domingo, octubre 05, 2008

Edurne Pasabán e o seu undecimo "oitomil"


A alpinista de Tolosa segue con éxito o seu camiño cara a conseguir conquistar os 14 oitomiles despois de coroar onte o cumio do Manaslu de 8156 m. no Nepal. Deste xeito Edurne continúa na loita para ser a primeira muller do mundo que faga a fazaña en dura loita contra a súa amiga austriaca Gerlinde e a italiana Nives Meroi.
Edurne Pasaban é un exemplo de montañeira valiente coa cabeza ben amueblada, enxeñeira industrial, Master MBA, dirixe unha casa de turismo rural e imparte conferencias para o ESADE, ademais de conseguir o reto da "cuasi" profesionalización no mundo do alpinismo. A día de hoxe por exemplo ,Edurne é das poucas mulleres con vida que subiron o K2 naquela xa mítica ascensión xunto a Juanito Oyarzabal, daquela a vasca perdeu as falanxes de dous dedos dos seus pes.
Tras este oitomil quédanlle algúns dificiles como o Annapurna onde o ano pasado non chegou ata a cima e logo dixo "Tenía que haberle echado más cojones y tirado para arriba" proba dun carácter de montañeira forte como é habitual nos grandes escaladores como Messner.
Noraboa a Edurne polo seu impetu, deixovos un video no que relata como foi o trekking de aproximación ao Manaslu, un paseo por terras nepalíes onde veredes espectaculares imaxes dos fermosos vales do Himalaya, un soño para todos aqueles que amamos pasear polas montañas.