miércoles, noviembre 12, 2008

Duelo culinario


Aí nesa foto estamos o meu amigo Marcos e un servidor como se pode ver en boa harmonía, non será así o vindeiro sábado pois enfrontaremonos nunha competición longamente esperada.

Xa hai tempo que xurdiu a idea do desafío entre "chefs" e desta vez parece que a cousa vai para diante. O sábado é o día D, en Filgueira, Lalín, na casa de Rafa que xentilmente cede as súas cociñas para tan importante enfrontamento.

Marcos e máis eu, famosos cociñeiros nas nosas casas , teremos que cociñar para ver quen de nos resulta gañador ante un xurado sen piedade de 18 amigos seguindo unhas simples regras:


1- O xurado valorará principalmente a orixinalidade da receita, o sabor e a presentación.

2- Faremos dous pratos. O primeiro será libre pero con ideas da cociña de tempada e o segundo estara baseado na caza (máis concretamente perdices) que serán feitas e presentadas de forma libre.

3- O gasto máximo por comensal permitido total é de 20 €, polo que cada un de nos debe axustarse a 10€ por cabeza.

4- Cada un de nos terá un pinche na cociña: o Potro xa conta con Manuel , eu coa muller do meu contrincante, Luz, que espero que non faga espionaxe dobre.


Nos últimos días estivemos a decidir os últimos flecos da negociación previa e decidindo qué cousas cociñar. Descartamos o peixe como segundo pois era difícil compatibilizarlo coas instalación e a duplicación que precisamos.

Logo acordamos que a caza era unha boa elección neste tempo, barallamos pichóns, venado pero finalmente decidímonos polas perdices. As 20 xa están na miña casa.

O que será un segredo ata o sábado será o primeiro, pola miña parte xa teño medio argallado na cabeza o que vou facer pero precisa de algo máis de maduración. Evidentemente será unha receita totalmente nova e orixinal pensada so para o concurso.

Querido Potro, que Deus te colla confesado.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Suerte, rapaces!!

Duelo de cracks!!

Uma aperta,

Pallarés

Anónimo dijo...

Eu tamén quero participar! Por qué non metedes un pouco nunha fiambreira e mo mandades por correo?
Quesé.

Anónimo dijo...

Só desexarvos SORTE aos dous e que os comensais sexan ECUÁNIMES. Agardo impaciente a que publiques o resultado no teu blog.

J.Carlos Calvo Ulloa.

o pai de batman e spiderman dijo...

Diossss que ganas!!, que sepais que, obviamente, habrá alguna "sorpresilla" para el ganador ...y escarnio público para el perdedor.
Suerte, y que gane el mejor.

Anónimo dijo...

Nico non teñas medo non farei dobre espionaxe eu serei fiel o meu xefe do momento e en lalín ti serás o BOSSSS¡¡¡¡¡¡ Bicos Lupita

Anónimo dijo...

sólo invitas a tus amiguitos de santiago?

Rafik dijo...

yo creo que a los auténticos amigos de Nico y míos (ej. Carlos y Sitín) no les molesta y entienden que es un tema de los de Santiago. Otra cosa es a la basura habitual. Yo estaré mañana viernes de vinos por Lalín, si alguien quiere decirnos algo de ésto, lo escucharé atentamente...

Anónimo dijo...

qué pasa que os de santiago non son auténticos amigos????

Rafik dijo...

por supuesto, excluía a ellos del debate ( excepto al Potro claro...)

Nico dijo...

Ben ante tanta polémica esteril:
1- Eu non invito, xa que non é a miña casa, limítome a cociñar.
2- Non se pode negar a xenerosidade de Rafa que ten invitado a súa casa a deceas de amigos de Lalín varias veces.
3-Eu teño cociñado e invitado aos meus amigos de Lalín, non unha se non moitas veces á cear ou comer na miña casa.Lamento dende logo a ausencia de reciprocidade as veces.

POTRO TIEMBLA

Anónimo dijo...

¡¡qué celosos son os de Lalín¡¡¡

o pai de batman e spiderman dijo...

Nico, no seas cobarde y pon ya el post del desenlace!!!

Anónimo dijo...

Nico debes de estar o moi liado ou preparando unha pedazo crónica. Lupita

kuku dijo...

Tipu macho pon ya el post del desenlace de una puta vez....