jueves, septiembre 11, 2008

Excedentes de tomate: Salsa e Tagliatelle


Como xa veño contando nesta época encántame desfrutar da horta e teño sorte de que me van caendo nestes últimos días moitos tomates, pementos, pepinos... Como ademais eu xa tiña mercado unha boa cantidade de tomates debía pensar en facer algo para non tiralos e que mellor que unha tradicional salsa de tomate.

É como o día e a noite o resultado que se consigue segundo a calidade do tomate, e cando son moi bos como os que tiña, opto por facer unha salsa sen moitos procesos e aderezos tratando de conseguir a máxima calidade.

Para facelo so pico moi fino un par de chalotas poñoas a dourar nunha culler de aceite e troceo un quiliño dos tomates, tratando de seleccionar os máis maduros. Boto os tomates coas chalotas e poño o lume ao máximo remexendo cada pouco para que se vaia fretindo ben, ao cabo de 2min bótolle medio vaso de viño (preferiblemente un pouco doce) e deixo facer ata que se reduza o líquido. Buscamos o punto de sal e directamente á batidora para conseguir unha salsa de tomate frito do máis natural.

Desta vez utiliceina para facer uns Tagliatelle con tomate, pementos de Arnoia e butifarra , que co acompañamento dunha pouca albahaca deume un prato delicioso que penso repetir.
Tomate troceado coa chalota dourada
Textura que debe ter para pasar pola batidora
A salsa final

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡ummmm¡¡¡¡qué boa pinta¡¡¡ ¿para cando nos mandas uns tarriños desa deliciosa salsa de tomate? A nosa colleita de tomates da horta foise a pique pola chuvia. Luz

ADRIANA dijo...

Que pinta! Coa fame que teño... xD!