miércoles, septiembre 10, 2008

Elbow gaña o Mercury

Hai xa uns 4-5 anos acudín a un festival a Santiago (era o Santirock no Sar?) no que ademais de Deluxe ou os grandísimos The Pixies , había un grupo británico que polo menos eu descoñecía. A min o seu concerto impactoume e pareceronme daquela moi bos e xa alí no mesmo Multiusos decidín mercar o seu CD que daquelas era xa o seu segundo disco , o xa famoso e memorable "Cast of thousands".
Dende aquela convertinme nun seguidor e agora parece que xa tamén ademais do público acadan o recoñecemento da crítica e gañan o prestixioso Mercury award da música británica, noraboa por eles. TAN SO UNHA PEGA, impuxeronse ao IN RAINBOWS de RADIOHEAD, algo co que de seguro nin eu nin moitos estamos dacordo.
A música de Elbow é potente, con moita orquestación ,de ritmos poderosos e un baixo e unha percusión que manteñen con forza as melodías. A voz do seu cantante ,Guy Garvey, entre grave e penetrante dalle vitalidade á súa música.
Deixovos con 2 videos para que os coñezades mellor: o primeiro e do seu premiado último album The Seldom Seen Kid e a canción chámase One day like this e o segundo é do Cast of thousands, unha das miñas favoritas , Grace under pressure, que vai in crescendo cun final potentísimo.


ONE DAY LIKE THIS



GRACE UNDER PRESSURE

1 comentario:

Anónimo dijo...

VOY A TERMINAR ODIANDO A UN GRUPO DEL MONTON COMO RADIOHEAD ¡VIVAN LOS PIXIES!