miércoles, agosto 27, 2008

O Cozido das Furnas

Un pequeno video que me faltaba do meu periplo polas Açores, trátase do famoso Cocido das Furnas , algo moi típico da Illa de Sao Miguel , da localidade de Furnas.
O curioso deste cocido está en que se fai baixo terra, e dicir, a terra volcánica está quente, polo que se enterra unha pota que contén todos os ingredientes , péchase e deixase facer durante unhas horas na zona de perto da Lagoa das Furnas.
Furnas é unha zona turística de Sao Miguel caracterizada por estar metida no fondo do cráter dun volcán, cunha actividade de fumarolas e pequenos geiseres considerable . É chamativo ir pisando a terra e notar que está quente aínda que tamén mete un pouco de medo.
O Cozido das Furnas leva : carne de vaca, de porco, touciño, chourizos, nabos, repolos , patacas, galiña, cenouras, pementa e sal.
Dicir que non o probamos pois non tiñamos moito corpo para a calor e a humidade reinante, xente que o ten probado comentoume que notábase un certo sabor a o azufre das augas. Certamente nesa zona o cheiro a azufre está moi presente.
Ben aí tedes o video, espero que non o vexa Crespo (alcalde de Lalín) pois seguro que xa empexa a argallar unha viaxe para facer o de Lalín de tal xeito ,non pensa noutra cousa que en facer cocidos polo mundo...