viernes, febrero 29, 2008

Tecnoloxía e desenvolvemento na cociña

No Forum tamén había lugar para mostrar varias das tendencias de desenvolvemento de novos productos cos que lograr resultados sorprendentes e curiosos que permiten xogar coa cociña e mesmo co comensal. Estas tendencias en novas texturas como espumas, as esferificacións, os aires, etc son pricipalmente resultad da investigación de moitas emprsas e profesionais que teñen en Ferran Adriá o seu lidrazgo.

Aquí vos poño 2 exemplos:

-No stand de Sosa conxelaron xugo e pulpa de albaricoque en boliñas, despois meteron esas pelotas nunha xelatina moi resisente e deixaronnas a Tª ambiente , o resultado: cando o xugo se desconxela, queda envolto nunha elástica xelatina que cando se morde deixa escapar un delicioso sabor a froitas.



-No stand de 100% Chef, máis propio dun laboratorio de I+D, mediante técnicas de esferificación , prepararon boliñas como chícharos de Cuba-Libre (Ron, Coca-Cola e limón) que logo molladas en Coca-Cola con hielo lembraban en pequenas doses o sbor e os aromas dun bo cubata.



Unha mostra máis dalgunhas tendencias da nova cociña molecular, discutida por uns e aplaudida por outros.

Algo rápido para comer: Brochetas


Se non hai moito tempo e queremos comer algo un pouco diferente e divertido as brochetas son unha estupenda opción.

Neste caso son unhas brochetas de polo cun adobo moi sabroso e combinadas con vexetais e fungos:

1º- Cortar a peituga de polo en anacos gordiños e deixalas 5 min nun prebe de herbas varias (orégano, perexil, etc), salsa de soia e mostaza Diáfana Louit. Que o polo se empape ben , pois logo na prancha rematará máis caramlizado.

2º - Ensartar no pao o polo combinando con cogumelos e verduras: eu usei shitake, tomates cherry e pemento vermello.

3º- Botar na prancha a unha Tª media e deixar facer. Marcar por todos os lados.

4º- Combinar cuha ensalada de leituga ben aliñada.


A Papar rico en 10 minutos.

A inmigración: ¡Que fácil!





Veño escoitando con preocupación nos últimos días declaracións e aportacións de ideas sobre a inmigración que verdadeiramente están conseguindo que moitos nos asustemos e mesmo estemos ben preocupados polo efecto que poidan ter nun futuro, se impoñan electoralmente ou sexan derrotadas, tanto ten xa que foron enunciadas.


É ben fácil apelar ao descoñecido como unha amenaza para tirar rédito electoral, é ben sinxelo situar ao máis débil no punto de mira como causante dos nosos males, é unha "cantinela" que vai calando principalmente en sectores perigosamente predispostos, é unha proclama que moitas veces apela a instintos das entranas que pouco teñen que ver coa racionalidade.


Certamente pode verse coma un problema o feito de que o noso progreso e o contraste coa pobreza que temos á volta da esquina sexan factores atraíntes de milleiros de persoas se esquecemos a igualdade entre os seres humanos e sobretodo se esquecemos a nosa historia.


Hai 500 anos tomamos moitas terras que eran doutros, non aprendemos os seus idiomas, impuxemos os nosos, non fumos alí a traballar ou levados pola fame, poderíase chamar aventura pero seguramente o máis correcto fora codicia.


Non precisamos remontarnos tanto, máis aínda no noso país, para comprender a dureza , a falta de solucións, a desesperación por ter que marchar da terra tan ben retratada naquela fotografía de Manuel Ferrol. Toda a nosa inmensa diáspora non marchou pola aventura, foron traballar , fixeron de todo, moitos triunfaron e outros fracasaron, tamén algúns roubaron. Hoxendía nos orgullecemos de que conservaran os nosos costumes, a lingua, foron valedores da nosa cultura en Bos Aires, en Zurich, en Camberra...seguiron facendo caldo galego, filloas, lacóns...nunca deixaron de cantar a Rianxeira, de casarse entre eles , seguiron sendo católicos en países protestantes ...en moitos casos nin tan sequera aprenderon o idioma do país. ¿Foron perigosos os nosos emigrantes? ¿Adicáronse a destrozar o país que os acolleu? non , claro que non, so pretendían unha vida mellor que en Galicia non era doada de atopar e nunca nos deixaron de costas, máis ben axudaronnos a ser o que hoxe somos.


