viernes, octubre 03, 2008

2º Outono Gastronómico de Turismo Rural


Novamente Turgalicia argalla un novo Outono Gastronómico nunhas 100 casas rurais de toda Galicia para darlle un pouco de "vidilla" a esta estación un pouco triste pero interesante no eido culinario (cogumelos, caza, castañas...) e fermosa na paisaxe das nosas fragas.

As ofertas son ben interesantes: os menús con viño incluído saen por 25 € persoa e unha noite de aloxamento para dúas persoas + 2 menús gastronómicos+2 almorzos pola económica cifra de 100€, e digo económica se temos en conta que entran casas de alta calidade como poden ser A Parada das Bestas ou a Ferreiría de Rugando nas proximidades do Courel.

Hai menús sinxelos e outros máis elaborados . pero todos eles cunha inspiración galega e de tempada , por exemplo dunh rápida ollada atopei cousas como: Capón da casa con castañas, Año ecolóxico con verduras e cogumelos, Xabarín ao forno con castañas e compota ou un simple caldo de verduras.
Toda unha tentación: acolledora, deliciosa e a prezo. Creo que neste caso vaise cumprir aquelo de Calidade/Prezo/Satisfacción.
Máis información na páxina web de Turgalicia