viernes, octubre 03, 2008

Pracer sinxelo, pracer de luxo




Un simple queixo pode ser algo intragable se non ten a calidade suficiente, pero un bo queixo pode ser algo fenomenal, este do país do que xa vos falei é un deses. Pero as veces queremos facelo máis divertido e se o acompañamos de pouca cousa pero de calidade temos unh manxar sinxelo e de luxo.


Neste caso con Pementón de la Vera, aceite virxe extra e uns cristais de Sal Maldon e temos sabores clásicos pero indubidablemente auténticos, se aínda por riba lle metes un vaso dun mencía xoven por exemplo...miña nai querida!.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nico os da queixería Veloso están dispostos a nomearte padriño de honra por toda a publicidade que lle fas o queixo, estás a pensar en selo seu distribuidor?????