jueves, enero 31, 2008

Achégase o día máis grande


O día máis grande do Entroido en Galicia, no Sur da nosa Terra, onde esta festa é unha relixión, onde unha provincia enteira detén a súa actividade para esquecerse de todo e disfrutar da máis pagana das festas.

Alí en Laza , nun dos vértices do Triángulo Máxico (Laza, Verín e Xinzo) ,no Luns Borralleiro alcanzaranse as máis altas cotas dunha celebración máxica e ancestral co seu cumio na impresionante Baixada da Morena. Entre lusco e fusco dende hai non se sabe cantos anos , caendo dende o Barrio de Cimadevila a Morena reaparecerá despois dun longo sono na Praza da Picota ,que estará atestada de xente entre formigas e fariña. Despois do gran rebumbio , das grandes descargas de adrenalina dos presentes e un refrixerio de cachucha serán os Peliqueiros quen continúen sendo os Reis dese único Entroido.

Parecerá todo igual que en anos anteriores, pero todos atoparemos matices de diferencia: máis xente, poucas formigas, o burro vai vello, A Morena está menos brava , etc...

É a maxia de Laza, que se fará dona da nosa alma e prometeremos vir mentres o corpo aguante, porque xa van 10 anos e porque xa hai alí moitos amigos polos que paga a pena voltar.


Eu non sei, eu non sei que ten A Morena...


miércoles, enero 30, 2008

Pita- Bocatas



O pan de pita é un tipo de pan de orixe árabe, moi común no Oriente Medio e no Mediterráneo Oriental. É moi simple e bastante adecuado para facer algo parecido aos bocatas cun toque de fusión.

Hoxe en día gracias á inmigración temos deste pan precociñado en moitos supermercados (iste merqueino en Eroski), moi fácil de preparar e cun bo resultado. Para quentar o pan basta seguir as indicacións do fabricante, abrilo laterlamente e enchelo co seu interior oco.
Para enchelo optei por 3 ideas, todas elas cun pequeno toque oriental/mediterráneo.

1- Pasta de anchoas, tomates cherry e boletus rehidratados en Porto: a pasta faise con 6 anchoas , unha culler grande de mahonesa, unha pequena de aceite de oliva e unha pouca nata. Puxen tamén uns poucos boletus secos en Porto que se rehidrataron en 5 minutos. Finalmente botei os tomates cortadiños

2- Pollo Tandoori con leitugas variadas: cortar en tiras a peituga de polo, facela a prancha e botarlle media culler pequena de Tandoori (especia moi habitual na India). Misturar cun mezclum de leitugas


3- Variado de salmón afumado, pepino, queixo Feta e aguacate: todo ben picadiño , aliñado cun pouco aceite de oliva virxe e ourego.




BON PROVEITO

martes, enero 29, 2008

EXTRA, EXTRA!



A ESTRELA SERÁ ADRIÁ


Novas de última hora aseguran a presenza do cociñeiro máis influínte do mundo no Forum Gastronómico de Santiago, toda unha sensación para os que xa temos confirmada a asistencia.


Quien actualmente es considerado el mejor cocinero del mundo, Ferran Adrià, será presente en la sexta edición del Fórum Gastronómico y la primera que se celebrará en Santiago de Compostela del 16 al 20 del próximo mes de febrero.

En posesión de tres estrellas Michelin por su restaurante El Bulli, situado en Cala Montjoi (Roses, Catalunya), considerado como una de las cien personas más innovadoras del mundo e investido a finales del pasado 2007 como Doctor Honoris Causa por la Universidad de Barcelona, Adrià participará en este congreso profesional pionero en Europa para reflexionar sobre la actualidad y los temas de máximo interés para el sector de la gastronomía.

El lunes, en coincidencia con el inicio del congreso profesional, Ferran Adrià será el protagonista del Diálogo que se desarrollará a partir de las cinco y media de la tarde en el Auditorio Compostela. En esta sesión, en la cual también participarán Carlos Maribona, Rafael Ansón, Pep Palau y Pau Arenós, periodistas y prescriptores del mundo de la gastronomía, junto a profesionales de la cocina y el vino, reflexionarán sobre temas de actualidad y de gran interés para el sector
Un incrible prato do catalán

Cociñeiros no Forum de Santiago 08



Probablemente a estrela da cociña máis esperada en Santiago será a grande Carme Ruscalleda dos Restaurantes Sant Pau (un en Sant Pol de Mar , Barcelona e o outro en Tokio). Esta catalana conta entre os dous con 5 estrelas Michelín e sen duda e a cara feminina máis coñecida da cociña española actual.


