lunes, septiembre 08, 2008

Alucina coa Lubina



Este fantástico exemplar de lubina pescado onte "supostamente" polo meu tío Manolo ten que entrar hoxe no forno. Este gran e fermoso peixe de algo máis de 2 Kg supón un reto para calquera que o vaia cociñar pois estropealo sería un crime polo que a responsabilidade de cociñalo que me foi outorgada pesa de verdade.

A lubina é un dos meu peixes favoritos, de sabor delicado e xeneroso en carne, sempre é un pracer , principalmente cando cumpre estes 3 requisitos: grande, salvaxe e fresca.

Mentras escribo estas liñas está no forno facéndose á sal, xa vos contarei como rematou a cousa, pero xa adianto que este "bichiño" xa me meteu en problemas , pois non entraba ben ao ancho no forno.

Así entrou no forno