e benvidas sexan.

Seica a fin de semana foi aproveitada por todos e desfrutaron da gastronomía das rías (con algún contratempo). Mágoa que faltaran Roco, Alfonso, Chisco, Luz...

Hórreos únicos



Sen dúbida o Concello cos hórreos (ou cabaceiras) máis coñecidos de Galicia é Carnota, non vou a entrar na discusión clásica dos veciños desa zona de si é máis grande o de Lira ou o de Carnota vila (pode ser perigoso), os dous son espectaculares e merecen ser visitados.

A min o que máis me chama a atención é este fermoso e supoño que vellísimo hórreo que está en Louredo e que debe ser dos máis antigos que se conservan por esa zona.

Chámame a atención pola súa rudimentariedade: pedras case sen traballar, os piares moi xuntos , as pedras de abaixo moito máis grosas que as de arriba, sen moita ventilación, unha pequena porta...características todas que lle dan un aspecto de fortaleza que seguro lle permiteu estar de pe moitos anos...dende o primeiro día que o vin pensei en fotografialo pero non puido ser ata onte e sigo pensando que esta é unha maravilla máis a visitar nesa zona.

Esta cabaceira está na estrada de Carnota subindo hacia As Paxareiras, Louredo son as últimas casas antes do monte.

domingo, julio 13, 2008

Experimentando o HDR



Sigo a experimentar coa técnica fotográfica que puxen aquí hai varios meses. Desta aproveitei o paseo de onte polo Sur da Costa da Morte.
Aí tedes unha foto dun dos meus lugares favoritos de Galicia a Punta e o Monte Louro coa lagoa e espectacular praia e por outro lado unha vista de Carnota e a súa longa praia dende a estrada das Paxareiras, unha imaxe imprescindible do noso país.
É vran , estes son lugares para non perderse...

viernes, julio 11, 2008

Sabucedo 08


Un ano máis achegueime ata Sabucedo, a Rapa das rapas, unha gran festa galega , de verdadeira tradición ancestral.
Este ano fun o sabado moi cedo para axudar a apañar os cabalos polo monte , foron horas de traballo , de patear e correr, tamén de apaño e de fracasos pero aínda levamos unhas poucas bestas ata o Peón guiados polas xentes de Sabucedo, casi todos eles aloitadores.
Despois do Peón para abaixo con toda a manada, desfrutando dese espectáculo único de centos de cabalos espallados polo monte guiados e acotados por varios centos de persoas.
Logo o polbo da feira, algo de carne e compartir con moitos dos amigos de A Estrada e outros de León as andainas do acontecido no monte.
Xa cara a tardiña houbo novamente Sesión Pilón amenizada por Guli, Miguelito Calvo, Pichel, Vichi, Candidito, Jonan...que vos vou contar...marchei pois quedar alí era perigoso.
Non fun ao Curro pois tiña que voltar a Lalín, supoño que a verbena sería coma sempre espectacular e non dúbido de que o amigo Pedro Pablo acabou compartindo palco coa orquesta de turno...
PRÓXIMAMENTE COLGAREI ALGÚN VIDEO, BEN O MERECE

Butifarras con cogumelos




























Sigo a facer cousas sinxelas cos productos que trouxen de Cataluña.


O simple as veces pode ser rompedor. Explosión de sabores nesta butifarra con boletus, regado cun gran aceite virxe extra e uns cristais de sal Maldon

IMBÉCILES E ESCUROS (non nos entenden non)


















O XIRO AO CENTRO DO PP

















Vergoña, noxo , perplexidade...o que un sinte cando nestes días a parte máis radical e excluinte do estado español ataca directamente sen contemplacións a todos aqueles que falan outra lingua diferente do castelán no estado español.





Todos eles sen distinción son herdeiros daquela cruzada pola aniquilación das lenguas e tradicións das outras nacións que cunha lingua de seu tamén forman España, no seu interior entenden que lidian unha batalla contra bárbaros indocumentados da periferia sen caer na conta que dese xeito tamén negan esa palabra tan sagrada para eles e que pouco a pouco estan a destruir: España o español, din eles tan coitados e tan inocentes...din dende Madrid que falar unha lingua diferente non é boa cousa, e a min vaiseme a cabeza pensando en Cunqueiro , Fole, Rivas , Blanco Amor, Celso Emilio e tantos e tantos outros que me axudaron a amar cada día máis aquelo que de verdade somos.