A súa cocíña e dunha forte tendencia mediterránea pero ela mesma comenta que dende que montou o seu novo restaurante en Tokio interesouse moito pola cociña nipona e hoxe conta tamén coa súa influencia. Aquí tedes unha referencia do seu recente paso por Madrid Fusion

Carme Ruscalleda: “Los cocineros pintamos en la boca de los comensales”

La prestigiosa cocinera catalana fue la ‘estrella’ de la primera jornada de Madrid Fusión con una ponencia brillante y con marcado sabor japonés
“Cocinas viajeras: creatividad entre Oriente y Occidente”.
De esta forma tan sugerente titulaba 'Madrid Fusión' una de las ponencias más esperadas de la primera jornada de este congreso culinario, que hasta el próximo jueves se celebra en la capital. Y es que la encargada de ofrecerla no era otra que Carme Ruscalleda, la cocinera con más estrellas Michelin del mundo. Sin duda, nadie como ella para hablar de las influencias gastronómicas entre ambos ‘rincones’ del planeta.
Hace casi cuatro años la chef abrió en Tokio una réplica exacta a su ‘triestrellado’ restaurante barcelonés Sant Pau y, desde entonces, Ruscalleda se ha convertido en una ‘fan incondicional’ de la cocina japonesa. “Tomar un caldo dashi te recupera la vida”, aseguraba ayer entre risas durante su intervención en el Auditorio del Palacio de Congresos de Madrid.Haciendo gala de vitalidad arrolladora (y hablando a una velocidad digna de récord guiness), Carme Ruscalleda explicó cómo ha conseguido adaptar su cocina al gusto japonés y lo que le ha aportado a ella este tipo de gastronomía.
Asimismo, destacó la enorme importancia de internet (uno de los temas en los que 'Madrid Fusión' se centra este año) como herramienta imprescindible para el desarrollo de su trabajo. “Hay día que los mails no paran, incluso a altas horas de la mañana, entre Cataluña y Japón”.
Tras preparar dos recetas (la primera, un plato que simulaba una obra pictórica del autor Riera i Aragó y la segunda, un ‘mar y montaña’ a base de calamar y magret de pato), la cocinera cerró su intervención con un discurso que rezumaba optimismo: “Qué bien estar oficiando en un momento en que la cocina está considerada cultura, considerada arte. Nosostros pintamos en la boca de los comensales”, declaraba entusiasmada tras revelar al público asistente que hubo un tiempo en el que incluso había quienes le daban el pésame por convertirse en cocinera.


lunes, enero 28, 2008

O blog de Sonia



Sonia e unha ex-compañeira miña e Auxiliar de Enfermería no Servizo de Urxencias do Hospital do Salnés. Resulta que ten un blog de receitas onde a presenta as súas creacións persoais moi ligadas a tradición.

A verdade é que Sonia sempre nos levaba cousiñas para facernos máis levadeiros os agotadores turnos.

Botade unha ollada e tomade nota.

Un saúdo a Sonia e a todos nas Urxencias do Salnés

Código Cociña


Estivo colgado un día pero retireino porque non fora presentado oficialmente, pero quí o tedes trátase do Código Cociña, que ben a ser coma un manual de boa conducta para os blogastrónomos. Evidentemente Paparevivir asinao.

O texto foi redactado orixinalmente en lingua galega por Manuel Gago coa colaboración de Óscar Beiro, Soledad Felloza, Jorge Guitián e Miguel Vila. O texto discutiuse dentro da lista de blogastrónomos galegos e presentarase o 18 de febreiro de 2008 no marco do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela.

Son novos tempos para o mundo da gastronomía e o viño. Cada vez máis consumidores constrúen a súa propia voz en blogs e outros formatos das redes sociais de Internet, comunicando e intercambiando con outros consumidores e interesados valoracións, recomendacións e experiencias ao redor de produtos, locais, territorios, persoas, marcas, etc.

A blogosfera e as redes sociais estanse constituíndo como un poderoso referente que unha gran audiencia utiliza para decidir onde ir, que facer, que comprar ou para coñecer a actualidade neste sector de crecente interese nun momento no que o papel da crítica e as guías tradicionais estase reformulando e enfróntase a novos retos. Ocupar esa crecente esfera de influencia social e económica e axudar a decidir a un segmento crecente de audiencia, deposita sobre os escritores, creadores e editores de blogs unha gran responsabilidade sobre a mensaxe que se comunica e a súa repercusión en consumidores e produtores.
As autoras e autores de blogs e webs con contidos enogastronómicos que subscribimos este Código cremos que é o momento de dar un paso adiante. Cremos no intercambio de voces, no crecente papel de Internet e destes novos formatos de publicación. Cremos na voz do consumidor e do usuario. E porque cremos na súa importancia, queremos apostar por publicar un contido de calidade, fiable e crible, nos nosos blogs e webs sociais. Por iso queremos manifestalo publicamente, compartindo entre todos uns principios básicos de autorregulación que aplicamos na elaboración dos nosos contidos, que respecten a independencia e liberdade creativa do autor ou autora e aos que calquera que así o desexe e comparta, pódese adherir.

Os principios do Código Cociña

1.Nos nosos textos, diferenciamos claramente a información da opinión subxectiva sobre un feito, lugar, produto ou servizo, rectificamos os erros de contido que podamos ter cometido e acreditamos a autoría ou procedencia do contido que non creamos, agás que a fonte orixinal indique que non é preciso.
2.Rexeitamos a publicación de inxurias e calumnias a terceiras persoas nos nosos blogs, tanto nos textos da nosa autoría como naqueles comentarios que incorran nestas prácticas e reservámonos, polo tanto, o dereito de eliminar calquera participación neste sentido sen que isto supoña, na nosa opinión, menoscabo da liberdade de expresión dos autores ou dos participantes.
3.Sinalamos se o produto ou o servizo do que falamos foinos remitido polo seu promotor ou propietario, se obtivemos beneficio por iso e se a información que publicamos non foi comprobada por nós mesmos. Na medida do posible, indicamos as canles polos que tivemos acceso ou coñecemento a ese produto/servizo.
4. Indicamos se temos unha relación de parentesco ou amizade cos responsables ou propietarios dos produtos e servizos dos que falamos. Igualmente, sinalamos calquera trato de favor, de preferencia ou diferente ao do consumidor habitual do que podamos ser obxecto.
5.Sinalamos, sempre que sexa posible, o prezo dos produtos ou servizos dos que falamos.

