martes, octubre 07, 2008

A web de O Naranxo


O Naranxo, Rei do Mundo. Un dos mellores cadros de Laxeiro

Cómo cualificar a nova web da Asociación O Naranxo de Lalín? pois o que se me ven á cabeza: algo totalmente necesario.

O Naranxo, unha das asociacións que sen dúbida máis ten feito pola cultura da vila de Lalín e do Deza pon en marcha con este portal o que sen dúbida é unha plataforma moi completa para a nosa cultura e para a vida social con maiúsculas , supoño que mellorable pero dende logo con moitos contidos. Ademais O Naranxo xa ten unha lista de distribución de correo para difundir actividades culturais con 500 persoas interesadas

En O Naranxo podedes atopar información dos actos culturais máis importantes de Lalín, con perferencia pola cultura de base, pero tamén hai referencias históricas e algo de denuncia como a foto que vedes do Museo de Lalín ,que noutros tempos foi o principal Observatorio astronómico de Galicia e casa de Ramón Aller, no que se pode observar o feismo no seu grado máximo, unha versión "hortera" dunha modernidade paleta e mal entendida.

Gracias a O Naranxo por esta iniciativa e que sigan así co seu traballo que eu considero indispensable.

PD: na súa última entrada "ameazan" con música, contos, festa e varietes para a vindeira fin de semana, que xentiña non lles chega a Algarabía!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

viva "O Naranxo"!