jueves, junio 26, 2008

Casa rural Areal en Viveiro





Fágome eco dunha recomendación feita por Carlos e Marta, trátase dunha gran casa rural no Concello de Viveiro, eu non a coñezo e non vou a opinar , pero polo que se ve na súa web www.arealrural.com ten que ser un lugar único. Aquí vos deixo a pequena reseña de Carlos:


Marta e eu estivemos alí fai dúas fins de semana e só podo dicir que foi todo excelente: a paisaxe (aínda a pesares dos ocalitos), as praias, a gastronomía (esa merluza do pincho!) e por suposto a casa en sí, non é dende logo unha casa só para dormir; a súa coidada rehabilitación, os seus rioncóns con encanto,as súas magníficas habitacións, a pisicina fundíndose co horizonte,o precioso e verde val no que se atopa (co mar a cinco minutos)e o seu excelente almorzo (o almorzo é de dez,pola súa abundancia e calidade), invitan a desfrutala e vivila.

Unha maravilla á altura de calquera bo hotel de cinco estrelas a un prezo razoable nun entorno privilexiado.


J.Carlos Calvo Ulloa.


* A dirección dasúa páxina xeb é: http:/www.arealrural.com (tamén sae en toprural.com y turgalicia)

Pinotxo Bar en La Boquería


Juanito na súa barra

Esta barra é un dos lugares clásicos de La Boqueria , dirixido polo coñecidísmo Juanito que dispensa un trato agradable e familiar a todos os seus clientes despois de moitos anos de duro traballo.


Trátase dunha pequena esquina nos postos do mercado, conta principalmente coa barra e un par de mesiñas, pero sempre está cheo de xente que espera un oco para colarse e desfrutar duns pratos e tapas de inconfundible sabor catalán feitos con productos do propio mercado de primeira calidade.


Son famosos os chipìróns, os garbanzos, a capipota, os estofados, as butifarras e un longo listado de pequenos pratos que varían tamén en función do que hai no mercado, todos eles co recoñecible poso da tradición.


Penso que este é un lugar altamente recomendable por si estades paseando pola Boquería ou mesmo paseando pola Raval ou el Gotic e queredes repoñer forzas. Non pensedes que é un lugar de guiris, pois aínda que habelos hainos predominan os cataláns e a clientela fiel (Juanito os trata polo nome) na que mesmo se atopa o afamado Ferrán Adriá.

La Boquería ou o miragre da variedade



Entrar en La Boquería por primeira vez para alguén a quen lle gusta a cociña e unha impresión difícil de esquecer. Confeso que a primeira media hora de paseo no mercado (xa que din varias voltas) paseima cos ollos abertos como un moucho abraiado pola variedade, a calidade e polo descubrimento de productos que descoñecía.

Neses primeiros momentos un síntese coma un neno pequeno que vai descubrindo moitas cousas de súpeto. Quedei impresionado pola gran variedade de cogumelos existente pese a non ser a tempada de outono, os postos de verduras con variedades de grandísma calidade, con tomates alucinantes , froitas descoñecidas, verduras fermosas...continuei interesandome polos postos de carne de aves , tan desparoveitadas na nosa terra, e disfrutei vendo os famosos Polos de Bresse, os patos de payés... con postos de ovos de diferentes variedades , algunhas tan estranas como os ovos de emú que máis ben parecían aguacates... tamén vin caracois diferentes clases e nos postos de peixe exemplares únicos (atúns xigantes) e moluscos descoñecidos por estes lares xunto con algúns dos mellores mariscos das nosas costas que tamén van dar alí...

Foi un paseo sen compras porque non tiña nin espazo nin tempo , pero na próxima non vou perdoar e virei con tomates secos (aquí non se atopan bos), colmenillas, algunhas butifarras, etc

O Mosteiro de Oia







Alá polo vintetantos de Maio achegámonos María Marta, Carlos e máis eu ata a zona de Oia, atravesando unha das estradas costeiras máis fermosas de Galicia, a que leva de Baiona ata A Garda.