¿Por qué debemos pensar que os que veñen van ser diferentes? esta é a pregunta que nos debemos facer, é ten sinxela resposta, por eso o perigo de certas propostas para situacións que en moitos casos castiga a Lei con dureza (ablación, poligamia,etc) son uha acusación en sí mesma a milleiros de persoas de ben.


Pero se todo esto non vale , ben podemos ser prácticos e pensar que a pensión do velliño que temos na casa está asegurada pola súa chegada ou lembrar se hoxe almorzamos algunha froita, se comemos verduras, se a nosa merluza estaba rica, se o polo era xugoso, se alguén coida da nosa avoa...e veremos que as mans deles están ahí facendo moitas das cousas, que nos tan dignos,habitualmente non somos quen de facer.


Por eso eu quería sumarme ao clamor de moita xente que lle reclama aos nosos políticos (de todos so signos) sentido da responsabilidade nestes asuntos porque sempre hai quen está esperando unha chispa para prender lume e sabemos que se prende rápidamente os culpables esconderan o chisqueiro.




Onte 127 académicos de 38 universidades mostráronse preocupados por certas propostas de inmigración.


Onte o fotógrafo Javier Bauluz , único español gañador dun Pulitzer por fotos da inmigración , cometeu un erro nunha comparación desafortunada feita nun momento de desolación no que rematou botándose a chorar. Pideu desculpas por comparar a persoa, segundo él referíase as proclamas que ese político está irresponsablemente facendo.

martes, febrero 26, 2008

El pollo , el pez y el cangrejo real

Un trailer da película documental "El pollo , el pez y el cangrejo real" basada na preparación do cociñeiro español Jesús Almagro para a sua participación no Bocuse D´Or, ahí tedes a sipnose extraída da web 20 minutos, estreouse o pasado 15 de Febreiro:

Tras ganar el Campeonato de España de Cocineros 2007, Jesús Almagro se prepara para el Campeonato Mundial, el prestigioso Bocuse d'Or. Las reglas dicen que tiene que hacer un derroche de imaginación para preparar y presentar tres ingredientes: el fletán noruego, el pollo francés de Bresse y el cangrejo real noruego. El documental sigue los días de preparación de Jesús, su sacrificio y sus altibajos en las catas previas con los expertos. No basta un buen plato, el chef debe hallar la perfección.
Presentado como el primer thriller gastronómico de la historia, "El pollo, el pez y el cangrejo real" es un documental que sigue la preparación del chef español Jesús Almagro para el Campeonato Mundial de Cocineros, el Bocuse d'Or. A través del día a día, nos damos cuenta del sacrificio que entraña la alta cocina, siempre en continua innovación y en busca de la armonía perfecta de sabores. También comprobamos los altibajos del creador, al conocer la opinión de otros colegas como Paco Roncero o Mario Sandoval.
El encargado de la dirección es José Luis López Linares, ganador de un Goya por su documental "Un instante en la vida ajena" (2003). El cineasta se mostró muy interesado en descubrir el mundo de la cocina a través de un cocinero del prestigio de Jesús Almagro y vio una gran película en las distintas visicitudes (algunas de ellas inesperadas) que le rodean en su camino hacia el Bocuse d'Or. No hay que olvidar que para López Linares "documentar es descubrir".

Unhas pastas de "diseño"


No Forum puiden adquirir algunhas destas pastas tan singulares da marca "Sandro Desii", tiña diferentes variadades , eu optei polas que saen na foto, a día de hoxe so probei as angulas de trigo e poido dicir que son magníficas e cocidas teñen unha textura moi parecida.

Esa casa tamén presentaba uns xeados moi ben elaborados cun amplo abano de sabores que fixeron as delicias dos que nos achegábamos por alí a tardiña.

Estes son uns dos típicos productos que resulta ben difícil coñecer a través das tendas habituais e que precisan de escaparates coma o Forum para ser ben coñecidos.

Volven as receitas

Despois do Forum e de tantos días sen cociñar, volven as receitas a Paparevivir. Como xa anunciara volverei cun prato a base de algas de Portomuiños.