Resolveuse a infamia, que paguen os responsables


O Dr Luis Montes tivo que soportar durante 3 anos ser acusado falsamente de homicida.

No pasado mes de Maio colguei no blog unha entrada sobre a infamia sufrida polos sanitarios do Servizo de Urxencias do Hospital de Leganés. Hoxe foi un día feliz para estes compañeiros despois da persecución e a calumnia por fin queda claro que non existira mala praxe na sedación dos pacientes terminais.


A obstinación dun sinvergonza chamado Lamela (hoxe Consejero de Infraestruturas) brazo executor da política máis perigosa de España e que hoxe desfruta dun plus de influencia no candidato do PP, non puido coa realidade de moitos e moitos profesionais que día a día velaban no seu traballo polo benestar dos seus pacientes. Todos esperamos que se restitúa a honra destas persoas que foron falsamente acusados de homicidio de "so 400 persoas" e que pasaron un auténtico calvario representado polo xefe do servizo o Dr Luis Montes.


Tamén sería de esperar que a Cadena COPE da Igrexa ou dende El Mundo pidan desculpas por algunhas lindezas como chamarlle ao Dr Montes "Dr Muerte" ou "Terminator.


Non debemos esquecer tamén o máis importante do asunto, debido a este caso foron moitos os pacientes que non recibiron sedación por omisión do tratamento xa que moitos médicos sentíanse presos do medo ante o uso de medicamentos tan necesarios nestes casos como Morfina ou Fentanilo.


Algún día Jimenez Losantos, Pedro J., Lamela ou Esperanza terán que enfrontarse coa agonía, cos estertores que te levan a morte, coa asfixia e coa desesperanza de saber que ese é o fin lento que eles fomentaron. Ese día acordaranse do Dr Montes e da súa dignidade, ese día pedirán compasión e nunca xamais un profesional das urxencias sanitarias lla negará.





PD: o día que Lamela sacou a luz as denuncias publicouse un Decreto da Comunidad de Madrid, que indicaba que os novos hospitais de Madrid terán unha xestión semiprivada...

Momentos coa Wii



O día da zorza ademais estivemos xogando unhas partidiñas olímpicas na Wii , como podedes ver as caras de diversión e esforzo son evidentes.

Nunca tivera unha consola pero neste caso trátase de algo máis familiar e entretido , os gráficos son bastante simples e concentra todo o seu éxito na facilidade para xogar e a orixinalidade do seu mando. A Wii fomenta tamén a mobilidade pois habitualmente rematas suando o cal debería ser valorado polos pais cando fagan unha elección para os seus fillos.

Ahí están Carlos e Dani correndo os 100m nos Xogos Olímpicos de Pekín, dicir que Dani non resistiu e abandoou nos 4x100m.

Non é de estranar o seu éxito.

viernes, enero 25, 2008

Sen palabras


Moi acertado

Zorza




Onte por fin a comemos. Estaba moi boa ,nin moi forte nin moi suave, unha zorza caseira de sempre.


Por certo zorza de Lalín , como lle chamo eu, pois dende Santiago cara arriba en vez da zorza dos chourizos poñen uns anacos máis grandes que semellan raxo adobado con pementón.


Ahí a tedes acompañada de ovos fritidos da casa e as patacas. Un manxar simple de productos da casa. Non é recomendable comelo a cotío mais si se rega cun bo viño: Que ben baixa.

jueves, enero 24, 2008

Como facer rápido un sirope de Módena

É moi simple :


1- Botamos nun recipiente 20 cc de Vinagre Balsámico de Módena

2- Engadimos 2 culleres pequenas de azucar

3- Metemos no Microondas 4 min a media potencia.



Debe quedar cunha textura caramelosa e coa metade de cantidade.É moi bo para aliñar ensaladas, darlle un gusto especial a moitos pratos, como elemento de decoración na presentación e mesmo para usar en postres, por exemplo con morangos e menta.

ANIVERSARIO de Adriana


Seica Adriana cumpre anos hoxe , eu deséxolle que o pase moi ben neste día e que desculpe a envexa dos que nos gostaría volver cumprir 19.
Quedas libre da Executiva de hoxe, pero lémbrate de traballar para que o que sae contigo na foto siga sendo Presidente.
PD: que te leven cear a un bo sitio e así polo menos desfrutas da comida...


miércoles, enero 23, 2008

Rufus Wainwright en Santiago

O grande cantautor americano confirma a súa presenza en Galicia para o 1 de xuño. Será no Auditorio de Galicia polo que como podedes imaxinar non serán moitas as entradas que se porán a venda. Terán un prezo de 10 euros e paréceme que xa se poden mercar na web de Caixa Galicia.
Mentras ollades o video , eu seguirei buscando entradas para ver a Radiohead en Londres ou Barcelona.


martes, enero 22, 2008

Jonas Bendiksen, fermosas fotografías



No gran libro dos 50 anos da Axencia Magnum que me regalou María (un dos mellores regalos que me fixeron nunca), aparte dos xa clásicos e coñecidos como Capa, Cartier-Bresson, Mc Curry, etc se poden atopar outros que me parecen incribles.


