lunes, septiembre 29, 2008

A morte de Paul Newman


Foi o pasado sábado cando se lle pecharon os ollos azuis ao grandísimo Paul Newman. Poucas mortes de estrelas de Hollywood teñen sido tan sentidas, simplemente con darse un paseo pola blogosfera xa un se pode dar unha idea da grandeza do actor.

Certamente Paul Newman merece a categoría de mito, un dos últimos verdadeiros mitos do cine, non so por unha carreira chea de películas e imaxes que todos gardamos na nosa retina, se non tamén por unha vida cabal e alonxada de todas as tolemias e extravagancias habituales nos grandes actores. Tamén Newman demostrou unha conciencia social superior ao normal e a través dos beneficios dunha empresa de alimentación que el creou axudou a xente con problemas sociais , de drogas, etc.

Tamén é ben sabido que se vai un dos máis guapos, un home polo que todas as mulleres sospiraban sen distinción, algo que habitualmente crea reticencias nos homes, pero non foi este o caso: é ben sabido que calquera home non tiña nada que facer ante Newman ,polo cal todos sabiamos que os celos serían inútiles, que ante él , incluso con 70 anos, sempre perderiamos.

De Newman recordaremos sempre grandes películas aínda que a Academia lle negou durante moitos a estatuíña, algunhas delas xunto a outro grande como Robert Redford. Eu ademais de por Éxodo, Dos hombres y un Destino, a máxica El Golpe, a grandísima El Buscavidas e moitísmas máis quero lembralo por un dos seus últimos papeis, o do malísimo mafioso irlandés na obra maestra Camino a la perdición que voltarei a ver hoxe.

Ata sempre Paul





Trailer de Camino a la Perdición