Próximamente Angulas de trigo con wakame e shitake con salsa de allo e azafrán

lunes, febrero 25, 2008

Antonio Botana e os cefalópodos



Dentro da promoción productos galegos no Forum houbo un apartado especial para o Peixe das Rías. 2 cociñeiros de Cambados foron os convidados a elaborar receitas que ensalzaran o noso mar: Yayo Daporta e Antonio Botana (Pandemonium).

A Botana , que foi presentado por Miguel Vila (Colineta) ,tocáronlle os moluscos e demostrou ser un bo coñecedor dos mesmos , descubrindose como un gran investigador das súas coccións que estudia traballosamente en tempos e temperaturas para poder atopar o mellor punto.

Comezou por un Pulpo a baixa temperatura co seu xugo e espuma de "pimentón de la Vera" que verdadeiramente respeta os sabores esenciais e tradicionais conseguindo unha textura diferente a habitual, pois vólvese menos tricante e máis homoxénea, a espuma dalle un toque de aromas e sabor que nos devolven ao pulpo a feira de sempre.

Continuou cun Choco con fabas de Lourenzá en caldo de tinta de calamar que dende logo promete sabor e forza, usou para este prato un aceite de mexilóns que creo que llo vou pedir prestado para as miñas receitas algún día. De novo utilizou a baixa temperatura para a cocción.

Rematou cun Calamar con dúas coccións con compota de tomate tardío. Unha das coccións foi con fariña e frituras clásica e por outro lado a prancha, pero co corpo do calamar dado a volta para acadar máis volume. A todos os presentes nos chamou a confitura do tomate cun fermoso ton amarelo-verdoso case transparente, que consigue cun bo picado de tomates que non chegan a madurar por ser tardíos e que ten un sabor ácedo suave.

Algo do que máis me gustou do cociñeiro do Pandemonium foi a consistente presentación dos pratos, con grandes trozos dos cefalópodos, se non enteiros , onde non hai dúbida de quen é o protagonista do prato.

Deixareime caer máis ben pronto por alí...

Ons dende A Siradella e outras historias












Marchei o sábado cara ao Grove, pola noite cumprín con costumes habituais cando piso a vila meca, ceamos na Taberna do Lavandeiro, moluscos e a súa gran caldeirada de pulpo (o local de Moncho merece que lle faga próximamente unha mención en solitario) e a tomar unha copiña ao Vinilo : un local único coa mellor seleción musical que eu coñeza en Galicia gracias ao amigo Nano.




Xa o domingo , facendo de "anfitrión" de María e Cia anduvemos de paseo por aquelas terras que tantos anos nos levan servindo de segundo fogar a min e a moitos dos que len Paparevivir. Das voltas dadas quédome con esta foto da Illa de Ons tomada dende o monte Siradella á tardiña, góstame fotografiala (teño moitas fotos dela dende SV) porque levo vendo dende moi pequeno o seu perfil e daquelas quedoume certa fascinación xa que era ¡unha illa! , ahí tan cerquiña , que de neno sempre quixen ir a ela pero que non conseguín visitar ata os 14-15 anos.




Logo xa viñeron outras moitas visitas, moitas delas a bordo do "Pitufo", que dende logo non disminuiron o meu interese . Seica Ons ten unha historia moi interesante chea de corsarios , disputas, colonos, contrabando , etc.




Hoxe forma parte do PN Illas Atlánticas e recentísmas investigacións confírenlle á propiedade ao Apostol Santiago nas mans do Arcebispo como o seu representante, unha historia sensacional de falsificación de arquivos históricos polo propio clero agora descuberta. Máis motivos para a fascinación.




Máis fotos:




viernes, febrero 22, 2008

¿Quén será o Nicolás ese?

Parece que comentou un restaurador compostelán despois de ler un comentario meu en Salsa de Chiles no que Carlos Maribona queixábase do prezo pagado nun restaurante do Franco. Certamente no encontro de bloggers antes de que se publicara o post eu xa intuira de que establecemeno se trataba. Tamén é xusto dicir que fala moi ben doutro local santiagués que a min paréceme bo pero non excepcional.
No comentario eu so dicía que alí se come moi ben pero moi caro , por eso a in non me gusta ir, pero tamén cobrar é unha maneira de seleccionar clientela...
Ten certa gracia como dan voltas as cousas...un dille isto a un amigo que llo conta a outro que chama a outro e finalmente retorna. Ten coña.

