miércoles, octubre 08, 2008

O meu Fotoblog: Galician Eye


Lalín

Polo que levades visto no blog vos decatariades da miña afección á fotografía pois levo xa postas centos de fotografías dende que existe esta páxina, pero a solución visual de Blogger para fotografías está moi limitada polas plantillas utilizadas así que era preciso buscar un formato máis axeitado.


Atopei un aloxamento gratuíto bastante resultón e que permite ollar as fotos en formatos máis atractivos e donde o verdadeiramente importante é a fotografía.


Decidín facelo en inglés, así practico un pouco e posiblemente as imaxes galegas terán máis difusión. Algunhas xa foron colgadas neste blog pero hai outras que nunca subín e que estaban aí esperando a súa ocasión


O nome é Galician Eye e a dirección ollogalego.photoposts.org, é moi doado de navegar por él e aparte da foto leva unha anotación da características técnicas do disparo (apertura, vel obturación, distancia focal, ISO...), ademais do comentario da postedicion

Algunha das non colgadas aquí.


Vaca desenfocada


Tendedero de Dubrovnik

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Por que escolheu o nome Inglês "Galician" vinda do espanhol em vez do galego "Galizan"? Não utiliza o termo Galiza?

Bcause

Nico dijo...

Querido amigo, creo que o termo correcto "galego" en inglés é "galician".
Galicia é tan válido como Galiza i en termos de legalidade e representatividade lembremos que o Consello da Cultura resolveu que o máis correcto era Galicia, é que non era convinte dicir Xunta de Galiza.
Pero polémicas aparte, supoño que os ingleses escollerían o termo "galician" debido ao nome latino do noso país: "Gallaecia".
Eu teño preferencia por "Galicia" pero non me disgusta "Galiza" que como ben se sabe é o usado tamén en Portugal.

Anónimo dijo...

Nico, claro que o termo correto em Inglês é "Galician" e tu e eu sabemos o motivo.

A propósito, também seria uma boa maneira de chamar o polvo: "octopeiro" ;-)

Bcause