martes, septiembre 16, 2008

Lurton , un delicioso blanco de Rueda





Evidentemente a calidade dos brancos galegos é ben coñecida e nesta terra non é habitual probar viños brancos doutras DO, tendo como temos uns novos Godellos e Ribeiros magníficos.


Regalado polo meu amigo Íñigo Castroviejo, que tamén me regalou outra xoia que comentaré en vindeiros días, decidín probalo acompañado de bos amigos para que me deran as súas opinións, todas elas de simples afeccionados ao viño e pouco afeitos a tomar brancos. O viño, Lurton Rueda esta feito con uvas verdejo e viura , por os irmáns franceses Jacques e Francois Lurton, descendentes dunha famila de Burdeos de longuísima tradición viticultora, que fan viños de calidade en moitas partes do mundo (o que se chama "fliying winemakers") e hai uns anos caeron por Rueda e agora seica tamén fan viños de Toro.


O primeiro que sorprende do viño na copa é a súa intensa cor amarela palla, un dourado transparente que chama a atención. Ao pasalo polo nariz a todos nos chamou a atención o frescor e aroma a froitas doces. Logo xa na boca pareceunos un viño branco moi pouco ácedo para os nosos padales habituados a outros sabores, con toques doces que o fan un bo viño para tomar por exemplo con foie ou un bo xamón de bellota.

Unha delicia descoñecida non moi cara (arredor dos 10€) que entraría nesa relación Calidade/Prezo/Satisfacción.
Quedo con gañas de probar o seu curioso De Puta Madre, pero este viño xa vai máis caro...


1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi ben que voltaras con noticias novas pero eu insisto sobre ¿qué pasa coa reportaxe boda de Roco? ¿no merece esta boda unha reseña no teu blog? Bicos. luz.