As Sortes 2006, un Godello fora de serie


Unha das cousas que máis agradecín do Forum foi a posibilidade de probar cousas que doutro modo é difícil conseguir. Así aconteceu no Mercado do Viño do pasado martes, con viños do Noroeste da Península, tan próximos pero as veces tan descoñecidos. Este é o caso deste branco de Valdeorras, máis concretamente do Val do Bibei, un viño dunha pequenísima producción pero que ten maxia propia.

Este é claramente un viño de autor, pero dun autor ,Rafael Palacios, pertenente a unha estirpe de sabedurí vitivinícola única en España: a familia Palacios. Esta familia con destacados representantes na Rioxa, Priorato, Bierzo e Vadeorras fai viños únicos con nomes perfectamente destacables como L´Ermita, Corullón, Les Terrases e dende hai 3 anos As Sortes.

Os Palacios están facendo da recuperación etnovitícola un arte cuns excelentes resultados que ademáis contribuen a dinamizar zonas rurais un pouco esquecidas.

Para min As Sortes resultou un branco magnífico, o mellor Godello que tomei i eso que andan fortes estes viños. De cor dourada ten un nariz único de froitas verdes pero non ácidas, con flores que revolotean no arrecendo. O pasar pola boca unha acidez equilibrada , fresquiño e sedoso pero con forza. Como outro dos grandísimosviños galegos, o branco Emilio Rojo, este non é un viño barato anda polos 26€ se o atopamos, pero para unhboa ocasión...

O nome de As Sortes ven da tradición galega de sortear parcelas nas herencias, como pasou coas fincas nas que se fai este gran viño.

Despois dos Valdeorras e Bierzos pobados xa me está entrando ganas de deixarme caer por tan fermosas comarcas ...

Cos bloggers de Capítulo 0 e Viticólogo dos Bagos, quen nos asesorou no percorrido

Koldo Miranda



Fun a relatorio deste cociñeiro asturiano para interesarme pola incipiente nova cociña asturiana que tan boa fama ten hoxendía con este cociñeiro como un dos estandartes.

Dende logo en Asturias cómese moi ben , como en toda a cornisa cantábrica, en certo modo debido a que , como en Galicia, hai excelentes productos para traballar.

De Koldo en principio sorprendeume o amor demostrado a súa terra con pratos inspirados na tradición asturiana máis fonda como a versión que fixo dunhas fabes marineras, Fabada marinera con raya e ibéricos, variando un pouco as formas de cocción pero manténdose na sabia tradición "fabeira" astur.

Para o meu parecer este cociñeiro práctica unha cociña moi natural, de producto, sen demasiados artificios e cun evidente amor polo que fai.

Finalmente tamén puidemos observar as influencias que trouxo dunha viaxe polo Perú que dende logo marcou tamén a súa intervención cun Gapacho de papaya con palmito tostado ou o Peixe Manteiga que fixo (peixe escatófago, que come caquita) que como o eu nome indica debe ser moi xugoso. Tamén usou técnicas do ceviche peruano e a utilización do leite de tigre, un aliño de herbas e zumes que se fi para acompañar ese prato.

Koldo Miranda ten o restaurante do seu mesmo nome nunha casona asturiana nunentorno natural próximo a Avilés, non moi lonxe...
O Gazpacho de papaya co palmito

miércoles, febrero 20, 2008

Blogastrosfera

Tras o Encontro do Forum as augas da Blogastrosfera están algo revoltas e hai certo malestar polas opinións verquidas por algúns dos críticos que estaban na mesa de debate , mesmo foron feitas cun certo aire de superioridade que reflexaba en principio descoñecemento pero tamén no fondo un medo crecente aos blogastrónomos, seres desaprensivos que teñen a osadía de cociñar , falar de restaurantes, de viños e que ata viaxan sendo como son uns indocumentados.
Nos vindeiros días tratarei de poñer aquí a miña refleión sobre a cuestión, pero dende xa quero felicitar a Carlos Maribona de Salsa de Chiles pola súa humildade e lucidez.
Nos escasos 2 minutos que puiden charlar con Adriá as últimas palabras que me dixo foron : "Haced lo que venís haciendo y hacedlo con libertad"

Cata de aceites



Por cortesía de Aceites Vizcántar de Córdoba particpei nunha iniciación a este producto da oliva tan arraigado na nosa cultura.

