miércoles, abril 30, 2008

Lugares donde has estado

Na web Wolpy podemos sinalar con Google Maps sitios do mundo nos que estivemos algunha vez ou viaxamos ata eles. Un dase conta do insignificantes que somos e do moito que hai por ver cando empezas a sinalar lugares e queda moitísmo planeta por sinalar.
Un exercicio entretido para os que nos gusta a xeografía.
Este é o meu Wolpy actual.Faltan sitios, pero básicamente saliría así

Lasaña de algas con vexetais e berberechos en salsa de pementos




Continuamos probando as cousas que me enviaron os de Portomuiños, neste caso trátase dunhas láminas de lasaña que veñen sen etiquetar pois creo que están ainda a proba. Dicir que son bastante sabrosas e teñen unha textura de pasta pero un pouquiño máis consistente.

Pois decidín acompañalas cuns berberechos , xudias e espárragos trigueiros. Para darlle un pouquiño máis de consistencia acompañeinos dunha salsa pensada no momento pero que foi un gran descubrimento que terei que aproveitar máis veces . Leva pementos pero xa máis adiante cando faga a receita poñereino máis detallado.

Ten boa pinta verdade?

Las Charades


Xa tiña ganas de botar un video actual deste grupo madrileño pero composto por xente de moitos lugares: Ponferrada, Madrid, BCN. Realmente no YouTube non atopaba ningún video deste último disco, pero recentemente puxeron este na súa páxina do MySpace . Son 3 mozas e un mozo, polo que xa hai tempo que teñen superado o da igualdade. Xa tiña o disco anterior por regalo de María tras un concerto, xa que Coky nos teclados é moi amiga.
Fan un indie pop fresco con moitos sons acústicos e unha voz cálida que lle da un toque moi elegante e alegre. Agora cantan en castelán con letras sinxelas ,de historias cotiáns e pegadizas.
Estará de xira por Galicia no vindeiro mes de Xuño, o 20 en Vigo en La Fábrica de Chocolate e polo San Luis tocarán no Ferrol na Sala Rum Rum , acompañados nos dous casos por The Homens
Xa hai tempo que os levo no coche e ata canto.

En Ningún Lugar

martes, abril 29, 2008

Restaurante Encarnado



Tras a voda e para repoñer forzas , o nosos anitrións Manuel e Mónica levaronnos comer ao Restaurante Encarnado , que está na Praza Elíptica de Los Rosales en A Coruña. Non coñecía e para min foi unha sorpresa moi agradable:

En primeiro lugar porque nada máis chegar impresiona o local, moi ben decorado, con moito gusto e sobre todo , moi acolledor pois da a sensación de estar no salón e casa ,cunhas mesas e butacas anchas , con espazo suficiente e unha segunda planta chea de reservados . Ademais o servizo foi verdadeiramente atento.

Por outra banda a oferta da carta é moi variada ,con suxerencias moi sorprendentes. Par os primeiros pódese elexir entre fríos e quentes ,para continuar teñen unha variedade de carnes sorprendente , dende a famosa Kobe (non de Xapón) pasando por exotismos como a Gacela do Tibet , ou cousas tan próximas como Galo de curral .

Non sei se foi sorte pero todo o que comemos estaba bo, empezando polo xamón ibérico con tomate (mérito do producto), unhas brochetas de cigalas con ovas de troita e salsa de limón moi sabrosas, o meu galo de curral que estaba ben guisado e de ración moi xenerosa. Probei tamén as carrilleras de ibérico con boletus que pideu María e tamén estaban moi boas, xugosas e realzadas polo aroma dos hongos, e non escoitei queixa do Steak Tartar de Mónica nin da bestial Hamburgesa de Manuel.

Debido ao cansancio e a resaca non nos dou polos postres, salvo algún xeado, pero vin pasar un Souffle cara a outra mesa cunha pinta de morte.

Por certo, a bodega é impresionante, e a cantidade de referencias, tanto nacionais como extranxeiras chama a atención, nos decidímonos por un viño da DO Costers del Segre, de savor agradable e suave que merecerá comentario aparte.

O prezo, para o lugar e o papado non foi esaxerado , aproximadamente 35 € por cabeza.

Motos



Tras darme uns paseos na fantástica e manexable Triumph Boneville que ten Manuel (ademais da súa diabólica Harley customizada), vendo nus escaparate a Harley que vai mercar Rafa, a un entralle o "gusanillo" de botarse a mercar unha para ir de paseo cos amigos.

