viernes, octubre 17, 2008

Voda de Vito e Juan (Post para amigos)

O pasado sábado día 4 asistín na Coruña á voda de Juan e Vito, ela é moi amiga de María xa que compartiron anos de carreira vivindo xuntas e Juan , agora o seu marido, é realmente un bo tipo. Xa na despedida pasamolo ben cos seus amigos , algo que se repetíu en toda a voda.
A cerimonia seica foi na Coruña, e digo seica porque Isa e máis eu metímonos confundidos noutra igrexa, logo rectificamos pero non puideos chegar a tempo de ver a María lendo, polo que como veredes hai poucas fotos.
Logo o banquete foi en El Cenador de Cambre, unha fermosa mansión que debeu ser de indianos no mesmo Cambre, a festa , intensa, prolongouse e o champagne fixo das súas.
Un saúdo para Vito e Juan que agora deben estar por Vietnam.

2 comentarios:

Angel dijo...

Ese Nicoooooo.
Grazas por facernos recordar aquel dia.Moi boa a montaxe.Música perfecta.
Gran dia,mellor noite. Bicos a todos.
Ainda anda na miña cabeza aquela canción:"Si no fueras tan p........."
Cuidarse.Xa nos veremos
Desde Sada

Anónimo dijo...

Moitas gracias polas fotos Nico!!!Por moita voda ás que vaias non creo que fagas outra vez dúas no mesmo día!! Felicidades para María Berta e Alejandro que tamén o merecen (os da outra voda, ejem...). Isa