martes, agosto 19, 2008

Un fantástico Polo da casa asado


Iste polo criado e mantido con moitos coidados caeu nas miñas mans , non por casualidade pois xa había tempo que sabía que na casa da miña moza uns 50 pitiños alimentadonse a base principalmente de fariña de millo da casa e outros cereais e cos cariños da nai e da avoa de María.

Os pobriños estanse achegando ao seu fin pero darán moito pracer a moitas bocas. Eu polo de agora so fixen un gran zanco e un á e como vos podedes imaxinar o resultado foi memorable pois a calidade do animal era indubidable e daba medo estropear semellante delicatessen na cociña.

Así que decidín facelo asado cun pouco viño doce (Montilla-Moriles) e unha salsa de chalotas , cenouras e tomates secos.

O proceso nun video en breve