miércoles, agosto 06, 2008

Unha recomendación: o fotoblog de Kathleen Conally








A Walk trough Durham Township é o fotoblog dunha fotógrafa afecionada? chamada Kathleen Conally que vive na vila rural de Durham no interior de Pennsylvania. Está considerado como un dos mellores fotoblogs da Internet e destaca polas súas imaxes cheas de beleza e tranquilidade , nidias e luminosas con moitos xogos coas cores baseadas principalmente nunha ollada ao mundo rural e do agro con guiños ecolóxicos.


Para min foi un descubrimento e gosto de pesquisar nos seus arquivos antigos para logoa topar con fotos sorprendentes. Para os que coma min gostamos da fotografía amateur é toda unha referencia pois sempre acompaña as fotos cun post no que especifica as condicións técnicas da foto.


Aquí tedes algunha mostra do que fai