Ata agora ,vou a modo mirando o libro, o que máis me ten sorprendido é o máis novos dos actuais componentes de Magnum, chámase Jonas Bendiksen é noruegués e ten so 30 anos, pero aos 19 xa era becario de Magnun Photos en Londres.


Ten moitos premios e varios libros publicados , o seu traballo máis coñecido chámase Satellites e está inspirado na disgregación da antiga URSS, para o cal foi visitando comunidades ailladas do antigo xigante comunista.


Actualmente adícase a fotografiar barriadas de chabolas en moitas cidades do mundo sendo tamén coñecidas as que fixo nun barrio de Nairobi.


A foto da nave espacial abandoada na que dous novos recollen restos e xogan mentres miles de mariposas brancas pasan por diante, paréceme unha das mellores fotos que vin na miña vida e ten unha extraordinaria beleza poética. E sen dúbida a súa foto máis coñecida


Non moito menos alucinante, pero sí máis triste e a foto do home co seu oso domado esperando que cheguen turistas na costa do Mar Negro en Abjasia, o oso parece totalmente irreal, o mesmo que o pavo real da roca do lado.





Que maravilla de libro!

O video da IX Xuntanza dos Larpeiros do Cocido

Xa por fin puiden rematar e subir o video da última larpeirada, este ano a asistencia foi espectacular e os novos bautizados deron a talla tal e como se esperaba deles.
A xa tradicional xuntanza cumpreu as expectativas pero penso que debemos esixirlle a Currás para o ano que ven mías calidade no Cocido aínda que os postres estiveron moi ben.
No video podedes ver fotos da xuntanza e os novos Larpeiros teñen aí colgado o seu momento bautismal, agora xa so lles queda cumprir co rito de voltar ano tras ano.
Ben, pasou un ano máis pero lembrade que a que ven é a 10ª.

O Cervo con froitas

Aquí está esta receita de lombo de venado . A de cervo é unha das miñas carnes favoritas, é unha das carnes máis saudables pois case non ten graxas e moi sabrosa. Como a gran parte da caza convén deixala en adobo para que se lle quite un pouco o bravú, eu normalmente a deixo un ou dous días con viño e verduras, tamén se pode optar por metela en leite.
A carne do lombo do cervo é moi blandiña polo que non se debe pasar moito para que quede tenra, na textura ten certas similitudes cun solombo de terneira.
Ben ahí tedes a receita que permite variacións como a típica de engadirlle unha salsiña con chocolate.

viernes, enero 18, 2008

O "Gallardonazo" (ou "Esperanzazo") en Los Guiñoles

Y resulta que fue tal cual...

Larpeirada 08



O vindeiro sábado como moitos sabedes , terá lugar a xuntanza anual da Desorde dos Larpeiros do Cocido. Haberá novos mebros cos correspondetes bautizos no Porco e logo a dar conta dun Cocido e unha das máis longas sobremesas do ano.
Como sempre o lugar elixido será O Currás, ante as sorpresas do ano pasado ,existen agora varias incógnitas:

-¿Traerá Josecho algunha sorpresa este ano tras a visita de Cañita Brava no 2007?

-¿ O lacón será semiplástico como o último que comemos? esta case seguro que non.

-¿Será o último ano que Alberto nos sirva o Cocido ante a comentada e suposta apertura do seu propio local?

- ¿Collerá Zalo unha nova gastroenterite que lle retarde novamente a marcha a Londres?

- ¿Deixará Amparo, polo seu estado, que o "noso crack" sexa novamente a alma da festa?

- ¿Colleré máis peso no Cocido tras os esforzos dietéticos desta semana?

- ¿Virán Tucho e Lito, ou pensan quedar en Masgalán outro ano máis?

- ¿Retornará Anxo Basterra a tocar o acordeón?

- ¿Virá KGB?¿Chegará a tempo C. Montilla?

- ¿Haberá unha reportaxe especial do evento en Vieiros?

As respostas os luns, mentras a pasalo ben.

miércoles, enero 16, 2008

Risotto de setas con ´puntas de trigueiros, queixo de cabra dourado e doce de Módena


En vista das boas iniciativas que se presentan (Forum, Código, etc) decidín festexalo facendo un sabroso prato con certa inspiración italiana.

Este prato propón unha mestura de sabores contando coa doce-acidez da reducción do vinagre balsámico, a frescura dos trigueiros, a melosidade do arroz con boletus e a forza cremosa do queixo de cabra.

Como facer un Risotto xa está nunha entrada de Decembro do 2005 que podedes consultar nos arquivos do Blog .Próximamente explicarei como facer sinxelamente unha reducción de Módena en 4 minutos.

O resto foi cocer e marcar os espárragos , dourar o queixo na prancha e montar o prato tan dignamente como merecía.

Cociñar que gran relax...

Forum Gastronómico Santiago 08

A mediados do mes de Febreiro vaise celebrar en Santiago o




Parece que será o evento gastronómico do ano en Galicia xa que conta no seu programa con primeiros espadas da cociña mundial que farán ponencias e talleres prácticos para os interesados que se inscriban. Conta tamén evidentemente con sesións e degustacións adicadas a enoloxía

Entre os nomes que van desfilar por Santiago están o de: Carme Ruscalleda, Jordi Roca, Marcelo, Seiji Yamamoto, Pepe Solla, Paul Cuningham, etc.

