martes, diciembre 16, 2008

A incrible casa de Tin








Non agora non me vou pasar á decoración pero si creo que hai cousas singulares que deben ser destacadas como é o caso da casa do meu cuñeado Tin.

Nunha zona céntrica de Ferrol, cun xardín interior escondido e ocupando parte da vella panadería familiar , Tin ten unha curiosa casa cun , digamos, formato tipo loft de espazos abertos e altos teitos.

Nesta casa consíguese unha atmósfera singular, unha decoración entre bohemia e de explorador , na que un non sabe se podería ser a casa dun entomólogo ou dun artista, na casa de Darwin, de Linneo ou de Dickens. Verdadeiramente o ambiente creado é singular e supoño que todos os que entramos nela quedamos sorprendidos pola súa apariencia máxica.

Sobre todo debe ser unha casa que deixa coa boca aberta aos rapaces pois semella un mundo distinto coa colección de escarabellos, as vellas máquinas da panadería como mobles, a estufa de ferro, a cama no altiño, o acuario con tritóns, os osos de balea,os troncos de madeira, a iluminación tenue...supoño que o meu sobriño Xosé en canto entre alí non parará de mirar , revolver ...e logo ao cabo de días aínda lembrará con impresión á casa de como un lugar de fantasía

O mellor é saber que todo foi ideado e reformado polo propio habitador da morada, deixando claro que estamos ante un mundo propio e ben pensado

8 comentarios:

Pradolongo o filme dijo...

Ola compañeiro:

Resultan moi interesantes as túas olladas gastrónómicas.

De paso aproveito para comunicarche a no va do lanzamento de Pradolongo en DVD e BluRay. Pode ser un bó plan para despoís dunha cea como as que nos presentas no teu blog.

Un saúdo e felices festas.

yo dijo...

hola Nico,
este finde teño pensado facer unha comida para uns amigos e o prato escollido vai ser unha fabada.
¿podesme dar algún consello?
outra cousa,¿que poño de entrantes?no se me ocorre que lle pode quedar ven "antes de".
saudos e gracias

Nico dijo...

Se fas unha fabada o máis importante é a calidade das fabas ,non escatimes niso pois é a base.Logo dalle o seu tempo, a lume lento. Bótalle un bo compango, hoxe hainos de calidade en calquera super.
En canto aos entrantes, por qué non optas por seguir cunha base asturiana e fas algo máis fresco que unha fabada, por exemplo unha crema de cabrales e sidra con mazá e pan tostado para untar...
Se non , penso que con algo tan simple coma uns bereberechos ou mexilóns ao vapor cun pouco aceite de oliva e perexil é unha moi boa solución.

Anónimo dijo...

Hola Nico son Guli,queria que me aconsellaras algo para facer na cea de noite vella...algo sen moita dificultade,que se saia do de toda a vida e que farte aos Gulias...imos a ser seis e sacando o meu problemilla co queixo,ninguen ten condicións.
Un saudo e grazas

YO dijo...

Hola Nico, mañana me viene una amiguita a casa que la invité a cenar hace una semana y todavía no tengo nada pensado, que me recomiendas? (algo light y que esté bueno que después puede que folle)JUAJUAUAJAJA!!!!

Nico dijo...

Guli estou pensando no teu: polo de agora digoche que si deras conseguido un par de faisáns (non son caros) quedarías coma un rei pois a receita que fago eu é ben sinxela.
Pero dame algo de tempo para pensar máis.
Iso sí de primeiro trabállate unhas tapiñas frías e sinxelas.

martasi dijo...

tin, me encanta tu casa, a ver si algún día voy a verla en directo(ya se que si hasta ahora no fui no fue por falta de invitaciones)
ideal.

esther dijo...

Hola Nico!. Son a irmá de Tin, lamento non ter coincidido contigo cando estiveches en Ferrol. A casa de Tin é realmente digna de coñecer. Cada obxecto ten a súa historia. E dou fé de que os nenos alucinan nela!