Non hai outra explicación para min que outra que A ENVEXA lles está comendo as entranas, os mata de dor ao non poder eles ter a riqueza que moitos temos e da que presumiremos por sempre: pertencer a un país que ten unha lingua propia e tamén é quen de falar o castelán con bonitos xiros e costumes que nos identifican para o resto. Eles ,doentes da nosa riqueza queren aniquilala como xa trataron de facer sen éxito aqueles que os precederon e non se dan conta que coa súa inmundicia estannos a facer máis fortes.





Hoxe eu mesmo firmei o manifesto ,e perdoame querido irmán Daniel pero permitinme firmar como: Alfonso Daniel Rodríguez CASTELAO MEXA POR VOS con DNI 2507 (25 de Xullo)...seica tamén lles valen estas firmas...





Deixovos cunha opinión moito máis lúcida que a miña, a de Ramón Reboiras hoxe na edición galega de El País. O que eu sinto pero mellor expresado:





RAMÓN REBOIRAS
Saca la lengua






Ya suenan otra vez las trompetas de la discordia. El agua de los pantanos, vencida la sequía, se vuelve turbia. Las ondas emiten otra vez a su dosis diaria de bilis y el resentimiento abunda en la herida: otra vez la España triunfal de la Eurocopa y Wimbledon pierde aceite. Parece que hay que defender lo único que tenemos en lo que todo el mundo se entiende pero, ay, muchos prefieren proclamar la afrenta de que la lengua está atacada por los nacionalismos, que el español se rompe porque no se enseña en los territorios del gallego, del euskera, del catalán. Que son pocas las horas, escaso el empeño, vacuo el Catón.





Las cifras de cotización del arrebato suben en el diario que promulga el manifiesto y cada día algunos nombres salen a la palestra como lamentando que le han tocado a la madre, sí a la misma madre. Así, a bote pronto, les recomiendo que pasen unos días de veraneo en A Coruña para comprobar que la cosa no es para tanto o en Lloret de Mar si creen que por allí empeora o que mismo un paseo por La Concha disipará un poco sus miedos. Señores, seguimos hablando, escribiendo, soñando y maldiciendo en castellano, más o menos del bueno, porque hay que ver lo que se va perdiendo en el trasiego de los SMS, del correo electrónico, de la mala dicción de los políticos, incluida alguna ministra de nuevo cuño feminista, pero todo el mundo tuerce el morro y piensa que la culpa es otra vez de esos bárbaros de la periferia que en sus galescolas hacen a los niños hablar otra lengua, sin pensar que un bilingüismo sano (no como aquél que padecimos los bárbaros, próximo al autoodio) es señal de inteligencia, de cultura, de horizonte.
Sin pensar que casi irreparablemente, salvo en los pueblos aislados de la civilización, todo el mundo adoptará ese cielo protector del español, esa membrana natural de los nacidos en este Estado sin que nadie tenga que darnos la bulla por hablar también otra cosa resultante de nuestros genes, de nuestra historia, de nuestros pequeños países y nuestras pequeñas literaturas. Pero no, no hay manera de explicarles que nos dejen en paz incluso a los que protestamos escribiendo en la lengua dinamitera de Valle-Inclán, seca de Machado, lírica de Lorca o mística de Juan de la Cruz, y que lamentamos, a fe mía, no haber tenido esa educación que nos hubiera permitido alfabetizarnos sin sobresaltos, como se quiere ahora, en la nuestra propia. Y así somos una especie rara de hijos adoptivos al que ese primer bilingüismo ha habituado al oído a percibir otras variantes del mundo, a salir y tratar de sintonizar con todo lo que se habla, que ya me gustaría a mí leer en ruso a Dostoievsky y en inglés del bueno a Shakespeare o a curarme este dolor de cabeza con un poema de Hordelin que me entrara de repente en alemán por las meninges, porque ése debería ser el reto, cada día más políglotas y menos catetos, cada día más cosmopolitas y ligeros, cada día hablar una lengua distinta al desayuno, el almuerzo y la cena, una para el amor y otra para los negocios, a ser posible en la misma lengua de esos interlocutores nativos. Pero no, resulta que parece que están preocupados por la afrenta, ahora que hemos demostrado poder coexistir en el mismo Estado y en el mismo campo de fútbol, que hemos demostrado sabernos la lección de memoria, que hemos sabido capear a tiempo la pérdida de nuestras identidades, las lenguas de muchos siglos de intimidad.




