viernes, octubre 31, 2008

Voda de Alex e Maritza (Post para amigos)

Xa rematando a ronda de vodas do mes de outubro so me faltaba a última, a de Maritza e Alex na magnífica Colexiata do Sar e logo no Milladoiro nun salón ben agradable (sinto non lembrar o nome do lugar pero estou deitado no sofá e non vou ir buscar a invitación agora, máis tarde).
Todo perfecto dende a igrexa, coa Tuna de Medicina (Alex ten un pasado) tocando na saída e cun coro ben orixinal dentro.
Xa logo a cea foi espectacular cunha marcha poucoi habitual para unha papatoria de voda , pois en varias ocasións coa música que soaba a xente levantouse e botou a bailarrr. Despois continuamos unha festa que case poderíase cualificar de salvaxe, con algún que outro lesionado...Jo, que noche!.
Alfonsiño vas ter que ir ao Corpiño para ese mal de ollo que te botaron

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo pero esta vez quédase corta a reportaxe, eu quero máis.... e por certo de verdade Nico grábame un CD de música porfavor. Bicos. lupit

Anónimo dijo...

todo saleu estupendo, dende os noivos que estaban espectaculares.E o resto dos invitados tamen.