Haberá tamén un salón para expositores con máis de 100 xa confirmados que expoñerán os seus produtos (e degustacións): dende a artesanía ata a tecnoloxía pasando polos viños , as delicatessen, as cuberterías, etc.

A ambición desta iniciativa non remata ahí pois prometen que a cidade de santiago terá moitas actividades para o público en xeral , con actividades en restaurantes adheridos, sesións de cine de temática gastronómica (El festín de Babette; Comer, beber y amar; Vatel, etc).

Parece pois que Santiago será unha visita obrigada no próximo mes.


Dentro do mesmo Forum terá lugar o


I Encontro de Bloggers Enogastronómicos

ao que xa enviei a inscripción para que Paparevivir vos poida contar de primeira man o que alí sucede ,xa que os bloggers inscritos teremos un pase de prensa para pasar de balde ao Forum e aos diferentes obradoiros que se farán ademais de conexión de alta velocidade a Internet para contarvos rápidamente todas as novedades.


Este é un resumo do Programa do Encontro:


Luns, 18 de febreiro


16 h a 17.15 h, Ateneo1ª sesión de traballo, presentada e guiada por Manuel Gago, director de culturagalega.org e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Esta conferencia busca mostrar e analizar as últimas tendencias na Internet gastronómica e o blogging.
17.30 h a 18.15 h, Auditorio CompostelaDiálogo onde se representarán dous xeitos ben diferenciados de entender tanto a publicación como a recepción de crónicas enogastronómicas. Participantes: Carlos Maribona, xornalista, autor e director do blog Salsa de Chiles; Rafael Anson, secretario Xeral de FUNDES. Presidente da Academia Española de Gastronomía; Pau Arenós, crítico gastronómico de El Periódico, condución: Pep Palau.
18.45 h a 20 h, Ateneo2ª sesión de traballo, presentada e guiada por Irene García Medina, profesora e investigadora do GRID (Grupo de Investigación en Interaccións Dixitais da Facultade de Empresa e Comunicación da Universidade de Vic). Irene García explorará novas fronteiras onde se cruzan o dixital e a gastronomía.

Condicións de participación

É necesario acreditar a autoria dun blog gastronómico propio. A organización resérvase o dereito de admisión.
Gracias novamente a Manuel Gago pola súa información e cortesía

Gallardón fora


Parece que o único sólido valor centrista do PP queda fora das listas ao Congreso dos deputados. Probablemente o alcalde de Madrid fora o líder máis adecuado para roubarlle votos ao PSOE entre os centristas e os indecisos pero a "tenacidade" de Espe gañou.

Contan que na reunión mantida entre Rajoy, Acebes, Gallardón e Aguirre , ésta última amenazou con dimitir de Presidenta da Comunidade de Madrid para presentarse ela tamén "se Alberto ía nas listas". Mal o ten que estar pasando Rajoy se a liorta máis soada da pre-campaña basease no principio de quén se situaría mellor para o seu relevo se perden o 9 de Marzo.

Ademais de Espe todo indica que tamén gañou "Chemari" xa que os seus "cachorriños" Acebes e Zaplana optan a continuidade, iso que o máis bronceado dos políticos españois foi expulsado das listas de Valencia polos seus propios compañeiros. Hai que unirlle a presencia de Pizarro, que poderá aportar algún voto por Madrid pero fará perder moitos en Cataluña , pois preferiu venderlle Endesa a uns alemáns antes que aos cataláns.

Por certo no ABC xa vaticinan , segundo fontes do propio Gallardón, que o alcalde de Madrid abandoará o cargo tras o 9-M, o seu segundo, Cobo, tamén, e rematará como alcaldesa... Ana Botella.

Non sei se a longo prazo esto será bo para Zapatero, pero dende logo vale para ralentizar ou invertir a tendencia desfavorable que viña acusando.

lunes, enero 14, 2008

Os porquiños da avoa


Estes son os 3 porquiños criados pola avoa de María no día do seu "San Martiño", que neste caso foi en Nadal. A avoa de María ben merece unha homenaxe porque segue cultivando e criando a terra e os animais como sempre se fixo, en armonía co noso medio ambiente mantendo as leiras e os montes coidados, algo que como sabedes éstase a perder nesta Galicia actual.

Os 3 foron criados con moitísimo mimo e de xeito totalmente tradicional e natural ,pois comeron papas de millo, verduras,etc e non tocaron o pienso. Ademais os 3 sacábanse todos os días a pasear polas leiras polo que como se observa na foto teñen moi pouca graxa subcutánea e as súas carnes presentas vetas da mesma como se fosen porcos ibéricos. Son sen ter o selo de garantía , verdadeiros porcos ecolóxicos e as súas carnes forneceran sabrosos cocidos e outros grandes pratos nos próximos meses.

Eu xa probei o solombiño dun deles e podo dicir que era excepcional , dun sabor inconfundible cun de granxa. Agora teño algún chourizo na casa que aínda lle queda un pouco por curar e María prometeume zorza , que usarei para invitar a algúns amigos a un prato tan forte como espectacular: Zorza con ovos da casa e patacas fritidas.

Gracias a María e familia polos manxares

¿Algún se apunta?

Un famoso blog de orixes galegas


Jennifer, a miña veciña do 6º ,nese blog

Lin onte no xornal El Pais un artigo adicado a un blog que é o azote dos famosos de Hollywood. Seica é un blog moi famoso que eu descoñecía cun nome que xa o di todo pois chámase Perezhilton , que manda carallo.


