domingo, septiembre 21, 2008

Dándolle máis saídas aos excedentes de tomate


Collendo tomates


Que marabilla!

Certo é que me encanta pero xa non sei que ir facendo con tanto excedente de tomate. Vaia por diante que estes últimos de Belesar que recollimos á beira do Miño son os mellores de todos.


Desta decidín facer unha pizza do máis natural: unha masa de Buittoni (nunca as probara e ben) , o tomate pelado e picado fino sen máis, aceite virxe, mozzarella , pemento verde e unhas colas de langostino remolladas en salsa de soia.


Como vedes un pracer simple e rápido, non todo vai ser sofisticación , non sí?



1 comentario:

Anónimo dijo...

¿qué facer con tanto excedente de tomate? Pois xa sabes fai un envío a Santiago que serán moi ben recibidos. Lupita