lunes, marzo 31, 2008

Unhas brevas de Navaza


Onte domingo fixo un día malísimo e frío, saín un pouco pola máñá a ver as presumidas vacas de Feiradeza e logo unha comida frugal .A tarde foi de siesta, descanso, peli e tras notar un vacío no estómago tiven un antollo: unhas brevas de Navaza.

Non hai moitos anos en Lalín dicir Navaza era dicir pastelería, tamén estaba o Maño, pero non eran tan boa, salvo uns grandes bolos recheos de nata a 25 pesetas que ben teño comido de neno.

Navaza , que hai anos estaba na Joaquín Loriga e agora na Bos Aires, é unha magnífica pastelería e conserva os seus fenomenais pasteis de toda a vida (cañas, petisús, etc) ,algo grandes para as tendencias actuais, ademais de pastas, tartas (¡que gran milhoja!) e ata xeados, pero si hai algo que gardo ben na memoria son as brevas , eses bolos con sucre recheos de crema que son verdadeiramente viciosos. Vale , dirán algúns puristas, que non son tan boas como hai anos cando a crema era de ovo,ovo pero as esixencias de seguridade alimentaria de hoxe en día son as que son.

Por certo, para os larpeiros ,lembrarvos que Navaza segue a fer pola semana as deliciosas ensaimadas da casa , hai tempo que non as como , será para outro capricho...

domingo, marzo 30, 2008

"Coissas" que facer en Lisboa (3)

-Pasear pola noite polo Bairro Alto meténdose na animación desa zona, entrando nos bares tradicionais de viños, tomando unha copa nos variopintos locais nocturnos, tomala na rúa e ver a boa marcha de Lisboa. Iso sí hai máis camellos que en todo o Magreb.

-

- Tomar un café e un Porto na Brasileira,no alto da rúa Garret en pleno Chiado, un fermoso e famoso local frecuentado en tempos polo mesmísimo Pessoa. Podedes optar por sentarvos na terraza co poeta vendo bulir Lisboa ou no esplendoroso interior.




- Achegarse ao Mirador de Alcántara , na cima do Bairro Alto e ver dende alí a cidade dominada polo Castelo de Sao Jorge, podes facelo polo día ou ben pola noite e verás como chega ata unha rúa sen saída un vello tranvía



-

Calçotada en Arzúa






O pasado sábado achegámonos ata Casa Assumpta, unha casa de Turismo Rural no Concello de Arzúa rexentada por cataláns afincados en Galicia e que trasladan ao noso país tradicións gastronómicas do seu. Souben desta casa e das calçotadas que alí se fan gracias a lectura do magnífico blog de Manuel Gago, se queredes unha gran crónica podedes consultalo aquí.


Polo que sei as calçotadas (dos calçots, cebolas tenras) son máis que unha simple comida, trátase dunha tradición catalana que sirve tamén como reunión de familias e amigos arredor dunha mesa. Orixinarias da provincia de Tarragona , a súa celebración é todo un ritual celebrado habitualmente nos meses finais do inverno e nos primeiros da primavera.


Seguindo parte desa tradición chegamos ata esas terras da Baixa Ulloa varios amigos e desfrutamos desas sabrosas cebolas feitas nas braxas cubertas aínda de terra. Servense en tellas acompañadas de salsa romesco e regadas con cava que se bebe do porrón. Toda unha experiencia que debe ir acompañada da previa colocación dun babeiro para non rematar emporcados.


Pero o almorzo de Casa Assumpta lonxe de finalizar nos calçots continua cos tradicionais pan tomaca, escalivada de berenxenas , pementos e cebolas , unhas butifarras con monchetas e unhas costelas de año tamén pasado polo lume.


O remate , coma non, cunha deliciosa crema catalana, doce e ben queimada que a Manuel duroulle no prato menos de 15 segundos.


Despois unha longa sobremesa cuns bos chupitos, estes xa máis galegos, na que algún rematou bailando o chiki chiki celebrando a boa experiencia.


Todo un plan para repetir , Casa Assumpta esta na estrada de Cruces a Arzúa a uns 30min de Lalín ou de Santiago. O telefóno no que Isidro, o mestre de calçots e cerimonias ,vos atenderá é o 981518786. A tempada dos calçots esta para rematar así que non o deixedes pasar.