Pero o máis curioso do blog é que está feito por un tipo que se chama Mario Ventureira e como ben podedes imaxinar o tipo non ten as súas orixes nas verdes terras do Estado de Oregon. O tal Ventureira é fillo de galegos emigrados a Cuba que posteriormente , como moitos outros, saltaron cara a USA.


O blog non deixa de ser un tomate á americana onde se poden ver as travesuras da tola Lindsay Lohan , ou da "perdida" Britney Spears. Parece ser que o blog en USA é un auéntico éxito.


Outro galego que triunfa fora...!

Verduras a prancha con langostinos e xamón



Neste tempo de transición entre o Nadal e o Entroido compre coidar o corpo despois dos excesos para preparalo ante as enchentas de porco e filloas. Eu recomendo un paseo polas verduras cociñadas xa que a cousa do tempo non está moito para ensaladas.

Esta é unha receita moi simple: berenxenas, xudias, corazóns de alcachofa , zanahorias e pementos verdes ben marcadiños a prancha, respetando os diferentes puntos de cocción (por exemplo as xudias tardan máis en estar "al dente" que a berenxena). Despois pasamos unhas colas de langostinos cun pouco de xamón ou touciño pola prancha e rematamos montando o prato.
Un truquiño para este prato consiste en que si so temos unha prancha e se nos van enfriando as verduras , unha vez montado o prato (sen os langostinos nin o xamón) darlle un breve pero forte golpe de grill no forno para temperar.

A min gostame botarlle por riba un lixeiro aliño de aceite virxe extra, perexil e un chisquiño dun bo pimentón.

Saúde rapaces

A Festa da Caza de Rodeiro


FALAR NON FALA ,¡PERO PRESTA UNHA ATENCIÓN!

Onte domingo, fun con Carlos á Festa da Caza de Rodeiro para degustar algún dos manxares que se poden atopar nos nosos montes.


O tempo non acompañou, choiva abundante e moito frío, polo que non puidemos contemplar a exhibición de cetrería , pero polo menos puidemos ver as fermosas rapaces usadas para tal fin. Logo tomamos algo e fumos ver o interesante pregón do Director Xeral de Turismo, deslucido pola intervención do alcalde de Lalín que so falaba de cocido na Festa da Caza veciña. O acto pecou de certa desorganización e improvisación , esperemos que o próximo ano o tempo acompañe e o amigo e alcalde de Rodeiro, Manuel Salgado "Maranteiro" poida estar satisfeito.


Finalmente o importante, a papatoria de caza a que fumos invitados polo pai de Carlos, Presidente da Sociedade de Caza e Pesca dese Concello, na que 400 persoas puidemos degustar un sabrosísimo xabarín guisado ,que para esa cantidade xente non debe ser doado de facer, e despois coello asado, que estando aceptable non chegaba a ser como o porco bravo.


Despois como vos podedes imaxinar , siesta ,quentiño no sofá de 2 horas para recuperar.
Fermoso exemplar de aguia real

Nesta semana: Lombo de cervo con froitas e verduras


Próximamente colgarei esta receita no blog , atentos.


Moitos aniversarios e felicidades a todos


Nestes últimos días foron varios os amigos que cumpriron anos, Laura o sábado, Rafa onte, Alex e o Potro hoxe. Para eles os meus parabéns.
Tamén cumpreu anos o meu tocaio Nico Batman , que de todos eles é quen máis merecido ten unha festa e que lle adiquemos unha foto.


viernes, enero 11, 2008

Morreu Edmund Hillary


Probablemente o primeiro home que tocou a cima do mundo faleceu onte, o neozelandés Sir Edmund Hillary, e digo probablemente por varias cousas que desvelarei ao longo do texto.

As 11:30h da mañán do 29 de Maio de 1953 Hillary e o sherpa e amigo, o nepalí Tensing Norgay alcanzaron o cumio do Everest(llamado Sagarmatha por los nepalíes y Chomolunga por los tibetanos), a montaña máis alta do mundo, o desafío de 8848m. ,logrando o soño dourado de moitos intrépidos alpinistas e exploradores. Foi no segundo intento desa expedición tras atrancarse na primeira no punto no que se estimaba que Mallory perdera a vida, alí chegaron Tensing e Hillary coas bandeiras do Reino Unido, Nacións Unidas e Nepal. O seu foi un extraordinario heroicismo para eses tempos e non desmerece que fora logrado coa axuda de bombonas de Osíxeno.

Hillary e o nepalí Borgay selaron un pacto nunca revelado, ¿quen foi o primeiro deles en chegar?. Continuaron sendo amigos por sempre e Hillary destacou polas súas obras en Nepal onde financiou a construción de escolas, hospitais, aeroporto,etc ademais dunha loita activa polo respeto as montañas do Himalaia. Tamén no Nepal nun accidente de avión , este home que fora apicultor no seu país, perdeu a súa muller e un fillo.

Case 30 anos antes, en 1924 os británicos George Mallory e Andrew Irvine tentaran a mesma fazaña , tocar a cima do mundo. Mallory era o prototipo de aventureiro/explorador británico , unha lenda da exploración xeográfica, cando lle preguntaron porque quería escalar o Everest repondeu: "Porque está ahí" , unha das respostas clásicas de calquera que algunha vez sentira a imperiosa necesidade de escalar unha montaña.