Pese a todo, me afecta esa afición por ser más papistas que el papa, más ultras que Plus Ultra, y me alegro de que el himno de todos no tenga ninguna letra que hable de sangre, ni de guerras, ni de patrias, que le saquemos hierro a la marchita militar, que cada uno lleve a su manera la liturgia de la bandera, de la lengua, del himno, del escapulario.
Más de 100.000 manifestantes se han adherido a estas horas al manifiesto, pero tratándose de cosa tan grande, pienso que falta mucho para llegar a nuestros 46 millones y si se ponen pesados a los 400 que vamos en esta nave de los locos dónde de vez en cuando algún líder de opinión invoca vanamente a Cervantes y a Quevedo cuando lo primero que tendría que hacer es leerlos, disfrutarlos y transmitir ese placer a sus hijos pensando que sería un craso error no hacerlo, perderse ese placer que nos ha hecho más libres y más humanos. Lo demás, como decía Shakespeare, es silencio.


jueves, julio 03, 2008

Ensaladas de verán

A volta ao blog e a cociña estouna facendo pouco a pouco e polo de agora o máis elaborado que fixen foi unha simple ensalada pero con certo encanto.


Moi simple: uns bos centros de cogollo, tomates secos e tomates frescos verdes, unhas anchoas, salmón afumado e un aliño feito con : bo aceite virxe, bo vinagre, eneldo e mostaza de estragón.

Nas ensaladas todo vale amigos, así que botádelle imaxinación e xogade cos prebes



Outra vez La Boquería


O sábado pola mañán aproveitamos para facer algunha compriña e xa logo fumos a cara a La Boquería , nesta nova visita o mercado soprendeume aínda máis e desta incluso fixen algunha compra que deixara da outra volta: ceps no posto dun galego de Lobios, butifarras, tomates secos, cava, etc productos todos que dará algo de xogo próximamente en Paparevivir.

Ademais de cousas chamativas como esa inmensa cabeza de atún que vedes na foto, dicir que probei uns albaricoques xigantes dun sabor impresionate. Eran tan grandes que preguntámoslle a señora que froita era aquela tan rara e non acreditabamos canndo nos dixo do que se trataba. Mágoa pero non teño foto.
Tamén visitamos de novo o Pinotxo e a Juanito, pero ao ser máis a cousa mellorou pois puidemos saborear máis cousas: unhas gambas fresquísimas, os famosos garbanzos, chipiróns con fabas, uns magníficos callos, butifarra...regado cun pouco cava fresco que ben compría para a calor que facía.

Roquiño


Foi a despedida na fin de semana dun grande rapaz , o amigo Roco, a quen despedimos en terras catalanas polo que outra vez en pouco espazo de tempo tiven que voltar a Barcelona.

A depedida estivo moi ben , a pesares dalgúns listillos, e penso que o amigo Roco algo contento quedou.

Evidentemente nunha despedida aproveitase obviamente para Paparevivir e dou fe de que o fixemos bastante ben.

O concerto de Radiohead

Con certo retraso pero non sin tempo pola importancia do concerto (alomenos para min).
Dicir que foi todo un espéctaculo , cun algún erro por parte dos organizadores do Festival, pero o concerto en sí foi impresionante. Os británicos fixeron un repaso principalmente aos seus últimos albumes , tocando todos os temas de In Rainbows, sen esquecer algún tema de The Bends, pero deixando un pouco de lado clásicos como Creep ou High and Dry, pero reforzando na interpretación de todas as cancións o estilo OK Computer, un album que será recordado como o comezo da música pop- rock do S XXI pero feito no XX.
Tamén destacar o espectáculo de luces e imaxes que acompañaba ao grupo cunha dirección artística que dende logo parecía moi traballada e lograda como veredes no video.
Aquí vos poño un video meu feito con mobil pero no que se escoita ben a música e se pode ver o espectáculo de luces. O seguinte video e a interpretación polo ENEMC (Ensemble Nacional Español de Música Contemporánea) versioneando "No Surprises" dentro do espectáculo "Off Computer" que precedeu no Auditorio do Forum aos de Tom Yorke. Memorable

Os videos non son de calidade pero documentan