martes, agosto 12, 2008

Morcilla con piña


Prato típico da Illa de Sao Miguel. Trouxen de alá unhas poucas morcillas das Azores, son máis finiñas que as nosas e un pouco máis suaves. A piña non é de alá, María trouxo unha, pero a que usei eu debe de ser de Africa.

A verdade é que parece unha mestura estraña pero despoiis de botar unhas morcillas partidas en media culler de azeite de oliva quente, deixas dourar e logo engades os anacos de ananás a lume vivo e xa o arrecendo vaiche metendo fame.

Unha curiosidade recomendable que se pode facer con morcilla autóctona e que alí estaba na carta de case todos s restaurantes. Moito mellor que o experimento das lapas