Realmente o montar na Triumph é unha sensación de comodidade moi grande tanto na posición como no manexo , cun motor que responde , pero que non é agresivo, pois as motos son para andar con moito coidado (ver cifras DGT). Eu que non teño moita idea de motos quedei marabillado.

Andaba a mirar con María o de comprar unha Vespa pero xa vin unha BMW R 80 do 81 por Internet que para iniciarse ben pode valer...

Voda de Sandra e Fran






O pasado sábado fumos a voda de Sandra e Fran, con cerimonia civil en Culleredo e banquete no Pazo de Orto, un lugar fermoso cun xardín espectacular a beira do encoro de Cecebre, un bonito marco para a boa festa que houbo despois.
Para min que ,nesta ocasión tocábame facer un pouco de invitado consorte , foi unha voda moi divertida e sentinme moi a gusto entre xente coa que de entrada non tes moita confianza. Xa dende os pinchos con Javi, Gabriel, Yoli, Seve...a cousa prometía, despois na mesa con María , Laura, Tuto (saúdos para Extremadura) e o gran mago Teto (mágoa por Dani) continuou todo moi ben para rematar nun animado baile xa todos revoltos: Lore, César, Xemelos, Poli, Inka, Marta... e nunha viaxe de volta en bus "bestial", que "mareou" a máis dun polo que algúns tivemos que voltar para casa mentras outros seguiron coa festa (creo que novios incluídos).

Non sei se moitos dos que asistiron verán este blog pero algún xa me comentou que o ollaba de cando en vez ,polo que botarei algunhas fotos, que mesmo as poden ver Fran e Sandra dende esa viaxe que os levará por Tanzania e Zanzíbar.
De verdade que foi un pracer.

Xa vai a primeira das 6 vodas deste ano, o próximo sábado máis dende Bilbao


viernes, abril 25, 2008

Unha señora Leituga


Coa chegada da primavera xa empezamos a ver algúns dos mellores productos da nosa horta. Xa temos leitugas do país, leitugas de hortas da terra que nada teñen que ver con esas dos invernadoiros que durante todo o ano enchen os supermercados.

Neste caso trátase dunha señora leituga e aseguro de que daba unha ensalada magnífica. Esta, con outras dúas , doumas María e fóronlle regaladas por unha clienta que as cultiva na casa e que para non botarlle ningún tipo de pesticidas seica as "sulfata" con auga de ortigas. Leituga ecolóxica sen pretensión de selo

Pois saironlle moi fermosas e máis ricas.

As leitugas do país xa están nas mellores froiterías , en Lalín dende sempre a que ten os mellores productos da terra é a Maragota.

jueves, abril 24, 2008

Os curas decidiran a túa sedación

O "no va más" da desvergoña, un auténtico atentado contra a independecia dos profesionais sanitarios, na Comunidad de Madrid, a que manda, Esperanza, ten que devolver dalgunha maneira os favores e os cables que lle ven botando a Igrexa. Non se lle ocorreu mellor modo que darlle aos curas voto para decidir sobre o tratamento aos enfermos terminais nos hospitais publicos.
Realmente eu pensaba que non se podía ir máis lonxe da infamia de Leganés, pero estes "cavernarios" seguen a sorprender. Un cura vai decidir se os pacientes precisan sedacións ou analsexia, e xa se sabe a eles gústalles o de "MORRER CON DOR" pero a dor de outros non a propia.
Eu , que teño estado con moitos destes pacientes en agonía, ardo en desexos de estar na de Esperanza Aguirre ou na de Rouco, préstome voluntario gratuito. Cando entre estertores , xa sen poder falar, os seus ollos cansados pidan atemorizados a axuda que todo o mundo precisa lembrareilles a todos aqueles que morreron con sofrimento pola súa ruindade . Logo collerei a Morfina e o Midazolam pautados e co respeito que merece calquera vida procederei a sedalos para que nunca máis volvan a sofrir.
Asqueado xa de curas e bispos e dos seu monicreques, súmome á campaña da Sexta de marcar a casilla dos fins sociais.
Eu , dende que pago, sempre o fixen.

miércoles, abril 23, 2008

23 de Abril: San Xurxo, San Jorge e Sant Jordi

Felicidades a todos. Sede cataláns por un día como o amigo Ho-Chi que cumpreu 36 hai 3 días.





