lunes, septiembre 29, 2008

Un queixo magnífico


Descubrinno na compostelana Vinoteca O Beiro da Rúa da Raíña, coincidiame falar co dono do local mentres entraba o proveedor pola porta. Traia unha caixa con uns fermosos queixos do país. Probeino e quedei on ganas de facerme cun deles así que lle preguntei de onde os traia.

A resposta deixoume matinando nesa máxima de que as veces o mellor está na casa e non o sabemos, pois estes queixo están feitos en Riobó no veciño Concello de Silleda.

Quedei coas ganas de máis e como María o sabía e está a traballar por esa zona xenerosamente (non lle gosta o queixo) trouxome un .

Probeino e teño que dicir que gardaba a calidade dos xa probados, moi cremoso , suave pero con sabor , coa acidez xusta: un producto de alta categoría feito artesanalmente na miña Comarca do Deza.

O sabor deste queixo levoume a pensar nos bos queixos que ten traído Pepiño do Currás nos seus tempos, pero tamén me lembrou que a calidade era moi variable e que un podía ser unha marabilla e o seguinte que compraras non valía para nada, algo que parece que non se cumpre neste caso.

Estes queixos do País chámanse Veloso, fanse en Riobó- Silleda de maneira artesanal, son sinxelos de identificar porque como vedes levan na súa etiqueta unha foto da Fervenza do Toxa que queda ao ladiño.