lunes, septiembre 29, 2008

Tomates da horta con atún afumado e queixo do país





Xa vos teño falado dos excedentes de tomate deste ano , dos queixos Veloso e agora tócalle a unha delicatessen que merco as veces no Hipercor, os lombos de atún afumado en aceite de oliva La Higuerita, marca que tamén ten outros preparados de peixe deliciosos.

Así que combinando os 3 ingredientes en so 5 minutos podemos facer un pratiño delicioso, profundamente mediterráneo e con productos de evidente calidade. Un pracer que tamén se pode facer a xeito de Tapa.
Para facelo hai que curtar os tomates en rodaxas, botar por riba os lombos , cubrir co queixo e botar un pouco aceite virxe e sal. Meter no grill 3 minutos. Huummm!!!
Fixádevos no interior dos tomates de Belesar
En rodaxas e co atún por riba
O mantecoso queixo Veloso por riba
O prato tras 3 minutos no grill do forno