Nesa expedición Mallory e Irvine desapareceron nunha tormenta e nunca máis se volveu a saber deles. A lenda da súa desaparición crecía, mesmo co achádego por outra expedición dun piolet a case 800o m alimentabase a posibilidade de que tiveran alcanzado o cumio. En 1999 atopouse o corpo conxelado de Mallory a 8700m. , moi perto da cima , nunha complicada zona da montaña, sempre quedará a dúbida de que puidera alcanzar o máis alto, pero para os grandes alpinistas a ascensión remata cando chegas abaixo. Poucos días antes da ascensión deixara escrito : "Vou a unha loita, non a subir unha montaña".

A historia de Mallory lembra un pouco á do Capitán Scott ,unha das máis belas e tráxicas historias da exploración, na súa loita con Admunssen por chegar ao Polo Sur, algún día falarei dela.

Finalmente en 1978 os austríacos Peter Habeler e Reinhold Messner (considerado un semideus do alpinismo) chegaron ao teito do mundo sen Osíxeno, desafiando recomendacións médicas e mesmo puideron atopar a morte polos seus edemas pulmonares. Hoxe en día o Everest e casi unha atracción, pero moi poucos lograron subir sen bombonas e sen as rutas abertas por Hillary e os seus predecesores.

Algún outro día falaremos do ascenso e proeza italiana do K2 por Compagnolli e Lacedelli en 1954 baixo a dirección doutra lenda, o italiano Ardito Desio.
Un fermoso video da cima do mundo:

miércoles, enero 09, 2008

Y sin embargo se mueve


Móvese ou está para esta roda?


Eu son laico ¿e tí qué?


Adicado aos curas que non se poden conter


Somos Moitos os que estamos ata o nariz de que os bispos lle digan a sociedade civil como ten que relacionarse, con quen debemos ou non xuntarnos e ata de quen non debemos separarnos. O estado é aconfesional como reflexa a Constitución e xa está ben de que esta xente no respecte a Carta Magna, dicindo que as Leis que aproba o órgano máximo de representación dos cidadáns, o Parlamento, son un atentado para a Democracia e os Dereitos Humanos. Non hai que remexer moito na historia de España para ver o que lles importaban aos bispos estes conceptos...


Tamén Moitos nos preguntamos ónde estaba a igrexa cando gobernaba o PP e non modificaron nin un ápice a Lei do Divorcio nin a do Aborto.


Como xa dixen somos Moitos os que estamos fartos dos seus ataques á sociedade civil e aos principios democráticos , polo que lle reclamaremos ao próximo goberno que revise os acordos coa igrexa católica para que ela mesma se autofinancie e pague os seus impostos de Patrimonio como todos os cidadáns deste país, axudando ,si eles o estiman oportuno, as obras sociais que moitos esforzados cristiáns tratan de manter cada día e non paguen así os xustos polos pecadores bispos españois (que nin tan siquera son capaces de reprobar a un compañeiro que xustifica a pedofilia).



Tomado de Un Paseo por las nubes, gracias a Sandra

Outros blogs

Xa que por un tempo estaremos algo orfos do entretemento de A Teima vouvos recomendar outros dous interesantes blogs en galego que veño seguindo dende hai algúns meses, non son tan lúdicos pero os seus contidos son moi recomendables.

O primeiro deles é Días Estranhos , un blog principalemnte cultural e de entretimento onde se fala de cine (non comercial) , de música , de libros e cóntase algunha curiosa historia. Case sempre que entro levo unha sorpresa e axúdame a seleccionar películas.
O segundo é o blog do xornalista Manuel Gago, un blog no que se toca a temática culinaria (a última entrada relata a súa recente visita ao Restaurante Arzak en Donosti), así como novas tecnolóxicas ou entradas sobre fotografía innovadora. Manuel Gago é ademais o director de culturagalega.org e profesor de xornalismo na USC.

Regalos




Viñeron os Reis e aínda que os recibín tarde pois o día 6 traballaba foron xenerosos , de todo o recibido destaco un regalo único (sen facerlle asco ao resto), un gran libro de fotografía que é unha obra de arte en sí. Trátase dunha edición de recopilación dos fotografos da axencia Magnum con comentarios dos fotógrafos sobre a obra dos seus compañeiros.


O libro é fermoso e dende logo espectacular, polo seu tamaño e sen dúbida polo seu fermoso contido e pódese observar a evolución dos fotógrafos desa mítica axencia.


Aquí vos deixo parte da crítica deste libro en El País:






Magnum vista por Magnum



Una recopilación de las fotografías realizadas por 69 socios de la mítica agencia a lo largo de seis décadas traza la historia de la imagen documental.



ALBERTO MARTÍN 15/12/2007


Coincidiendo con el 60º aniversario de la creación de la mítica agencia Magnum Photos, se pública un voluminoso libro que recoge su historia y la de todos sus miembros en imágenes. Sin duda se trata de la más ambiciosa y representativa recopilación de su trabajo: en sus páginas aparecen reproducidas con excelente calidad un mínimo de seis imágenes de cada uno de los 69 socios de la Agencia, 11 de ellos ya fallecidos. Más de 400 fotografías incluidas en un libro de generoso formato (39×32 centímetros) que incluye a todos los fotógrafos que han sido miembros de esta legendaria cooperativa a lo largo de su trayectoria. Pero esta publicación presenta una particularidad interesante, ya que surge de una iniciativa formulada por uno de sus miembros, Martin Parr, quien propuso que se invitara a los fotógrafos de la agencia a seleccionar una muestra representativa de la obra de uno de sus compañeros. Así, puede decirse que esta recopilación es en cierto sentido Magnum visto por Magnum, ya que no sólo se han seleccionado sus imágenes unos a otros sino que además han escrito un texto en el que explican su opinión y su visión sobre el trabajo que han elegido. Un método que permite observar sutiles afinidades y puntos de vista divergentes, más allá de la filosofía común que los agrupa.