Foto sacada de Capítulo 0 de Manuel Gago

Seica chove...

...e os ríos crecen. Pode estar cambiando o clima pero non a sabedoría da nosa terra, ela sabe compensarse e trae agora o que nos debía.
Sempre pensarei que esta terra é mellor e máis bela que outras...pero temos que coidala.

Velaí vai o Deza crecido pasando por Vilatuxe.

A Revoluçao dos cravos

Unha das cousas que máis admiro da historia recente dos nosos veciños foi a forma que tiveron de desfacerse da dictadura , con elegancia , alegría e concordia.
O 25 de Abril fara 34 anos diso e compre lembralo: nunha noite de primavera as 0:25h na Radio Renascença comezaba a soar "Grandola ,Vila Morena" . A canción do gran Zeca Afonso era o sinal para o comezo desta revolución pacífica.
Aquí tedes un emotivo video con destacadas figuras portuguesas como o Saramago ou o mesmo sobriño de Zeca, Joao Afonso, cantando en coro a emotiva canción.

...Terra da fraternidade
O povo e quen mais ordena...
...em cada esquina um amigo
en cada rosto igualdade...

Os mellores do mundo

Unha lista dos 50 mellores restaurantes do mundo, a de S. Pellegrino na revista Restaurant, volve a destacar a El Bulli como o mellor do mundo. Dende logo hai unanimidade en que este é o mellor e que o Fat Duck de Heston Blumenthal no Reino Unido é o segundo, pero nesto das listas coma en todo hai as súas trampiñas.

Chama moito a atención ver neses 50 a so un restaurante do continente asiático (o Bukhara da India considerado o mellor de Asia) , resístome a crer que en Xapón non hai restaurantes de altísimo nivel. A lista é excesivamente europea e norteamericana cun so representante sudáfricano no posto 50 , un brasileiro no 40 e un australiano no 5 , o famoso Tetsuya , que resulta o mellor xaponés do mundo sen estar en Xapón

Os restaurantes españois consiguen boas notas con 4 nos 11 primeiros contando cunha subida forte de Mugaritz, pero aínda así hai un predominio francés (con Pierre Gagnaire na 3 praza, recomendo a súa web coas receitas detalladas) e inglés , e dende logo non podo crer que a gastronomía do Reino Unido poida ter máis representantes que a española onde quedan fora restaurantes como o Sant Pau de Carme Ruscalleda , algo inconcebible, ou que Martin Berasategui estea no posto 27 (¡37 na anterior!). O que si queda claro é que os anacos de terra no mundo onde mellores se poden atopar son dous: Euskadi (máis concretamente Guipuzkoa) e Cataluña.

Ben de seguro que haberá máis listas pero El Bulli ten ese gran mérito de conseguir sempre a unanimidade mundial.

Vos deixo uns magníficos videos co título de "Un día en Mugaritz" onde se fai un percorrido polo universo do gran Andoni Luis Aduriz.

Parte 1ª


Parte 2ª

lunes, abril 21, 2008

Restaurante Bicoca en Santiago

Na Zona Vella de Santiago, na rúa Entremuros, está este pequeno local que conta con poucas mesas pero que é unha aposta modesta por unha coidada cociña. Digo o de modesta polo tamaño do local e non pola súa calidade.
Son varios os establecementos dunha dimensión reducida nos que hoxe se pode facer degustar unha boa comida sen moitas pretensións en Santiago.
Neste caso do Bicoca faise unha aposta por unha cociña de mercado sin moitos riscos pero con un punto de innovación. Na miña primeira incursión puiden probar o rissotto de setas (sabroso, algo de nata en exceso para o meu gusto), o foie caramelizado (estaba moi rico e no punto de dulzor), unhas manitas de porco prensadas (nada do outo mundo pero resultonas). De segundo probei as manitas de porco guisadas con castañas e langostinos e teño que dicir que estaban moi logradas con ese punto de coláxeno desa parte do porco e cunha caramelización que realzaba o sabor, pero para min sobrábanlle os langostinos pois non lle aportan nada ao prato.
A atención foi correcta para un local con poucos recursos, lamentar a escasa carta de viños (ou polo menos algo de orixinalidade na mesma) e unha carta baldía de peixe, pois como tal so está o bacalao na carta.
Por último sinalar que os postres estaban moi logrados, como o Língote de chocolate con ouro, un biscoito de chocolate bañado con po de ouro (algo moi de moda hoxe,non esperedes ouro puro) e que deixa un suave sabor metálico na comida.
Mágoa non ter fotos pero non ando sempre coa cámara enriba.
O prezo ben axustado ao ofertado. Con postre , viño e copa arredor de 32 €

Fotos HDR


IMAXE FONTE 1

IMAXE FONTE 2


IMAXE HDR

Hai uns días comentoume o amigo e taberneiro Desi a existencia deste tipo de técnica fotográfica dixital. Fun lendo algo sobre o tema , baixeime o software e como xa tiña todo o demais (trípode e camara) boteime a facer traballo de campo.


