martes, septiembre 16, 2008

Pexegos de Calanda, xa están aquí


Os pexegos son unha das froitas clásicas do verán que melloran principalmente nesta época, e sen dúbida das miñas favoritas e convértense nun manxar se son os famosos "melocotones de Calanda".

Criados baixo unha DO específica e cunhas características moi ben determinadas estes pexegos dan unha carnosidade xugosa cun dulzor considerable que os fan do máis apetitoso da horta española.

Os pexegos de Calanda empezan a chegar ao Mercado a partires do 15 de setembro tras recibir moitos mimos durante a súa maduración, xa que cada un deles é previamente embolsado para evitar plagas e outras agresións.

Estes pexegos son sempre dunha brillante cor amarela dourada, de gran tamaño e reponden nas súas cualidades ao microclima que se crea no Baixo Aragón. Pódense atopar pexegos parecidos a estes fundamentalmente doutras zonas de Aragón ou Navarra a menor prezo pero non son o mesmo.

Se queredes saber máis deste manxar e coñecer receitas visitade a páxina da DO Melocoton de Calanda, eu de seguro que farei algunha.