viernes, septiembre 26, 2008

O cabrito das Festas




O anfitrión sacando brasas

O cabrito e o forno

Polas recentes Festas de Lalín, o amigo Rafa xenerosamente puso un cabrito criado na súa finca e a casa a disposición dun bo feixe de amigos para facer unha desas comidas tan comúns de Festa por estas terras e celebrar un luns festivo en Lalín.

Este blogueiro foi o encargado de preparar o animal no magnífico forno tradicional que hai na casa. Non sen certas dificultades no control da temperatura, pois cando un se atopa cun forno de leña que descoñece en principio é difícil controlar o punto, durante pouco máis de duas horas tivemos a carne a facer.
Como xa comentei o forno tiña de entrada moita forza polo que houbo que retirar brasas para conseguir que o cabrito non se pasara, ademais de remollalo con pouco viño e auga de cando en vez.
O cabrito tivo éxito, aínda que a min particularmente gustanme máis pequeniños e un pouquiño máis tenros. O que sí e certo e que non traia sabor a bravú.
Como non todo o mundo gosta do cabrito e ademais eramos moitos tamén fixemos uns chuletóns da zona e un pouco churrasco de porco, e dicir, carnívoros perdidos. Non estaba tan bo como o cabrito pois non lle prestamos tanta atención.
Logo continuamos unha longuísima sobremesa ata as 9 da noite para continuar con forza en Lalín nunhas Festas un pouco pobres desta vez



O aperitivo dos traballadores



Eu traballando nos chuletóns


Os comensais

2 comentarios:

Anónimo dijo...

UN CABRITO DELICIOSO, CERTAS PARTES DESFACÍANSE NA BOCA. TAMÉN FOI PERFECTO O ANFITRIÓN. UNHA APERTA.
DANI.

Carlos Taboada dijo...

No hubo carne asada en la de Lupi??? Echo de menos en esa foto al gran Ferri...un abrazo de mi parte al que lo vea...