domingo, septiembre 21, 2008

Unha tarde por Belesar

Belesar e o Miño

A praia da Cova

Pepe nas súas viñas

Foi o pasado domingo, de volta para Lalín despois dun día con amigos pola Ribeira Sacra decidimos parar a facer unha visita en Belesar.


A aldea de Belesar está como uns 2 qm Miño abaixo dende o encoro e paréceme un lugar moi fermoso, un deses espazos privilexiados do noso país: por paisaxe, clima , tranquilidade, formas de vida.


A pouca xente que xa queda en Belesar dedícase principalmente á viticultura, dun xeito tradicional, utilizando as ladeiras empinadas que caen cara o Miño e aproveitando a suavidade e a climatoloxía tan benigna da Ribeira Sacra.


Alí pasamos unha magnífica tarde entre viñas, con visita a Praia da Cova, desfrutando do fermoso e tranquilo que vai o río que é utilizado para navegar e pescar de maneira deportiva e ociosa. No mesmo Belesar hai un pequeno pantalán.


O noso anfitrión, Pepe "O Paradela", parente da miña moza e que é un dos personaxes desa terra levounos polas viñas, a coller as uvas , a probalas na mesma viña, despois recollemos uns tomates fermosos da súa horta na mesma beira do Miño e merendamos xamón e chourizo cun Mencía seu, ben fresquiño que era gloria...


Na súa terraza, mentras estabamos alí, un podía ir caendo na conta de como se pode vivir ben e por moitos anos con aquela calidade de vida, vivindo da terra e desfrutando dela.


As viñas e o Miño ao fondo
O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como que Pepe "O Paradela"? Desde que teño uso de razón sempre o chamei "Pepe das orelas grandes", nome que creo que lle fai máis xustiza.
Por certo, creo que o alcume é cousa da María.
Quesé.
P.S. Gracias polas fotos da Isa.