martes, octubre 21, 2008

Unha de cogumelos...velenosos


Amanita Muscaria

Mycena pura

Hai poucos días saín co amigo Sito polas carballeiras e fragas de Lalín a ver qué cogumelos atopabamos e se algún era aproveitable. Coa pouca choiva que levamos neste outono non había moita cousa, a diferencia do fin do vran onde seica os bosques estabán cheos.


Non atopamos case nada dos comestibles que coñecemos, salvo algunha Macrolepiota, pero si algúns que mellor non pasar pola boca, como pode ser o caso da seta dos gnomos, a Amanita Muscaria, chamada tamén Rebentabois ou unha que seica se chama Mycena Pura e que a pesares do seu aspecto simpático tamén é perigosa, pero recoñécese ben axudadonos do olfato polo seu cheiro a rábano.


Logo fumos atopando outras das que a pesares de levar unha guía moi completa como a "Guía de Cogomelos de Galicia e norte de Portugal" de Luisa Castro (Xerais), hai que saber utilizala e para iso serven estes paseos que axudan a poñer en práctica as claves de recoñecemento.


Con estas cousas hai que ter moito coidado e non ser temerarios, eu se teño dúbidas teño un micólogo de cabeceira que tamén e farmaceútico e sempre bota unha man. A ver se me axuda con estes cogumelos que estaban no tronco dun castiñeiro en Catasós, poden ser psilocybes fascicularis?





3 comentarios:

Nico dijo...

Segundo KG:
Hypholoma fascicularis
Velenoso, diarreico.

Menuda colleita

Anónimo dijo...

Seica se di cogomelos e non "cogumelos", pero como hai tantos, se cadra algún...
O teu termo estáadmitido na linguaxe oral, pero non aparece no diicionario Xerais da lingua.
Coidado cos fungos que atopas por aí!
Elisita e Quesé

Rodrigo dijo...

Saimos há pouco polos pinheirais da Comarca de Fisterra e havia moreias de ándoas, níscalos (entre eles um Lactarius sanglifluus), unhas cantarelas pequechas e mancheias de Thricoloma equestre.

As duas pessoas que vinham comigo levam saindo mais de 20 anos aos cogomelos pêro quando chegamos aos thricolomas não se deram posto de acordo. De quem te fias? do bom comedor? do prudente?