Onte domingo en Lalín non deixou de chover en todo o día pero aínda así achegueime ata a Vilatuxe para tirar unhas poucas fotos para empezar coa nova técnica. Como todos os primeiros pasos en calquera cousa as primeiras tentativas son imperfectas pero xa anuncian as posibilidades desta técnica.


A técnica da HDR (High Dinamic Range) basase en facer un bracketing de 2 ou 3 fotos (varias fotos do mesmo encuadre en) con diferentes exposicións de luz (variando a compensación EV ou a apertura do diafragma) , despois pasanse a compoñer esas fotos cun programa informático (eu usei o Photomatix) e o resultado son fotografias que recollen unha exposición casi perfecta de todo o que sae na imaxe e unha maior nitidez.


Aínda estou en pañais pero os resultados son prometedores. Aquí tedes un enlace a un bo tutorial en castelán.

Seguirei facendo probas

Parón




Houbo na pasada semana unha parada no blog debido a motivos profesionais , posto que entre gardas e o intensivo curso de Instructor en Soporte Vital SEMES-AHA, ao que fun gracias á miña empresa ,o 061, non tiven tempo para nada.
Incluso por iso perdín de ir á despedida do gran amigo Alfonso Calleja por terras baleares, pero o curso e a titulación penso que eran o suficientemente importantes para facer ese sacrificio.
Por outra banda quero dar as gracias a Toño Iglesias , médico compañeiro do 061 e dende logo ao meu compañeiro e socio Tato Vázquez a quen lles debo dalgunha maneira o ter acudido a este curso. Non sei se verán nunca o agradecimento pero aí queda.


Dende xa voltamos á normalidade.

martes, abril 15, 2008

Video: arroz meloso de kombu, panceta e langostinos

Velaí vai o video desta receita. É bastante sinxela , pero ollo con un par de cousas: hai que botar máis auga do normal para un arroz , eu botei ata 5 partes de caldo por 1 de arroz, pois a alga bótase deshidratada polo que chupa moito líquido. Tamén coidado co sal, pois as algas e a panceta teñen abondo.
Eu usei arroz arborio que é o propio dos rissottos, pódense utilizar outos arroces pero non quedará tan meloso. Se utilizades outro tipo de arroz non precisaredes tanto líquido.
Un saúdo e a papar

Choquitos en salsa de kombu


Seguindo coa experimentación nas algas, decidin combinalas con algún animaliño dos que comparten habitat, neste caso uns choquitos. Como se pode imaxinar o sabor a mar foi intenso neste prato, pero sen deixar de ser lixeiro, pois xaz dixen que o Kombu é unh alga suaveciña.

Este é un prato moi sinxelo para facer, pois os chocos fanse a prancha e as algas cocidas, en realidade non se tarda máis de 10 min. para conseguir un resultado sorprendente.

Nos vindeiros días o video final da receita.

lunes, abril 14, 2008

14 de Abril


viernes, abril 11, 2008

Lajarto



Vin o pasado domingo este lagarto arnado na compaña da Lagarta na beira do Ulla, quedou mirando para nos, primeiro escondido e subido a unha pedra, logo dun xeito máis descarado . Terá algún significado todo esto? sera parte dalgún enigma? ou sería un flechazo do pequeno reptil pola nosa gran Lagarta?.

Non o sei pero o marido da Lagarta levaba nos ollos algo así como "Líbraste porque eres especie protexida".

Lagarto, lagarto como dicía a miña avoa

O Muño das Canizas, ao pé do Ulla


Na semana pasada fun comer con varios amigos ata o Muiño das Canizas, no Concello de Santiso, entre A Golada e Melide. Trátase dun gran muiño restaurado para converterse en restaurante.

