miércoles, agosto 27, 2008

Pola pasarela de San Vicente





Qué facer os días de choiva en vran? no último pasei media tarde fotografiando dende a pasarela que percorre a liña de costa de San Vicente, desta non me fixei na Illa de Ons, o mar, as rocas...chamoume máis a atención a flora e a fauna que te podes ir atopando e que ten máis contraste con un día escuro,e como no caso dos coellos ao non pasear moita xente e máis doado atopalos.



Para quen non coñeza este paseo ,dicir que ten magníficas vistas e que facilita unha excelente accesibilidade a zonas complicadas, no lado negativo dicir que en certo modo é unha usurpación da liña do litoral que pode estar ben si se trata de pequenos tramos mantendo virxe o que aínda o é.