VIDEO PARA ACHEGADOS

As sardiñas marinadas con patacas e pementón

Esta é unha das minñas receitas orixinais das que máis orgulloso estou, máis que nada porque a combinaión encaixa na nosa cociña máis tradicional pero cunhas texturas diferentes e tratando de conservar con pureza o sabor esencial das sardiñas.
Debo recoñecer na técnica da marinada das sardiñas a influencia de Fagollaga pero tamén falar da miña orixinalidade (ou casualidade) resultante dun deses experimentos que de cando en vez fago tratando de buscar cousas novas: trátase da "mousse" ou pasta fina de patacas que leva este prato , pois as uso coa súa propia pel feitas so no micro , mesturadas con aceite virxe e un dente de allo e ben pasadas quente pola batidora.
Para rematar un pouco de pementón de la Vera e unhas herbas para alixeirar e darlle un pouco de frescor.
Para que o prato quede perfecto as sardiñas teñen que estar ben desespiñadas (neste caso fallei un pouco) e tratalas coxeitiño cando as retiremos da tixolapara non estragar a pel.
Un prato sinxelo de facer a camiño entre o tradicional e a innovación

miércoles, marzo 26, 2008

Radiohead en BCN

Xa teño a miña entrada para o 12 de xuño no Daydream Festivalen Barcelona, por fin verei aos mellores, por agora son os únicos confirmados , eu non preciso máis. Alí estarei co meu primo "siciliano" Peibol.
Por agora seguirei escoitando aos mellores.

Wok de soia, setas e algas



Sigo coa cociña das algas de Portomuiños (e as que quedan) neste caso tiña ganas de estrenar o meu Wok e decidín facer uns fideos de soia con setas e wakame. Algo moi diferente , nutritivo, san e sabroso.

Os fideos chineses son proteina pura, tremendamente elásticos ,casi transparentes pero poden coller a cor da salsa, teñen bastante sabor e unha agradable textura, normalmente fanse hervidos, pero valen para fretir (saúdos a Gladys) e deste xeito quedan moi crocantes. Para facer a receita simplemente:
- Poñer unhas chalotas no Wok, ao cabo de 2 min botar as setas e pouco despois as algas rehidratadas, deixar facer un chisco.

- Facer os fideos en auga con sal hervindo 3 min, lavar e separalos un pouco.

- Incorporar os fideos no wok cun chorriño de viño e salsa de soia, deixar facer 3 min a lume vivo e servir para comer.

En 10 min , unha cea distinta , lixeira e vexetariana.

"Coissas" que facer en Lisboa (2)

Continuo aportando algunhas ideas para os que queiran achegarse a Lisboa:


- Subir e visitar o Castelo de Lisboa, antiga fortaleza árabe , entrar na cámara oscura dunha das torres, alucinar coa fermosa vista da cidade...mentras subimos podemos escoitar algún fado nas terrazas próximas.






- Baixar pola Alfama e parar no Resto do Chapito, un edificio con xardín ocupado por un proxecto social e cultural que é restaurante, teatro, bar, disco, local de animación e moitas outras cousas .Ten unhas grandes vistas da cidade: un lugar para o día e a noite






- Pasear pola Baixa e subir ata o Chiado, montarse ou simplemente observar a singularidade do famoso elevador.

Restauradores Jetas


Aínda que se me acuse de ser un pouco "cascarrabias" non é habitual atopar nesta páxina críticas negativas a restaurantes, moitas veces estou tentado pero prefiro falar daquelo que me gustou e obviar o que me desagrada.

Recentemente, hai poucos días fun a un suposto restaurante, un local que para min é un mesón de segunda, levado un pouco pola inicativa de bos amigos meus dos cales non entendo a preferencia por ir a él. A cousa foi un desastre: eramos 11 pero habendo sitio para estar todos xuntos separaronnos en 2 mesas, algo que xa de entrada me parecía inconcebible, non marchei so por amistade. Despois tomamos un entrante mínimo dunhas gambas (das normais) e un solombiño de terneira, bo pero non inmenso, un Ribera normal (Cillar de Silos), algún postre e unha copa , de resultado 50€ por cabeza, UN ROUBO . Algún podería preguntarse se estaba nun marco sensacional pero non tratábase dun mesón co forno das brasas a 2 m dos comensais, cunha nube de fume no ambiente (todos levamos algo da parrillada nas roupas), servicio da casa pouco agradable e localizado no interior da península do Grove sen ningún tipo de vistas.

Quedounos cara de parvos e o cabreo que collemos algúns que xa tiñamos a ese mesón como local non grato foi inmenso , polo cal rompo a tónica habitual que sigo no meu blog e vos aseguro que o Restaurante Sansibar en Balea (O Grove) non é un lugar recomendable.

Parte da culpa foi miña por deixarme levar a un mesón de carnes ,alí onde o peixe e os mariscos son os reis, tendo ademais un restaurante non moi grande ao lado (O Muiño,no Espiño) pero con especialidades da zona ben seleccionadas (nécoras, berberechos, centolas, navallas, caldeirada de raia, etc) no que con eses cartos levas inxesta de fósforo para moitos meses.