Situado na beira do Ulla, nun lugar onde ese río baixa bravo a poucos Qm de entrar no encoro de Portodemouros, neste muiño podemos atopar unha cociña bastante digna , nun comedor moi agradable con vistas ao río. A oferta culinaria está a cabalo entre a inovación e a tradición con algún toque canario, pois seica o cociñeiro viveu nesas illas. Comemos unhas boliñas de morcilla, un micuit con froitas , eu tomei xabarín guisado (bastante ben ), outros solombiño de cervo... todo sen ser magnífico , sí estaba bastante correcto e aun prezo que sen estar contido non é excesivamente alto.

Penso que este é un bo lugar para visitar nesas trades de primavera ou verán soleadas , nas que non sabes que facer e buscas un lugar fresquiño nunha paisaxe única no curso alto do Ulla. A súa terraza é oi recomendable, soleada e co son de fondo do traballo da auga no muiño

Umberto Eco e Italia


Sabedes que Italia está en eleccións, neste domingo terán que elexir ao seu presidente da República, os candidatos principales son dous Berlusconi (para min un Jesús Gil ben peiteado) e o menos coñecido Walter Beltroni , candidato da esquerda maioritaria. Se seguistes mínimamente nos últimos anos a deriva da política italiana, vos dariades conta de que ese sistema está nunha permanente crise e os gobernantes van cambiando case cada ano pero en realidade as caras son sempre as mesmas. Hoxe en día Italia mira máis que nunca a España, porque por primeira vez nos viron pasarlles por diante (eles van moi ao xeito), admiran o noso estilo de vida e as liberdades sen tanta presión eclesiástica, porque alí falan de 800euristas non de 1000euristas e se a nosa cuestión territorial danos problemas, a eles , un país que se formou con Cidades-Estado, xa non vos digo.

Poño esta entrevista de Umberto Eco por recomendación de María, vale para admirar un pouquiño máis ao grandísímo literato e semiólogo italiano e comprender máis a fondo aos descendentes dos que un día nos romanizaron.

O titular da entrevista é "El que se sienta totalmente feliz es un cretino", que xa é toda unha declaración de intencións. Incluso nombra a Galicia nalgunha ocasión...

Comerbebervivir


Polo nome poderían parecer imitadores, pero non o son. Chegoume onte un mail dos autores do blog comerbebervivir.blogspot.com , para felicitar por este blog e para promocionar un pouquiño o seu.

O blog que se subtitula , non sen certa coña,Asociación de afectados de furanchitis crònica (Delegación de Pontevedra) , é un blog de amigos que pasan o seu tempo libre de visita en visita aos famosos furanchos das Rías Baixas. Para o que non saiba o que é un "furancho" , dicirlle que este e un establecimento caseiro, realmente tampouco é un bar, que serve viño caseiro e algunhas tapas, que agora por normativa non deben ser cociñadas.

Os furanchos na zona do Salnés teñen a súa versión chamada "Loureiros" e recoñecense por ter ramas de loureiro na porta e serven habitualmente Albariño na casa. Eu coñezo xa uns poucos , porque nos días malos de verán é unha das boas opcións se falta a praia. Os meus amigos Chones e Checho son auténticos expertos na materia. Poderedes atopar neste blog locales que non son de fama pero que fan comida tradicional , e que nos poden servir de axuda cando esteamos nalgunha vila das que descoñezamos onde comer.

Pero non so de furanchos vive ese blog , pois alí veredes visitas a restaurantes espectaculares como o Eleven de Lisboa (polo que din o mellor de Portugal hoxe en día), a lugares con recoñecida sona como Casa Emilio de Catoira e as súas lampreas ou ao clásico Marinheiro de Povoa do Varzim que é un dos restaurantes favoritos do meu avó dende hai máis de 20 anos

jueves, abril 10, 2008

Aceites


O aceite de oliva é unha das bases da nosa cultura culinaria, e penso, baixo o meu criterio ,que é unha das razóns pola que a nosa gastronomía está nun nivel superior .

Antigamente nas nosas casas o normal era contar cun so tipo de aceite, habitualmente de oliva pero sin ser virxe extra. Estes aceites estaban na casa nunha lata de 5l , que era como se mercaba mayoritariamente antes, e non había moitas marcas no mercado, na miña casa lembro principalmente La Giralda e Carbonell. De vez en cando , tras algunha viaxe dalgún familiar a Andalucía aparecía algunha garrafa, como as vellas do viño, cun deses aceites naturais,virxes e fortes traído das terras de Xaen ou Córdoba.

