miércoles, diciembre 03, 2008

O Arroz da Cofradía de Rinlo





Hai un par de semanas tiven que andar polas terras da Mariña lucense por cousas de traballo, esta é unha das zonas de máis belas e salvaxes Galicia e das que peor coñezo , sempre me estou dicindo que teño que percorrela máis ao xeito.
Pois ben estando con outros compañeiros por esa fermosa costa decidimos achegarnos ata Rinlo a dar conta do famoso Arroz con marisco do Restaurante da Cofradía. Para quen non coñeza Rinlo, dicir que é unha diminuta aldea mariñeira a poucos Qm de Ribadeo con certo encanto e que no pasado foi porto baleeiro. Ten un porto con pouco abrigo e no máis profundo deste atópase a Cofradía.

Non hai moito tempo os amigos de Xantares do Deza tamén lle fixeron unha visita polo que tiña ganas de ir ata alá. Dicirvos que o arroz ,ben caldoso, é moi recomendable, as racións son xenerosas e leva uns bos anacos de lubrigante ben xugoso. Para min ten un pequeno exceso de tomate , pero non deixa de ser un bo guiso de arroz para tomar á beira do mar.

Dicir tamén que o prezo é moi contido, pois o arroz , un pouco viño e postre saeunos arredor de 21 € que para os tempos que corren agradécese.
En definitiva un restaurante cunha especialidade sinalada nun entorno magnífico, pretiño da Praia das Catedrais (pódese ir dando un paseo) e que xustifica a visita. Por certo , tamén en Rinlo, está outro restaurante de certa sona en peixe e marisco, é A Mirandilla , pero seica ten outros prezos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

os prezos da mirandilla son normaliños e a calidade e do mellorciño que hai.

Anónimo dijo...

yo visite la mirandilla y para mí opinión se come fenomenal y el precio esta muy relacionado con la calidad.las raciones son muy abundantes.