jueves, septiembre 11, 2008

Os erros


Cando fago receitas habitualmente acerto no que pretendo pero tamén é ben certo que de cando en vez aparecen chapuzas e fallos clamorosos.

Non son moitas as veces que me atopo con estas frustracións pero a verdade é que non me agrada nada comprobar que o meu ensaio dou en fracaso. Evidentemente esas receitas nin as poño nin as recomendo, so publico aquelas que o meu padal aproba.

Pois un deses fracasos pasoume o outro día mentres trataba de facer unha crema de pementos de Arnoia que gardara fielmente o sabor dese manxar e decidín facer unha Crema de pementos de Arnoia con Ribeiro, palmitos, aceite virxe e albahaca , como observades estaba a tratar de facer unha creación que aglutinara os mellores productos da zona . Como vedes tamén , unha boa presentación tamén vos pode levar a vos a engano.

Podedes pensar que foi o toque exótico dos palmitos, pero non, estaban bos, a chave do erro estivo en no ter en conta a acidez dos pementos ao trituralos e o meu erro de botar Ribeiro (a pesares de que o reducín ben) aumentando todavía máis ese factor do sabor e dando lugar a unha crema que cheiraba moi ben pero era difícil de comer.

Unha pena, agora que coñezo o problema tócame resolvelo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿qué está a pasar coa reportaxe da boda de Roco? ¿cando me mandas o estupendo video de Marcos? Bicos.Luz