Como con todo fumos evolucionando e pasamos dende logo a mercar cantidades máis pequenas, pero xa nos fumos afacendo a ter máis dun aceite na casa, e xa nos 90 era habitual ver que nas casas había un aceite de oliva normal para a cociña e un virxe extra reservado para grandes pratos, ensaladas ou para botarlle ao pulpo cando non nos chegaba o da pulpeira

Na úlima década produceuse unha revolución no mundo doméstico en canto aos aceites, ter dúas clases de oliva entraba xa no normal. Agora xa buscamos aceites de reserva, comprámolos según as variedades (Hojiblanca, Picual, Arbequina,etc) , nos fixamos nas denominacións (Baeza, Córdoba , Tarragona, etc) e incluso se mercan polo diseño do envase (con prezos estratosféricos).

Eu hoxe na casa teño por exemplo, un aceite extra de oliva para fritir, un virxe extra para a cociña habitual, un virxe extra reserva cheo de forza e sabor, un de oliva aromatizado por min con herbas e curry que leva coa mesma madre na botella 3 anos .

Pero non remata aí a cousa pois voume facendo de cando en vez con algúns aceites aromáticos de uso xa menos habitual , aínda que estes óleos non son oliva, xa que os fortes aromas da azeituna non deixan lugar a expresión delicada de outros, polo que si decidides aromatizar un aceite (ex: allo, perexil, pementa, etc) vos aconsello usar aceites moi neutros como os de semillas principalmente millo e girasol. E así teño un con sabor a trufas e outro con esencia de boletus (magnífico) que utilizo de a pouco pero con resultados espectaculares. Por se fora pouco tamén teño un de noz, un aceite cun sabor delicioso, de moi bo resultado para as ensaladas e moi saudable para o noso corazón.

Anímovos a experimentar cos aceites , a usar diferentes tipos nas ensaladas, incluso a mesturalos na mesma, podedes atopar combinacións de sabores novos. Facede mahonesas de diferentes tipos de aceite, vinagretas con aceites e outros ingredientes (hai pouco fixen unha composición con oliva, vinagre de Xerez, pimentón de La Vera e Mostaza Diáfana que resultou potente e moi orixinal).

Por certo , moito do aplicado aos aceites pódese dicir dos vinagres, así que algún día tocaralle a estes

Arzak segun Rafik

Recibín xa hai algúns días esta colaboración do blogger de A Teima, non puiden colgala ata agora por problemas de tempo. Trátase do relato da magnífica experiencia que Berta e máis el tiveron no fantástico restaurante do veterano pero innovador chef e xenio donostiarra. Aí vai con todo luxo de detalles e imaxes incluído un video. Agradécense moito estas colaboracións.

Comer en Arzak unha vez na vida é un pracer para os 5 sentidos. A vista recrease na cuidadosísima presentación de cada plato, o oído está neste caso para mandarlle información ao cerebro e procesar o que che están presentando sobre todo para laguen tan pouco apegado aos fogóns como son eu, o olfato evidentemente polo aroma que desprenden e que convida á inmediata degustación, o gusto por como cada parte das obras de arte que levas á boca faiche sentir diferentes sabores que coas súas combinacións transmítenche un auténtico festival de sabores, e o tacto polo delicado dalgunhas composicións gastronómicas nas que as mans son fundamentais para a súa degustación.

Arzak pode parecer un típico restaurante normal se o ves dende fora, mais unha vez que chegas á recepción tranfórmase nun elegante comedor de diseño moderno cunha decoración a modo de cucharóns incrustrados nas paredes que xa suxiren que é un lugar de alta cociña. O servicio dende o primeiro momento é inmellorable, bilingüe polo que puiden apreciar pois varios camareros falaban con japoneses en inglés. O propio Juanmari Arzar pasa polas mesas para ver que o cliente queda satisfeito coa calidade e o servicio.

O ofrecimento se é a primeira vez que vas é que pida o menú degustación. Eu modestamente tamén o recomendo agora, 18 platos incluídos postres que un tras un cito.

Mango recheo de queixo acompañado de caldito de alubia branca con mazá

Arroz que cruxe con hongos

Raíz de loto con Mouse de arraitxiki

Rabaniño con peixe marinado

Mazás con aceite de foie

Cigala sobre liquen

Po de aceite de oliva blanco e bogavante

Do ovo á galiña

Lubina e alubias multicolores

Rape con bronce

Terneira mechada con leite de trufas

Corzo con biscoito de algas

Caldo frío e pedra pómez

Chocolate con esmeraldas e minerales

Piña asada pomposa


E dulce lunar


Todo elo regado cun viño excelente un Evento 2002 da Rioxa.