É certo que o aceite sempre estivo presente na nosa tradición culinaria pero claramente nos últimos anos , co despegue internacional da nosa gastronomía e o despegue económico dos 20 anos pasados, os productores de aceite marcan cada vez un camiño máis orientado á calidade que ademais lles permitirá venderse mellor fora. Un dato desta búsqueda da calidade é que ten resultado no mercado pois , según o relator, hai 15 anos so o 20% do aceite de oliva vendido era Virgen Extra e hoxe anda cerca do 50%.

A cata faise cunha cunca traslúcida con tapa , sen pe para poder quentar coas mans e que solte aromas ao remover, tras comprobar os arrecendos logo pásase a boca e degustase ao longo do traxecto da lingua.

Na cata trátase de buscar os defectos e as virtudes do aceite. Por exemplo son defectos a percepcións metálicas ,rancias, húmedas ou avinagradas. Pola contra son virtudes as percepcións afroitadas, amargas, picantes, verdes...E dicir todo un mundo descoñecido que empezo a atisbar.

Na degustación comparamos as virtudes dun Virxe Extra de Vizcántar, agradable con aroma a herba e verde, algo amargo e picante cos defectos dun aceite lampante (aceite malo,antigamente para lámparas), sinxelamente intragable, co que tiven que depurar a boca cunha mazá , que para iso estaba alí.

Lembrade os tipos de aceite máis comúns:

-Virgen Extra: sen defectos

- Oliva Virgen: leves defectos

- Lampante: con moitos defectos, pero tras procesos de refinamento e tras engadir un pouco de Oliva Virgen transformase no Aceite de Oliva normal.


martes, febrero 19, 2008

As cañas de crema de Cerviño


Reposteira enchendo as cañas

Unha agradabilísma sorpresa foi atopar no stand de productos galegos á xente da Pastalaría Cerviño do Carballiño facendo as súas famosas cañas.

Supoño que xa moitos o coñecedes e sabedes que son un postre delicioso e tamén perigoso, xa que probas unha e non fas máis que repetir. Eu desta "so" comín 3.

O atractivo destas cañas está en que a masa de fora está ben crocante e doce e a crema do interior moi fina e cremosa.
Un producto único que vale unha visita a Carballiño, xa tiña pensado falar delas pois as compro sempre que paso por alí,as últimas hai 15 días con Rafa e Sito.

Cansancio

Saír de garda de Pontevedra, ir ao Forum, facer outras cousas en Santiago, volver ao Forum, vir a Lalín a dar clase, as costas malladas,... Razóns para que non poña máis entradas hoxe que irei reservando para máis adiante. Ainda me quedan varios días similares.
UFFF, sarna con gusto no pica.

Intensa xornada para os bloggers



O programa máis específico para os blogger comezou coa presentación realizada por Manuel Gago sobre a blogastronomía que foi algo máis que eso, foi un percorrido pola historia de Internet ata o movemento blogger centrándose logo nas características propias.

Manuel falounos das novas identidades que as persoas están a crear co fenómeno Internet, as cooperacións entre individuos descoñecidas por intereses comúns, as comnicacións en rede , a socialización da web, as informacións colectivas.

Este profesor da USC, foi desgranando pouco a pouco o fenómeno blogger e a súa evolución dando por sentado que os cambios son moi rápidos e comunes e a evolución da situación é case imprevisible. Contounos perfectamente cousas que todos estamos a notar na web pero que non sabemos explicar, algo como o novo concepto de audiencia, que ten 2 características, a fragmentación e que non se lle da xa tanta importancia á cantidade pero sí a capacidade de influir.

En breve a presentación de Manuel estará colgada do seu blog i eu penso revisala de novo para ver algunhas cousas ben interesantes.

