jueves, septiembre 04, 2008

Aquis Querquennis, o destacamento asulagado






O Campamento co encoro cheo (collido en Google images)






Un detalle da reconstrucción cos cumios do Xurés ao fondo



Na entrada ao Xurés, aínda no Concello de Bande, nos dominios do embalse das Conchas atopanse uns dos mellores restos romanos que temos en Galicia. Trátase do campamento romano de Aquis Querquennis.
Os restos pasan parte do ano sumerxido nas augas do embalse fundamentalmente nos meses de chea , pero o habitual actualmente é que o encoro non suba tanto, posto que están na parte alta do mesmo.
As excavación do destacamento son impresionantes, e a pesares de que nesta visita non tiña moito tempo podedes observalo ben nas fotos. Aquis Querquennis estaba situado na Vía Nova romana(ver anterior post) e constaba dun asentamento militar, unha mansión e un poboado.
Os romanos que viviron nesta zona xa lle levaban unhas cantas xeracións a Décimo Junio Bruto, e non tiñan medo a cruzar o Limia como os soldados do militar que primeiramente explorou para Roma esas terras que temían perder a memoria .
Como xa expliquei ademais do destacamento militar , hai tamén unha mansión que servía de pousada para os viaxeiros entre Braga e Astorga, estes establecementos eran habituais en distancias equivalentes a unha xornada de viaxe. Contaba con augas termais que aínda se poden atopar hoxe e supoño que tamén serían unha das razóns que os levou a establecerse alí.
A verdade é que a visita impresiona e paga a pena seguir o camiño da beira do encoro e ir atopando os vestixios das primeiras lexións romanas que chegaron a Galicia. Polo que puiden ler no campamento podían estar ocupado por uns 500 soldados que serían os encargados de vixiar e protexer a zona .
Por certo coñécese o nome Aquis Querquennis porque se atopou un miliario con esa mesma inscripción.

Hoxe existe moi pertiño dos restos un Centro de Interpretación da Vía Nova e de Aquis Querqennis , non puiden visitalo por chegar tarde pero visitareino noutra ocasión

Por certo, tan so a 2 Qm tamén se pode visitar outra xoia do patrimonio histórico artístico de Galicia, a Igrexa de Santa Comba de Bande do Século VII e de orixe visigótica, trátase dun templo pequeno pero fermoso, moi diferente ás formas romanicas posteriores (ten planta de cruz grega). Como podedes ver unha fantástica viaxe polo arte e a historia en poucas leguas de terra.



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo moi interesante pero para cándo a reportaxe da boda de Roco?. Luz

Anónimo dijo...

J. Carlos Calvo Ulloa no se ha pronunciado todavía

Anónimo dijo...

Sólo una curiosidad, Décimo Junio Bruto ante la negativa de sus tropas a cruzar "El Río del Olvido", tomó la inciativa y arreando su caballo cruzó las aguas del Limia. Ya en la otra orilla fue llamando por su nombre a cada uno de sus soldados.
Leyenda nada extraña entre los Romanos, recordad sino que algo similar sucedía con el "Rubicón".

Un saludo


J.Carlos Calvo Ulloa.

marta l dijo...

jajaja, me super parto!!!

marycu dijo...

carfild estás fatal...yo tb me parto