lunes, agosto 04, 2008

Papar nas Azores- Sao Miguel


A Colmeia Wine Bar & Restaurant




A gastronomía açoriana non está moi desenvolta, hai oferta é certo , pero todo é moi parecido , a mesma carta repítese con frecuencia, pero certamente hai locais moi recomendables e productos únicos que paga a pena probar.
Por contra do que se puidera pensar, para a xente de Azores o producto básico non é o peixe, os açorianos son moi carnívoros e gostan das carnes de vaca, que están pacendo por toda a Ilha de Sao Miguel e son un dos piares da economía local. Está claro tamén que hai moi bos peixes e os productos do mar atópanse frescos con facilidade nos restaurantes dos pequenos portos pesqueiros das mariñeiras vilas. As estrelas son o cherne (mero) , o atún , o bacallau e logo xa outros máis da costa como sargos , ollomol, salmonetes, etc.
Como xa digo a oferta nos restaurantes non é innovadora e non hai moitos locais de referencia, pero un destaca por riba do resto, trátase de A Colmeia, o restaurante do Hotel do Colegio en Ponta Delgada, un hotel con encanto. Farei un post específico deste restaurante porque o merece.


Ceando no 100 espinhas

Recentemente en Ponta Delgada foi inaugurada unha Marina que conta con restaurantes novos tamén recoemndables como o irman de A Colmeia o Colmeia Wine & Restaurant no que se pode incluso petiscar ou 100 Espinhas, xa máis tradicional e baseado no peixe freco de mercado que van variando segundo o que chega ao porto, a cataplana (como unha zarzuela de peixe) que eu pedin estaba moi boa
En Ponta Delgada hai máis opcións pero como xa digo é todo moi similar, seguindo a liña de costa podemos parar en Vila Franca, Lagoa ou San Roque para probar a comida dos portos. Por exemplo nos en Lagoa polo Borda D´auga , terraza xunto ao recollido porto da vila con especialidade en peixe, o cherne ou o ollomol ben frescos, magoa que o fagan so a plancha (mestura de sabores) e un pouco feito de mais , se non sería un magnífico local. O prezo dende logo barato , aproximadamente 15-20 €(como sempre en Azores) e convén pedir medias racións (xa o recomendan eles) pois son moi abundantes.


Unha cataplana de peixe

Seguindo na tradición azoriana algo casi obrigado é comer o Cozido das Furnas, cocido local feito no calor da terra próxima ao lago volcánico das Furnas, non o probei por ter que ser reservado con antelación, aínda que si nos fixemos con unha elaboración famosa de Furnas, os bolos lévedos como unha torta de pan feita con mel e ben fermentada (moi esponxosa) que son un magnífico invento.
En canto aos queixos dicir que cada illa ten os seus , predominando os de leite de vaca con algún de cabra. Son queixos mantecosos pero fortes e a min o que máis me gustou foron uns que probei da Terceira.
Algunha curiosidade azoriana máis son os sospiros , merengue sólido, que resulta ser un doce case etéreo ou o tubérculo inhame que me trouxen para facer algún pratiño para vos ensinar
Ah por certo ,esqueciame de falar doutra especialidade de Azores que para min non ten ningún encanto: as lapas, a este molusco eu non lle atopo ningún sabor especial e ten unha textura gomosa difícil de masticar que o fai ata despreciable, a verdade é que non son moi do meu agrado, entendo algo porque aquí nunca se comeron.


Unhas lapas a grelha
Eu comendo un bolo lévedo entre nubes das termas ferventes