jueves, agosto 07, 2008

Segundo video de Sao Miguel en Azores


Ademais do video que mostra novos e fermosos lugares da Ilha de Sao Miguel aporta algunhas outras información sobre estas interesantes pero descoñecidas illas:

A Historia de Azores é máis ben curta e parece comezar no S XV xa de mans portuguesas, pode ser que houberá previamente outros poboadores nesas illas pero cando os mariños lusos chegaron non atoparon máis que falcóns (de aí o nome de Açores).
Dende aquela o arquipelago convertese nun punto de referencia estratéxico reforzado co posterior descubrimento de América. As illas foron tamén niño de corsarios e piratas que agardaban agochados polo paso das naves españolas cargadas de tesouros. A finais do XVI as illas pasan a mans españolas que toman Terceira baixo o reinado de Felipe II voltando novemente a mans portuguesas 60 despois.
Xa avanzando nos tempos as Azores tiveron unha importancia destacada na Guerra Civil portuguesa do XIX sobre todo a cidade terceirense de Angra do Heroismo.
Hoxe en día as Azores son oficialmente unha rexión "ultraperiférica da UE" e saltaron non hai moito á actualidade pola nefasta e vergoñenta Foto das Azores de Bush, Blair e Aznar.
A influencia española aínda se nota hoxe en Terceira, de feito lles chaman os españois aos terceirenses, onde no vran se celebran touradas e outros festexos como "vaquillas"
Tamén foi destacable a presenza de franceses en Sao Miguel, onde hai zonas nas que os micaelenses falan un portugués con acento francés e mesmo hai unha vila chamada Bretanha.
Hoxe en día as Azores son víctimas dun grave despoboamento producido pola emigración ao continente pero principalmente a Canada e USA, polo que é habitual ver casas azorianas coas bandeiras portuguesas xunto as destes países norteamericanos. Pequenas vilas como a remota , salvaxe e inaccesible Faial da Terra, ten perdido dous tercios dos seus habitantes en pouco máis de 40 anos.

Espero que a información vos sirva para algo e desfrutade coa máxica paisaxe de Sao Miguel.



1 comentario:

Anónimo dijo...

oye deberías de plantearte presentar este blog a alún concurso, es realmente bueno.