jueves, septiembre 04, 2008

O mellor da horta




Agora cando comeza setembro é o mellor momento na horta das terras do interior, é o tempo dos fabulosos pementos de Arnoia, dos que o ano pasado puxen unhas cantas receitas e próximamente botarei algunha nova. Tamén é un bo momento para as xudias, tan grandes e fermosas como as que vedes na imaxe que me chegaron dunha horta de Vilatuxe e ademais os tomates empezan a coller o seu mellor sabor.

Como podedes ver , todos son productos de primeira calidade , algúns como xa vos contei son caseiros, pero outros tamén os podedes atopar nunha boa froitería ou na feira, como os tomates que merquei onte na de Lalín . Agora mesmo todos eles incluído o calabacín están a bo prezo, se me quixera facer vexetariano este sería o tempo axeitado.

Pois ben como aproveitalos en plenitude dunha forma vistosa: pois moi simple, pasámolos todos pola prancha e logo montamos un vistoso prato cun ovo da casa tamén a prancha, unha boa sal, un chisco de Pimentón de la Vera e un chorriño de aceite de oliva virxe.

Como xa dixen os tempos de cocción son importantes, de más tempo a menos: as xudias son as que necesitan máis tempo, podemos acurtalo metendoas cunha pouca auga no micro 2 minutos e logo pranchar. Despois os pementos, sempre precisan un pouco aceite. A continuación o calabacín e finalmente o tomate que tan so debe tocar e dar volta se non desfaise.

Todo un manxar, barato e san en 10 minutos

1 comentario:

Anónimo dijo...

MOI BOA. TOMO NOTA E COLLO O MANDIL.
DANI.