lunes, septiembre 01, 2008

Gastroempresarios



Na web do diario económico Expansión teñen un apartado especial dedicado aos cociñeiros máis famosos de España vistos dende unha perspectiva de economía e empresa.

O traballo que se pode ollar na web pon de manifesto varias cousas: que se poden gañar cartos cun bo restaurante de vangarda pero que para conseguilo hai que traballar a esgalla, pero tamén que a maioría deles son en realidade modestos empresarios , cunha estrutura de negocio familiar e nunca serán millonarios

Así nesta web podemos coñecer que El Bulli ten 65 empregados para 60 comensais e que o 40% dos seus gastos son en materias primas e que cada ano comen alí 8100 privilexiados e facturan 2 millóns de euros. Tamén se remarca que El Bulli en sí non é moito negocio pero serve de estrutura para facer outros.

Tamén chama a atención que o único que mostra un verdadeiro poderío empresarial é José Andrés e o seu grupo Thinkfood afincado en USA (550 empregados, 25 millóns de $ ao ano...) pero tamén é certo que non se pode enmarcar dentro do grupo de cociñeiros de vangarda.

Bótase de menos nesta analise a Karlos Arguiñano e todo o seu grupo de negocios xa que sacando ao asturiano Andrés e o seu soño americano, aquí debe ser o que máis factura pois é o máis popular e o seu programa na TV leva sendo o máis popular sobre cociña con diferencia dende hai moitos anos.

Por último sinalar que podemos atopar tamén datos curiosos de cada cociñeiro , a súa filosofía empresarial, o precio do menú , etc...Outros cociñeiros famosos que son analizados son: Arzak ,Ruscalleda, Arola, Subijana, Santamaría...e de entre os galegos temos a Marcelo Tejedor que comenta por exemplo o importante que é o seu Smart para o traballo diario do restaurante...


7 comentarios:

Anónimo dijo...

"Semellantes fillos de puta. Aparte da vosa merda , cómo vos atrevedes a usar a Radiohead"
http://www.youtube.com/watch?v=BBkd7uLyG5Q

Este comentario apareceu nun dos meus vídeos no YouTube, feito por un usuario que ten os vídeos que ti colgas no blog.

Poderías explicarme, Nico González, porqué son un fillo de puta e porqué son unha merda os meus vídeos de denuncia á asociación "Galicia Bilingüe"(antes "Tan gallego como el gallego").
Non sei como non aproveitaches a túa entrevista en Vieiros para falarnos do teu punto de vista lingüístico.

Nico dijo...

Primeiro queridos Bilinguistas que non sodes:
- O video está cheo de mentiras e propaganda tramposa.
- Feito con manipulación dos datos e enganos.
Sabedes perfectamente que en Galicia so hai unha lingua ameazada i esa é o Galego se non o crees así prende a TV ou le periódicos e dime en qué falan.
Como non me coñeces persoalmente e ademais eu non vou a utilizar unha entrevista sobre un blog de cociña para facer política linguística, debo dicirche que eu son bilingue e que tamén defenderei o castelán se o vexo ameazado , pero non é o caso polo que este blog está en galego como exercicio persoal para practicar a escrita na nosa fala e para que na Internet os galegofalantes non sexan discriminados e teñan os seus espazos.
Por certo o comentario foi porque me cabreou un pouco ver utilizada unha canción do meu grupo favorito nun video tan mentireiro.
Vos non pedides unha Galicia Bilingue xa o sabemos todos, porque si así fora loitariades polas desigualdades as quese enfronta os galego-falantes todos os días.

Anónimo dijo...

Os meus vídeos SON DE DENUNCIA Á ASOCIACIÓN Galicia Bilingüe.

No que ti deixaches o comentario contrasto dous tipos de discriminación lingüística.
O dun fulano que safa pagar unha multa local porque di non entender o galego coa discriminación REAL dos que por falar galego van ao paro.

No meu 1º video, podes ve-lo título "A gran estafa de Galicia Bilingüe". http://www.youtube.com/watch?v=QC6dZ642qx4
En todos os meus vídeos emprego datos reais, no 2º ligo as novas dos xornais e no 1º pego cortes coa propia voz da presidenta e vicepresidente de Galicia Bilingüe.
Non podes atopar un só dato falso.

Ti saltaches á miña canle desde os vídeos deste fulano http://www.youtube.com/user/1492foroespana

e non te paraches moito en ve-los meus antes de deixar o comentario.
Os insultos e as mentiras van onde non hai argumentos e a min neste tema sóbranme.

Anónimo dijo...

"fillos de puta". Con esta expresion vostede deixa claro que clase de persoa esta á fronte desta paxina. Se non esta de acordo con nos, expresese correctamente na sua discrepancia. Eu non son unha filla de puta por pensar diferente ca vostede

Nico dijo...

Penso polo que dis que pensamos o mesmo ,debinme trabucar cos de Galicia Bilingue e os do foro 1492 e xa se me puxeron os dedos tolos...

Anónimo dijo...

por disculpate publicamente e respira antes de falar sen saber

Anónimo dijo...

lee bien, ¡infórmate bien!

...lo de siempre, querido Watson