O precio absolutamente prohibitivo para ser un lugar habitual de comilona, mais unha vez na vida está ben. Disculpade que non poña o precio porque non me parece ético. Non son precisamente de facerlle fotografías ao que vou a xantar mais unha vez é unha vez…

Un saudo aos lectores do moi bo blog gastronómico “paparevivir”.


http://www.arzak.info/

Avenida Alcalde Elosegui 273-20015. Donostia





martes, abril 08, 2008

Madredeus , Dulce Pontes ou Joao Afonso

Hai poucos días deixou un comentario Sandra preguntando por unha canción de música portuguesa, non especificaba nada , nin xénero, nin título... Sí que é certo que deste lado do Minho coñecemos máis música portuguesa que no resto do Estado, pero por exemplo o pop segue dos nosos veciños segue a ser un perfecto descoñecido (lembro GNR e pouco máis, apunta algo Sito).
Pero cando se fala de música portuguesa con raíz saenme varios nomes que en moitos casos son para min artistas de primeirísma fila. Falo dos grandísimos e desfeitos Madredeus coa potente, evocadora e "saudosa" voz Teresa Salgueiro, a foza de Dulce Pontes, a sabedoría de Rodrigo Leao, o ritmo e as melodías de Joao Afonso, sobriño do inesquecible Zeca e outros tantos que xiran arredor da música dun país a camiño entre varios mundos con influencias brasileiras, africanas, orientais...
Poño 2 videos de Madredeus, o primeiro pola magnífica canción e a suavidade de Teresa Salgueiro e o 2º porque é unha deliciosa e belísima rareza chea de maxia filmada nunha paisaxe única dos Açores

Oxala



Silencio



Outro día seguirei con algúns dos outros, e dentro de moi poucos días con Zeca que estamos en Abril

La Bodega, Noah Gordon. Un libro sobre o esforzo de facer viño


Non é que trate de convertirme en crítico de literatura, pero este libro ten unha temática que concorda co que de xeito habitual se trata no blog.

Rematei de ler hai uns días esta novela , chamado principalmente pola temática, polo anterior libro do autor "El Médico" e tamén porque o escritor americano considera a súa propia obra como unha homenaxe persoal a España.

Dende logo este non é unha novela cunha historia tan completa coma o médico, é dende logo máis plana pero tamén se le fácilmente se o nivel de esixencia non é moi elevado.Verdadeiramente comeza con forza, situando ao personaxe na rexión vitícola francesa do Languedoc tras unha fuxida da súa Cataluña natal. O protagonista , Josep Álvarez, ex-carlista enganado , escapa da Península por estar relacionado co asesinato do Xeneral Prim, un dos sucesos máis enigmáticos dos últimos séculos de España, precisamente nestes puntos están parte dos poucos momentos álxidos do libro.

É interesante como se trata o tema do viño e a influencia francesa no xeito de innovar nos viños da península e na recuperación das uvas autóctonas como unha forma de facer calidade (algo que pasa hoxe en día). O libro serve como unha especie de documental novelado de como facer viño.

Penso que o libro é un máis de tantos best-seller con certo interese engadido por estar ambientado pertiño e incluso con algunha referencia a Galicia, terra dos ancestros do protagonista que emigraron cara a Cataluña.

Por certo en gran medida é certamente previsible.


lunes, abril 07, 2008

A boa conserva de mexilóns con algas de Portomuiños


Seguindo na mesma liña de innovación , Portomuiños presenta estas algas (wakame) con mexilóns en escabeche branco.

A conserva preséntase cuns bos mexilóns , grandes e carnosos (de 8 a 10 pezas), acompañado con algas wakame e porros nun suave escabeche. O resultado é unha conserva nova, refrescante e suave , non é a clásica lata de mexilóns (por outro lado magníficas na nosa terra) e penso que é un producto que vai tamén dirixido a xente que nunca tomaría unha lata de mexilóns en escabeche.