Despois continuamos coa Mesa Redonda co título "Guías gastronómicas Vs Blogs" na que participaron Ferrán Adriá, Carlos Maribona (crítico e blogger de Salsa de Chiles), Pau Arenós (crítico , autor de guías persoais e blogger de 7 caníbales) e Rafael Ansón (Presidente da Academia Española de Gastronomía e coordinador da Guía Campsa).

Foi un interesante coloquio que os blogger continuamos case cos mesmos actores ,xa con preguntas abertas ao debate, noutra sala menos concurrida. Houbo opinións de todo tipo pero diso xa falarei porque agora estou canso ... por certo soprendeume ver no coloquio aos doutores (e pais de amigos) Potel e García-Ciudad que se sentaron ao meu lado e seguían con moita atención o que acontecía, un pouco sorprendidos polo mundo dos blogs gastronómicos que o mesmo Adriá trataba de comprender.Un saúdo afectuoso se caen por aquí.

e mañán máis.
Co mellor cociñeiro do mundo. Pegarase algo?

Catando viños e cavas descoñecidos




Nun dos mellores stands do Forum, o de Misenplace, empresa catalana con moitas ramificacions na restauración como a famosa Vila Viniteca, fun invitado a degustar viños descoñecidos, algún deles verdadeiramente novo para o meu padal que me deixou sorprendido. Debo agradecer a atención prestada polo xoven sumiller francés que me atendeu moi amablemente
O que máis me chamou a atención foi o Dujin Spatburgunder 2002 (Dujin Pinot Noir), que é un viño aleman moi diferente dos viños ao que estamos afeitos por estes pagos. Para empezar é un tinto case transparente, cerca do rosado, ten moitísmos aromas de froitas frescas, e cun sabor suave, algo doce pero levemente ácido. Non é un viño de moito corpo, pero ten forza. Todo un descubrimento que para min foi moi exótico por sorprendente.




Seguindo con viños diferentes e de prduccións pequenas tamén me sorprendeu un cava de Sant Sadurni da Noia co nome de L´Origan, que fai referencia as historia dos perfumistas poi diso se trata este viño. Este espumoso xa soprende dende a forma da botella xa quetá inspirada nas ánforas romanas . Ao pasar polo nariz reventa de frescura e aromas , con burbullas firmes e que na boca é suave. Como o anterior algo verdadeiramente novo para min. Unha mestura de uvas autóctonas ensamabladas para un resultado especial. So 14000 botellas ao ano.


Para rematar doume a probar viño xa algo máis familiar a pesares de tratarse tamén dunha DO emerxente e descoñecida nestas terras. Trátase do Viña al lado de la casa da DO Yecla, feito con Monastrell. Este era un tinto carnoso , potente de alta gradación 14,5ºC, con algo de crianza , cun sabor que perdura e que sería fenomenal para un bo queixo de ovella. Un viño para pedir neses restaurantes de grandes cartas cando queres probar algunha DO fora das clásicas e non sabes qué.

lunes, febrero 18, 2008

Os "intringulis" do Forum


Para que todo vaia sobre rodas no Forum hai xente que continuamente está nas cociñas facendo preparacións para outros, son un pouco a súa base dos outros cociñeiros nas súas exhibición.

Esta é a cociña central que como vedes estaba a pleno rendimento mentras Ruscalleda remataba a súa demostración

Carme Ruscalleda


Escribo dende o Forum tras estar no tramo final da conferencia/demostración da grande Carme Ruscalleda, na media hora que alí pasei aprendín cociña como en moitos meses enteiros, cousas complicadas e sinxelas , marabillas que so poden saír dunha mente artística e creativa.

Carme, que esgotou o seu tempo , fixo ao final un prato primo do noso Cocido de lalín, xa que utilizou moitísimas partes do porco para debuxar un porquiño figurativo moi orixinal , composición nova que tivo o detalle de presentar neste Forum Gastronómico de Santiago. Logo mostrou un prato composto por 5 variedades de queixos entre os que se atopaba o noso San Simón con pequenos petiscos acompañantes para cada un deles, esta degustación de queixos xa é un clásico do seu restaurante.

