martes, octubre 21, 2008

Turista nunha cidade case propia




Vello coengo na misa da Catedral

Santiago ou Prisciliano?


Ligando na Quintana
Realmente pode ser estrano andar coa cámara colgada por unha cidade turística que foi a propia durante algúns anos, iso é o que me sucede cando fago de turista en Santiago.
Así ocorreu onte domingo, tras unha voda o día anterior e despois de devorar comida lixo no fabuloso entorno do Parque de Bonaval e unha siesta ao calorciño do sol morno que onte lucía en Compostela.
Logo baixamos pola Algalia e decidimos facer moitas das cousas que fan os turistas pero que non son exclusivas deles: sentarnos na terraza do Literarios e desfrutar do espectáculo que é a Quintana , coas diferentes tribús e os esforzados artistas de rúa, con peregrinos de todas as cores e tratando de adiviñar que lingua falan os da mesa de o lado.
Despois metémonos na Catedral, onde había misa e o cura estaba falando das misións , do Domund e como non ...de política ,mentres metidos na cripta pensabamos no misterio que envolve Santiago e o Camiño.
Logo a obrigada visita ao Obradoiro que emociona aínda que o teñas pisado miles de veces , lugar onde un se sente tremendamente orgulloso e privilexiado por ser galego, é dicir, herdeiro dos miles que traballaron con tanta dedicación durante séculos para que agora vexamos esa xoia, o fin do itinerario máis importante da vella Europa.
Xa cara a fin da tarde e coa fame petando novamente no ventre, unhas tapiñas polo Franco que estaba ateigado de xente pese a ser un domingo de outubro.
Un bo día ben aproveitado coa cámara a costas.
Xardín na noite
As pedras do Obradoiro

4 comentarios:

Carlos Taboada dijo...

Moi boas fotos Nico...hai que ver o que se pode chegar a querer a esa cidade. Para min a mellor cidade do mundo...Meu fillo chamarase Santiago...

Anónimo dijo...

En total acordo con Kali, aínda que sobra o de "case" pois coma Galego é propia por dereito e no teu caso despois das que temos vivido nela moito máis.

J.Carlos Calvo Ulloa.

Anónimo dijo...

Impresionante a reportaxe ainda que no que a gastronomía te refires queda una pouco pobre, deberías facer mais turismo por santiago e recoller coas túas acertadas verbas todos os recunchos gastronómicos mais ala dos "sobriños do pai". Lupita

Anónimo dijo...

falta el "Dupplex"