Outro deses grandes productos de Portomuiños, unha empresa galega que está situandose nun lugar magnífico na gastronomía e restauración en todo o Estado cunha moi coidada promoción con cociñeiros, restaurantes, suplementos, etc. Un exemplo a seguir para moitas iniciativas.

viernes, abril 04, 2008

Video dos Ancares

Ahí vai un video destas fermosas terras, nel recollense imaxes do fermoso Bosque que hai na baixada a Suarbol dende Piornedo, onde atopamos uns 5 corzos, a menos de 10 m de nos e sairon "ladrando" e unha gran ruta (1ª vez que a facía) que nos leva dende Vilarello e inclúe ascensión ao Corno Madito e volta a Vilarello pero facendoo descenso do cumio por outras cresta diferente a da subida.
A ver se en breve poño un plano desa ruta pois é moi interesante

miércoles, abril 02, 2008

San Glorio parada, adiante Oso Pardo





Unha sentencia do Tribunal Superior de Castilla- León ven de botar por terra os plans da Junta de facer unha estación de esquí en San Glorio, en pleno Parque Natural de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre-Montaña palentina.

Este parque é un dos principais refuxios do oso pardo que probablemente se vería afectado no seu habitat pola estación. A diferencia da poboación de osos occidental da Cordillera Cantábrica (Somiedo, Narcea, Ancares...) nesta localización o número de exemplares non acaba de saír adiante e mantense apróximadamente en 30.
A Junta de CyL pretendía facer a estación para dinamizar a zona, pero os ecoloxistas opuxeronse e gañaron. Eu dubido que unha estación de esquí leve máis visitantes que unha natureza armoniosa con poboacións de oso pardo.
Quede claro que eu non son contrario as estacións de esquí, pero sí penso que hai que ter moito coidado en onde se sitúan. Parece claro que nas estacións de esquí da Cordillera Cantábrica a tempada é moi curta e cada vez o será máis, polo que parece razoable preservala e aproveitar ben as xa feitas no Pirineo, que teñen máis calidade e servizos.
Precisamente este do cambio climático é un dos argumentos do Tribunal que recolle na sentencia que dubida das posibilidades da Estación.
A Junta de CyL, do PP, pretende recorrer a decisión da Xustiza, unha mágoa pois parece que algúns non se enteran de que os tempos teñen cambiado e a sensibilización das persoas coa natureza tamén


Non coñezo por agora estas montañas, pero non tardarei en facelo.



Teta que la mano no cubre no es teta si no...



... dunha das fenomenais campionas de Feiradeza.

Arroz meloso de Kombu, langostinos e panceta


En breve colgarei o video deste arroz coa magnífica alga Kombu (de Portomuiños), probando a súa combinación cun anacos de centro de panceta e langostinos.

Creo que quedou un prato suave , sabroso e aromático. Era a miña primeira experiencia culinaria co Kombu , ten craramente meos potencia de sabor que o Wakame pero é máis delicado e non predomina tanto como a outra.

Ah, é verdade, aínda debo a receita do faisán.

Deli Deluxe en Lisboa



Un dos descubrimentos desta viaxe a Lisboa foi atopar este local cheo de fantásticas delicatessen e cunha selección de viños impresionante.

O Deli Deluxe é un espazo moderno , de altos teitos tipo loft de aspecto industrial , que está fronte a Estación de Santa Apolonia, ao lado dos peiraos case pegado a A Bica do Sapato.

No seu interior podes atopar desde froitas e verduras de calidade, embutidos de moitos lugares e unha gran selección de delicatessen: pastas, especias, conservas de calidade, chocolates...todo un paraíso e tentación.

Pero non so ten papatoria e de feito o máis destacable é a súa gran selección de viños, con predominio lóxico de viños portugueses con atención especial para os de Douro e Alemtejo. Tamén teñen una importante representación de caldos franceses (moitos espumosos), italianos e dende logo españois. Tamén había galegos , gustoume e sorprendeume atopar o Godello As Sortes, magífico branco do que xa teño falado pero difícil de conseguir pola reducida produción.

Destacar ademais de que teñen unha pequena barra onde serven viños e tapas nunhas mesas dentro do local ou na moderna terraza que ten mirando cara ao Tejo.

Por certo , nos non o probamos, pero seica nas fins de semana teñen un Brunch do máis apetecible e polo que vin a uns prezos ben contidos.

Evidentemente deixeme levar polas tentacións e comprei conservas portuguesas, algunhas pastas e viño. Optei polo Douro, sen coñecer moito , deixandome guiar e atendendo principalmente á calidade/prezo.