Unha pena pero a min non me pillan noutra desas.

domingo, marzo 23, 2008

"Coissas" que facer en Lisboa (1)

Como xa dixen Lisboa merece visitas de cando en vez , tanto pola súa beleza como pola vida dos seus barrios. Hoxe Lisboa non está lonxe por estrada e podes ira a un bo hotel por 60 € noite (4*) e por 80-100 a algún dos mellores. Hai moita oferta e penso que a crise do paí veciño nótase nestes establecimentos, en canto aos restaurantes máis caros que en Galicia pero máis baratos que en Madrid. Para os que queirades ir aí vai algunha idea:

- Achegarse ata Belem e visitar a Torre e o Monumento aos Descobrementos, que non é moi bonito, pero dende a súa cima hai imponentes vistas...



...e aproveitar para petiscar os irresistibles pasteis de nata da famosa Pasteleria Belem. Por certo, non teñen nata.


- Subir dende a Baixa atravesando as duras rúas encostadas da Alfama cara ao Mirador de Santa Luzia no vello Tranvía 28, toda unha experiencia, sobretodo se vai cheo...botar unha ollada dende alí e dispoñerse a subir cara ao Castelo.



Bica do Sapato, Lisboa






A Bica do Sapato é un dos máis coñecidos restaurantes de Lisboa e de Portugal. Situado fronte a Estación de Santa Apolonia con vistas ao Tejo é un local de decoración vangardista composto por varios espacio diferenciados: restaurante, bar e sushi bar.


É un deses lugares de reunión de xente guapa e famoseo lisboeta ,ten como un dos seus propietarios ao mesmísimo John Malkovich. A verdade é que o local ten unha abientación espectacular cuns panes mobeis con fotografías que van cambiando, unha iluminación colorista, boa selección musical , etc. Pero outra cousa é a comida...que non é mala pero penso que para ese tipo de restaurante a súa carta é un pouco "antiga" e sen demasiada evolución. Aí vai a miña experiencia:


En primeiro lugar ao entrar o pimeiro que fixen foi mirar fora a carta o restaurante e ¡susto! os pratos rincipais non baixaban dos 32 € , e non pensedes que había propostas excesivamente atractivas, facendo un pequeno e rápido cálculo estimei que unha cea con postre e viño non había de sair por menos de 70€ cabeza (manda carallo para a Guía Campsa- 40€) , ante tal barbaridade preferín gardar eses cartos para ir a un verdadeiramente salientable (ex. cando reabra Marcelo)


Así que decidín cear no bar que realmente é un restaurante cun comedor máis grande cunha imponente barra para esperar e tomar algún coctel previo. Alí tomamos unha cea bastante correcta a base duns pulpitos en ensalada de primeiro, despois eu tomei porco preto guisado con verduras e María unha "empada" de muslo de pato. O porco preto é parecido ao ibérico e ten bastante sabor e a graxa entreverada, a empada realmente é parecida a unha empanadilla xigante que levaba por dentro o muslo de pato, todo está sabroso pero non foi nada epectacular. De postre tomamos un xeado con vinho de madeira e ananás que estaba bastante bo salvo polas froitas que viñan algo quentes de máis. Para beber un viño do Alentejo a base de Touriga Nacional (sintoo, non apuntei o nome), potente e sabroso, un bo viño , pero como é tradición en Portugal estaba algo quente. Despois un par de mojitos na barra e unha conta de 45€ por cabeza, que si ben pode parecer excesiva hai que ter en conta que estás pagando tamén o entorno.


En canto ao ambiente dicir que esperabamos máis xente nova , pois as mesas darredor estaban copadas por grupos de parellas de entre 50 e 60 anos que soportaban a boa selección musical moderna e a volume medio-alto. A medida que foi avanzando a noite foi entrando xente máis nova e con aspecto bastante "cool" e de famoseo aínda que nos non coñeceramos a ninguén: guapas rapazas con tipos pequenos e con pintas (¿futbolistas?), xente algo extravagante, parellas gays...


En definitiva un lugar para visitar e tomar unha copa polo escaparate , máis non un gran restaurante, penso que a nivel gastronómico en Galicia hai polo menos 30 mellores a día de hoxe.


Antes de ir a Bica do Sapato barallei as opcións do Terreiro do Paço ou o Alcantara Cafe , gostaríame que si aguén os coñece os comparara.