El testigo-autor de los primeros tiempos ha dejado paso al investigador-forense
Aquí están presentes los 58 socios actuales de la agencia (46 miembros de pleno derecho, seis asociados y seis colaboradores), además de los 11 que ya han fallecido. Y están ausentes aquellos que por diversas razones decidieron por su propia iniciativa abandonar Magnum, entre ellos algunos nombres muy conocidos como Sebastião Salgado, Eugene Richards, James Nachtwey y Luc Delahaye.



Desde su creación en 1947, esta agencia ha conformado durante décadas buena parte de los arquetipos sobre los que se ha construido la fotografía documental, tanto desde una vertiente fotoperiodística como desde la perspectiva del fotorreportaje sustentado en la afirmación de la noción de autor. También ha sido el modelo sobre el que se desarrollaron posteriormente otras muchas agencias que han contribuido a institucionalizar definitivamente los principios de autoría e independencia, cimientos sobre los que se edificó Magnum y que durante décadas han definido una manera de entender el reportaje. En cierto modo, por las páginas de esta obra pasa ante nuestros ojos toda una evolución de la imagen documental, con sus momentos de auge y autoglorificación pero también de crisis y cuestionamiento. Desde la figura mítica del gran reportero forjada en los años treinta hasta el reconocimiento en los últimos tiempos de que la representación tiene más peso que la propia realidad. Del primado del instante decisivo y de la cámara ligera a la mirada tardía y ralentizada y el uso de la cámara de gran formato. Un largo camino que lleva de Cartier-Bresson o Robert Capa a Alex Soth o Mark Power.

O Pato supostamente esquecido foi cociñado con froitas e noces


Alguns seguidores preguntaronme estes días qué pasara con aquel pato que tiña por cociñar, pois aquí vai a resposta: foi asado no seu xugo e unha reducción de viños, vinagre e froitas.

O pato foi laqueado parecido a como o fan o chineses aínda que non ao estilo de Pekín como é tradicional nesa cociña. Laquear quere dicir que queda brilante e dourado por fora , para iso precísa que sexa regado cun prebe con azúcares que a alta temperatura poñan a pel dourada e caramelizada. Despois no forno compre xiralo de vez en cando e regalo coa salsa cada certo tempo para que non seque.

O de engadirlle froitas fai o pato máis lixeiro e combina moi ben, así como misturalo co zume da laranxa.

Un prato sabroso e máis doado de facer do que parece.



martes, enero 08, 2008

Prescripción Enfermeira


Unha das novas máis importantes para min e para moitísimos compañeiros do resto do Estado foi a aprobación da nova norma que permite a prescripción enfermeira. Trátabase dun compromiso adquirido polo ministro Bernat Soria que cumpríu coa súa palabra e o aprobou antes do remate do 2007, modificando parte da Lei do Medicamento que non o permitía e ademais entorpecía o traballo cotiá de médicos e enfermeiras.

A precripción enfermeira consiste na prescripción de tratamentos (fármacos e outras actuacións) en base as necesidades de coidados que presente o paciente. Tras unha dura e intensa loita coa Organización Médica Colegial (que non cos médicos pois moitos apoian a medida) parece que o sentido común impera no Ministerio e seguirase o camiño emprendido por paíse nada sospeitosos de escaso desenvolvemento sanitario como son Suecia, Reino Unido ou USA, en base tamén a recomendacións da OMS.

A partires de agora os enfermeiros poderán prescribir medicamentos como Paracetamol, AAS, Ibuprofeno, Antiácidos, cicatrizantes,etc ata un total de 21 especialidades así como autorizar tratamentos aos pacientes como pañais, vendas , supsensorios , gasas ,etc.

Ademais ábrese a porta legalmente á aplicación de protocolos conxuntos de prescripción entre médicos e enfermeiras que permitiran que a Enfermería poida aplicar tratamentos según as indicacions fixadas.

Ata agora o Sistema Nacional de Salud estabase movendo nunha perigosa situación situación alegal pois dende a Ley del Medicamento algo tan habitual como modificar unha insulina en función dos niveis de glucosa do paciente ou darlle un Paracetamol IV a un paciente se tiña febre (todo elo moi habitual nas órdes médicas) supoña un risco legal para a enfermeira e un traballo extra para os médicos.

Todo isto vai a redundar na calidade da atención para os pacientes aforrándolles esperas nos médicos pudendo acudir á enfermeira de Atención Primaria e facilitando o traballo nos Hospitais.

No meu campo persoal das Emerxencias abrese a porta legal (aínda que xa se viña facendo en outros lugares de España) á Enfermería de Emerxencias independente que traballe en base a protocolos médicos consensuados e revisados.

Esta é dende logo a mellor nova para a Enfermería en moitos anos.

Gracias Bernat Soria, de nada Elena Salgado.