viernes, octubre 03, 2008

Productos andaluces


Onte atopei no Hipercor unha zona de venda e promoción de productos de Andalucía. Certamente o que me compría era mercar un xamón de Jabugo Joselito, pero con esto da crise e unha morea de vodas as que estou invitado decidín deixalo para cando baixe o Euríbor.

Así que decidinme a coller algúns productos económicos pero non por iso menos significativos desa terra ou sen atractivo culinario.

Decidinme por un Salmorejo ecolóxico (3€), un vinagre de Xerez reserva cunha botella fermosa que xa valía o que custaba (2,10€) e unha bolsa de patacas fritidas en aceite de oliva dunha freiduría clásica desas que hai en Andalucía (1€). Dicir que tamén había aceites de moita calidade, conservas coa a melva ou atún de almadraba e embutidos ibéricos. Todo a bo prezo.

Polo de agora non probei nada pero xa vos contarei , sobre todo do xogo que dará o salmorejo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Se o que precisas son cartos , só tes que pedilos.Eu teño algúns pounds aforrados.
Gon

Sandra dijo...

Buenas, necesito una receta y es dificil encontrar, a no ser que me vea todo tu blog....Soy una de las fan de tu recetario, y ya he hecho varias, pero porfi, pon en etiquetas "recetas" o como tu veas y asi poder imprimirlas o simplemente verlas toooodas juntas.
Muuuuchas gracias y saludos

Nico dijo...

Vale, ya etiqueté algunas , iré poco a poco y las que vayan saliendo nuevas.
Gracias por la aportación