Como a cámara estaba sen batería ao principio as fotos dos pratos tardarán un pouco, mentres tanto hai tedes á xenial Carme Ruscalleda
POLA TARDE FALAREI DA CATA DE ACEITES E DA PARTICIPACIÓN DE FERRÁN ADRiÁ

domingo, febrero 17, 2008

Os novos productos de Portomuiños


Evidentemente non so falarei dos cociñeiros e restauradores, tamén ten que haber lugar para a xente que presenta productos novedosos e/ou de alta calidade.

Neste caso tócalle a Portomuiños, unha empresa galega adicada á recolección e posterior procesamento das algas comestibles (wakame, leituga de mar, nori...) das nosas costas. Un producto que non se ten consumido moito en Galicia,a pesares do potencial que temos neste terreo, e que ten unhas cualidades nutritivas e de sabor moi especiais.

Portomuiños comercializa dende hai tempo algas deshidratadas que se poden atopar en moitos supermercados, pero o que máis nos chamou a atención foron os novos productos que teñen previsto comercializar en breve: pasta feita con algas, té de diferentes tipo mesturado con algas ,e pó de algas como condimento e conservas de mexilóns con algas...

Toda unha aposta gastro-empresarial con ideas innovadoras dende Galicia que esperamos que colleite moitos éxitos. Supoño que ter unha bióloga lalinense axudaralles.

En canto remate o Forum a miña primeira receita será con estes vexetais mariños.

Primeiro día no Forum




Cheguei tarde pero cheguei o sábado atao Forum Gastronómico de Santiago. A primeira sensación que levei foi o ambientazo e a concurrencia, sensación de organización (ao recoller a acreditación coma blogger,os talleres para nenos) e o presentimento de que vou botar alí moitas horas nos próximos días.A miña impresión e a do meu pinche foi de que vai ser un éxito , non so polo público se non por mostrar os recentes cambios da gastronomía do país.
Como non iamos con moito tempo fixemos unha pequena visita fugaz pero valeunos para coñecer productos novos, falar de setas , degustar un bo Godello, cheirar unhas trufas , ver como se poden facer galletas con setas...

Mágoa que chegamos tarde a exhibición do Grupo Nove (xa sabedes ,novos cociñeiros galegos) , so vimos o final pero polo bo ambiente que alí había e pola entrega do público debeu estar xenial.

Mañán domingo non poderei achegarme por motivos profesionais pero terei envíados que me darán conta do que pase. Iso sí o luns a primeira hora estarei coma un cravo as 10 h para ver á grandísima Carme Ruscalleda. Xa vos contarei
Famoso buscador de trufas

viernes, febrero 15, 2008

Historia dun disfraz



Haberá máis ou menos 32 anos, alá polo ano 1976 , miña nai disfrazounos a Berta e a min (penso que Teresa non nacera) de chacha e soldado respectivamente. Con grande esforzo fixo uns disfraces moi bonitos e mesmo os botóns da miña chaqueta son da casaca dun Garda Civil veciño (hoxe sogro do meu tío Alberto) e cousas do uniforme da mili do meu pai. Miña nai sempre foi unha artista para isto e fixonnos gañar moitos premios en moitas ocasións gracias ao seu esforzo e imaxinación.

Cando o xurado no baile do Casino de Lalín na voz do Tío Xanete ( na foto) anunciara que íamos levar o primeiro premio (un reloxio e unha medalla como se observa na foto) algúns dos alí presentes protestaron pois queixabanse de que como eramos netos do alcalde levabamos o premio. Ante as protestas deixaronnos sen el e deronnos creo que o 6º (un xogo da oca) que como imaxinaredes non era de xustiza. Anos despois a Rafa ocorreríalle algo parecido nun concurso de karts.

Agora, máis de 30 anos despois, o meu sobriño Xosé co mesmo disfraz perfectamente conservado e adaptado a súa idade, ven de gañar no concurso de nenos do Haley e recibeu unha Wii como premio, desta vez creo que ninguén se queixou , polo que Xosé xustamente levou o premio que había moito tempo mereceran seu tío e súa nai.

Quedei sen reloxio, pero seguro que Xosé me deixará de vez en cando o mando da Wii para xogar con amigos. O tempo fixo xustiza

O grandísimo Steve McCurry







Sigo falando de fotógrafos de Magnum e hoxe tócalle o turno aun moi especial , sen dúbida un dos meus favoritos, por non dicir o mellor:Steve McCurry.

