lunes, septiembre 29, 2008

Osos vivindo no país


Saeu en El Correo Gallego hoxe, existe unha alta posibilidade de que neste outono unha femia desta fermosa especie protexida se estableza nos nosos Ancares .

Considero baixo a miña opinión trátase dunha nova fabulosa para todos os que amamos eses montes, porque en certo modo ven a dicir que vanse recuperando nestes últimos anos e que os coidados van dando os seus froitos.

Se o oso volta definitivamente á nosa terra pode ser necesaria xa a figura de protección de Parque Natural para as nosas Serras Orientais, que sirva ademais para a posta en valor das mesmas e crear riqueza verde e respetuosa seguindo as pautas de lugares como Somiedo que ten feito do plantígrado e o seu habitat unha forma de vida baseada no turismo verde, algo que sei que se está intentando facer entender aos veciños da montaña lucense, en principio algo reticentes.

Un motivo máis para volver este outono aos Ancares, agora so faltaba recuperar a Pita de Monte