Casi a metade de camiño está unha desas xoias medio esquecidas do nosos Patrimonio Histórico- Artístico , o Mosteiro de Santa María de Oia. Unha rareza de mosteiro pois atópase na mesma beira do mar formando un conxunto de formidable beleza e indubidable valor.



Este mosteiro do Císter do S XII tivo grande esplendor pola súa situación pois os seus monxes criaron cabalos nos montes próximos (como se segue a facer hoxendía), facían cubas de madeira para viño e cultivaban a uva nos ricos vales da volta das montañas marítimas (Val Miñor e Rosal). Pero principalmente este monxes de Oia foron famosos pola defensa da costa e das incursións invasoras e saqueadoras e serviron de porto de acougo cando as naves que saían de Baiona eran atacadas por piratas e o mosteiro dispoña de estrutura defensiva e cáñóns. Foron famosos porque en 1624 os turcos quixeron tomar o mosteiro pero o defenderonno con éxito e por tal fazaña Felipe IV decidíu aumentar os seus privilexios.


Oia pasou a mans privadas tras a Desamortización e a día de hoxe pertence a unha promotora que tenta rehabilitalo tras experiencias fallidas de La Toja S.A. e da propia Caixa Galicia que non foi quen de invertir para rehabilitalo.


Ese día tivemos a sorte de poder entrar na Igrexa e contemplar o fermoso retablo e un interior sinxelo pero emocionante. Logo aproveitamos para dar unha volta polo núcleo que éstase intentando rehabilitar con éxito en moitas das casas e rúas.


Cando se rehabilite o Mosteiro como hotel e a rehabilitación do núcleo estea lista veremos como Oia será un referente do Turismo en Galicia, esperemos que reine o respecto polo noso Patrimonio.

90 anos

Neste tempo de descanso do blog o día máis salientable foi a celebración do 90 aniversario do meu avó Licho.
Ata Carmoega nos achegamos ata 50 familiares (faltou algún por estar moi lonxe) e festexamos por todo o alto un día moi importante para toda a familia. Non vou falar hoxe de menús nin de papatorias so quero desexar que o ano que ven celebremos do mesmo xeito os 91.
Aquí vos poño, principalmente para familia e achegados, un video montado polo meu primo Alberto coa música en vivo e en directo de Luis Emilio Batallán que cantou algunhas pezas para o seu tío e todos os alí presentes.
Foi un día magnífico.

miércoles, junio 11, 2008

Paparevivir retornará en breve...

Como falaba no post anterior últimamente non tuven moito tempo libre polo que non puiden dedicalo ao blog e por outro lado faciame falta algo de descanso.
Mañán marcho para Barcelona a desfrutar do Daydream festival , principalmente de RADIOHEAD, este festival ten ao grupo británico como centro do cartel e os outros grupos foron seleccionados por ter influencias na súa música destes, mesmo hai unha interpretación sinfónica a cargo do Ensemble Nacional de España.

A volta prometo empezar a poñerme ao día pois terei moito que contar.

Deixovos con Radiohead e a miña canción favorita "Let Down" do considerado o album máis influinte dos derradeiros 30 anos:OK Computer. Puro toque celestial, cun minuto final apoteósico. Espero que a toquen en BCN



A letra en castelán :

Let Down

Transportes. carreteras y tranvias
andando y
entonces parando
despegue y aterrizaje
la más vacia sensación
gente desilusionada
aferrada a botellas
y cuando llega es
tan tan decepcionante

decepcionado y abandonado
aplastado como un bicho en el suelo

caparazones destrozados.
jugos fluyendo
alas arrancadas,
las piernas se pierden
no te pongas sentimental
siempre te hace parecer tonto
un dia
me van a crecer alas
una reacción química
histérica e inútil
histérica y
decepcionado y abandonado

sabes donde estas con
pisos derrumbados flotando
saltando para atrás
y un día
sabrás donde estás