Xa hai anos que veño seguindo a súa fotografía como lector habitual de National Geographic que o ten como un dos seu fotógrafos estrela, pois este oriundo de Filadelfia deulle á revista a súa portada máis coñecida: o famoso retrato dunha moza refuxiada afgana da guerra do seu pais con Rusia. Foi en Afganistán onde este grande artista documentalista comezou a facerse respetar.



Para min as fotos de McCurry reflexan de forma única o que está a ocorrir pero sempre cunha visón estética que as fai obras de arte que ,polo menos a min, deixanme marabillado. O seu lema é: "Se sabes esperar , a xente esquecerá a túa cámara e a súa alma sairá a relucir"



Este fotografo é en certo modo un dos culpables da miña afición pola fotografía, xa que algún día gostaríame facer unha foto a metade de boa que calquera das súas. O manexo que ten das cores , das mezlas das luces e da composición definen un estilo propio que é fácil de recoñecer.

Tamén é un dos responsables de que un dos meus soños sexa viaxar polo Norte da India cara ao Nepal ata chegar a ver os cumios do Himalaya, lugares que este gran fotógrafo percorreu con frecuencia.

Outro día falaremos do que pasou coa rapaza afgana

jueves, febrero 14, 2008

¿Pouca gatronomía?

Hai quen se queixa de que nestes últimos días non puxen receitas e teño algo esquecida a cociña.
Foi por falta de tempo polo traballo, pero non vos preocupedes o Forum Gasronómico de Santiago encherá o blog de delicias na vindeira semana.

Tierra , a película do noso planeta

Un fragmento desta sensacional e recentemente famosa película sobreo a vida no noso planeta.
Recomendo o visionado do video para todos aqueles que non teñan unha conciencia ecolóxica moi desenvolvida.
A beleza das imaxes é impactante, se destruimos todo isto non merécemos desfrutar da vida , presevermos mentra teñamos tempos, pensemos nos veñen despois.
Esta película foi feita polo director Alastair Fothergill que mostra sen efectos artificiais o espectáculo da natureza.
'Tierra' es un largo viaje que sigue el rastro del sol, desde el Polo Norte hasta la Antártida.
Narra los avatares de tres madres y sus crías: una familia de osos polares, una elefanta y su cachorro y una ballena jorobada y su cría

Unha volta por Oseira e os seus misterios



Considerado "O Escorial Galego", o Mosteiro de Oseira está considerado , xunto co de Sobrado, o de máis importanca do país.


Situado pertiño de Cea, nun pequeno val formado polo río do mesmo nome, Oseira aparécese maxestuosamente aos nosos ollos na baixada dende o Monte Faro, tras atravesar unha fermosa paisaxe de montaña.


Suponse que debe ao seu nome á presenza de osos nestas terras no pasado, din que ata o S.XIX, Oseira foi comezado polos Benedictinos no S. XII pero xa se comentaba a presenza de anacoretas nesas terras de vales e montañas. En Oseira foi abade San Famiano que era un peregrino alemán a Santiago que pasou por estas terras e hoxe ten as reliquias en Italia. Moitas das familias nobles galegas da Idade Media mantiveron monxes en Oseira e tamén se fala nas diferentes historias dun nicromante (culto aos mortos) que tamén chegou a abade (disto lin algo hai tempo e non lembro onde nin o dato exacto, se alguén o coñece gostaríame sabelo). Para min todo isto fai de Oseira un lugar fascinante con moito misterio como gran parte deses sécuos medievais en Galicia


No século XVI sofreu un importante incendio que precisou dunha reconstrución pero marcou o inicio da súa decadencia acentuada tras a Desamortización. Xa logo en 1930 faise unha nova reconstrucción e hoxe en día está habitado polos monxes que hoxe en día seguen a fabrica artesanalmente o famoso "Eucaliptine".


Oseira é un dos grandes tesouros do noso interior, a súa arquitectura é maxestuosa e como moitos dos mosteiros galegos (Oia, Caaveiro, Carboeiro, Samos, etc) a súa localización está perfectamente integrada na paisaxe.


A súa visita é obrigada para todo aquel qe nunca fora e débese repetir con frecuencia.


Por certo é algo complicado visitar o interior pola organización das visitas que fan os monxes