martes, agosto 12, 2008

Na Praza de O Grove



Un dos costumes do vran polas terras mecas é achegarse ata o Mercado principalmente os venres que é feira no Grove.

Esta é unha feira moi viva polo menos nestas épocas , chea de tendas dos feirantes mentras as mozas van mirar de atopar gangas nos postos de roupa eu sempre vou ata o interior da praza para ver os magníficos peixes e mariscos que cada día chegan ata a lonxa de O Grove. A verdade é que a variedade é ampla, as calidades moi diferentes e tamén os prezos. Meu avó, habitual visitante e comprador nesta praza nos meses de vran coñece ben cales son os postos de mellor peixe.

Ademais dos peixes esta zona do Salnés destaca por unha magnífica horta, da cal destacaría os tomates e tamén os pementos. Nestes últimos dous venres merquei das dúas hortalizas e os últimos tomates, de Dena para máis señas, estaban de cine e deron moito xogo como poderedes comprobar.