O domingo pola contra fun a un pequeno restaurante no Bairro Alto, na Rúa Atalaia, que se chama O Imperio dos Sentidos, non se trata dun restaurate erótico, pero sí dun coqueto local nunha zona de marcha. Cunha cociña algo moderna , lixeira, con raíces tradicionais cumpre o obxectivo de ser un lugar onde decicidirse a cear se estás de paseo polo Bairro e non sabes onde entrar. Tamén tinha boa pinta na rúa paralela o Cravo e Canela pero pecha ese día,ficará para a próxima.
AS FOTOS DESTE POST NON SON MIÑAS

Ancares



Ademais de Lisboa, nesta Semana Santa tamén houbo lugar para achegarme aos Ancares con Carlos e por último a San Vicente.

A visita á nosa Montaña máis salvaxe foi moi ben aproveitada, foron escasamente 2 días pero paseamos e rastreamos as fragas , o vales , as malladas e os cumios desta Serra. Os Ancares son unha das grandes riquezas de Galicia e considero que a súa declaración como Parque Natural é unha necesidade para a súa boa conservación e unha oportunidade para o desenvolvemento económico e de servizos para os seus habitantes.

O reducto galego do oso pardo, a posible derradeira morada na nosa terra da pita de monte, as carballeiras de montaña cheas de vida por descobrir, as pallozas das aldeas prerrománicas, as cimas brancas das montañas, os acevais frondosos ...fan dos Ancares un auténtico paraíso.

Nesta ocasión aparte de subir a algún cumio puidemos observar fauna e vimos varios corzos pertiño de Suarbol (que non nos dou tempo a fotografiar) e un rebeco pacendo polas rochas próximas ao Corno Maldito.

En vindeiros días recomedarei algunhas rutas e botarei un video dos percorridos.

Lisboa


Vista de Lisboa dende o Castelo de Sao Jorge

A Torre de Belem cun pescador

Irei poñendo no blog algunhas entradas sobre a bela e luminosa capital lusa. Visitei Lisboa hai 7 días e gardo moi boas lembranzas desta terceira visita que fago. Nesta ocasión puiden determe máis en detalles e disfrutar mellor das súas rúas e dos diferentes barrios que son como distintos mundos conectados por un nexo de cor e da luz que sae do río Tejo.

Vista dende o mirador de Sta. Luzia


Lisboa ben merece unha visita periódica, pasear polo Chiado, percorrer as rúas da Alfama nun vello tranvía, ver a cidade enteira dende o Castelo de Sao Jorge... son algunhas das moitas atraccións que ten a máis grande cidade portuguesa.


Realmente parece ser certo aquelo de que "Quen non veu Lisboa, non veu cousa boa", próximamente máis detalles.



María e máis eu no Castelo

jueves, marzo 13, 2008

E máis algas



Que as algas están de moda xa o sabemos, esta fin de semana pasada o Magazine traia un especial sobre elas e centrabanse na figura de Antonio Muiños de Portomuiños.Ter as súas algas no mellor restaurante do mundo (El Bulli)ou a promoción do gran cociñeiro galego Marcelo, cunha gran charla final no Forum no que salientou as cualidades de sabor e nutritivas deste producto que nas nosas costas crece con alegría está servindo para o futuro desenvolvemento dunha nova industria de acuicultura en Galicia que pode ter máis campos que o da alimentación.

Onte recibín gracias ao traballo no Forum do meu amigo Carlos unha caixa con novos productos de Portomuiños (moi agradecido espero corresponder), algúns deles están aínda por comercializar e penso que esta visionaria empresa galega xa esta no segundo escalón, xa non son so algas se non que xa pensan en presentacións máis atractivas para aqueles que de entrada non se atreven con estes vexatais mariños. Toda una aposta ...

Podedes ver na foto : Wakame en salazón, Spaguetti de mar en salazón, Wakame con mexilóns en escabeche, Tallaríns de Wakame, Kombu e Kombu de azúcar deshidratado, láminas de lasaña que supoño serán de Leituga de mar... Todo un mundo de receitas do mar que terei que ir facendo e colgando, eso sí invitando a Carlos e a Marta a degustalas.

Finalmente se queredes saber máis sobre algas e todas as posibilidades que esconden podedes visitar o blog dun profesor de Bioloxía galego (Xacobo de Toro) que se chama Fucoterapia

Curros Enríquez e Batallán



Fun o pasado sábado co blogger de A Teima a un acto de homenaxe a Curros que con motivo do centenario do seu pasamento celebrouse en Celanova. Profundizouse sobre a figura do poeta na súa faceta de periodista, profesión que desenvolveu toda a súa vida en Galicia, Madrid e Cuba e que de verdade foi a que lle dou de comer...triste vida a dos poetas.
O acto contou con expertos en comunicación e literatura como Marcos Valcarcel, Rosa Aneiros, Fernando Salgado ou Alonso Montero que foi o encargado de pechar cun gran discurso de actualidade o acto. Houbo intervencións moi interesantes que nos achegaron á vida deste grande celanovés que presenciou a primeira interpretación do Himno Galego en La Habana, ademais nos axudaron a rememorar e contemplar dende a historia os grandes problemas e dilemas daquela época: a guerra de Cuba, o republicanismo vs monarquía (este aínda vivo), o comezo dunha nova literatura galega e o problema da identidade, os problemas relixiosos que marcaron a marcha de Curros cara a Cuba...

Pero certamente o mías destacable do acto foron as grandísimas intervencións de Luís Emilio Batallán que amenizou o acto con varias cancións e nos marabillou a todos. A pesares dos meus vínculos familiares que me poderían influir, teño que dicir que tras anos sen velo en directo , alí so coa guitarra ,no Mosteiro de Celanova puidemos asistir a unhas vibrantes, entonadas e emotivas interpretacións como "Nocturno"(gran versión tamén de Pucho Boedo) ,"A Rosalía" ou a grandísma "Aí ven o Maio" todas elas con letras de Curros.

De "A Rosalía":

Ai dos que levan
na frente unha estrela
ai dos que levan
no bico un cantar

En homenaxe poño varios videos do artista de Moraña, o primeiro con Pablo Milanés cantando "Aí ven o Maio", despois con Sabina cantando "Contra mí mismo" (Si no fueras tan puta) do seu último disco e por fin un video meu co "Quen puidera namourala" en medio de fotos do noso país

Con Milanés




Con Sabina




Cantando a Cunqueiro


Sardiñas e Faisán




Levo algo atrasado o blog e mesmo me esquecín de facer unha entrada sobre a cea a que convidei a un grupo de amigos hai xa 10 días e que realemente rematou sendo "un guateque" moi divertido. Ata sobrepasaron o límite da prohibición do tabaco.

Debíalle unha a Michi e tamén viñeron MartaS, MaríaC, Dani, Laura e María. Logo xa na sobremesa uníronse Manuel , Adriana e Dani.

Ben desta fixenlles unhas sardiñas e faisáns, cunhas receitas que pronto veredes no blog:

As sardiñas tras facelas filetes foron marinadas a baixa Tª e acompañeinas dunha especie de puré de patacas novas con pel e aceite (algo que xa testara previamente) ,cun chisco de Pimentón de La Vera , adornado con brotes de alfalfa e cebollino.

Os faisáns que levaban 2 meses no conxelador por fin atoparon comensais . Fixenno asado e logo guisado, nunha cocción ben prolongada cunha salsa onde predominaban as chalotas e diferentes viños e vinagres. Acompañeino dunha simple ensalada de canónigos. Sei que fallei na presentación (eramos moitos e había fame) pero so quedaron os osos.

Michi trouxo un bo Cosme Palacios que combinaba extraordinariamente co que eu cociñara, penso que o pasamos ben , o malo e limpar ao día seguinte.

Fixádevos a cara de felicidade dalgunha antes de marchar para La Habana

martes, marzo 11, 2008

Maltrato animal coa excusa da arte. Puajj que asco



Chegoume este mail e verdadeiramente sentín noxo ante o que comunicaba , que merda de xente anda por ahí solta...


En el año 2007, Guillermo Vargas Habacuc, (o fillo de puta) un supuesto 'artista', cogió a un perro abandonado de la calle, lo ató a una cuerda cortísima en la pared de una galería de arte y lo dejó allí para que muriera lentamente de hambre y sed. Durante varios días, tanto el autor de semejante crueldad como los visitantes de la galería de arte presenciaron impasibles la agonía del pobre animal. Hasta que finalmente murió de inanición, seguramente tras haber pasado por un doloroso, absurdo e incomprensible calvario.

¿Te parece fuerte?Pues eso no es todo: la prestigiosa Bienal Centroamericana de Arte decidió, incomprensiblemente, que la salvajada que acababa de cometer este sujeto era arte, y de este modo tan incomprensible Guillermo Vargas Habacuc ha sido invitado a repetir su cruel acción en dicha Bienal en 2008.
¡¡IMPIDÁMOSLO!!!
Firmad aquí: http://www.petitiononline.com/13031953/(no hay que pagar, ni registrarse, ni nada peligroso, y merece la pena) para enviar una petición y que este hombre no sea felicitado ni llamado 'artista' por tan cruel acto, por semejante insensibilidad y disfrute con el dolor ajeno.