martes, agosto 05, 2008

A Colmeia, Ponta Delgada (Sao Miguel), Açores







Polo que teño lido iste debe de ser o mellor restaurante das Azores , para min dende logo é o mellor dos que atopei en Sao Miguel completado polo seu irmán pequeno do porto de Ponta Delgada A Colmeia Wine Bar & Restaurant recén aberto e un pouco máis informal.


O restaurante está situado no coqueto Hotel do Colegio no centro de Ponta Delgada, a decoración é acolledora mais austera como é habitual por eses lares cunha cristaleira cara a piscina interna do hotel que de noite fai máis agradable a sala.


O servizo moi correcto e profesional , un pouco lento para alguén do continente pero normal alí. Moi atentos por si faltaba auga e nin unha mala cara cando reprochei o malo costume de servir os viños practicamente quentes en Portugal, pois non é un vicio deste restaurante se non o habitual no país veciño.


O menú moi enraizado na comida azoriana con toques de innovación , cargado dalgúns sabores novos mais agradables. O producto de boa calidade e racións máis que suficientes para este tipo de restaurantes. De entrante nos puxeron un regaliño da casa, un petisco a base de peixe azul bastante sabroso, logo optamos por algo coma un crocante recheo de mar que realmente sabía a tal cunha salsa lixeira , sabrosa pero suave a vez. Continuamos con un atún asado en azeite , para min feito en exceso pero conservaba un bo sabor e o peixe orixinal debía de ser de moi bo tamaño. María optou por un magret de pato con mel e pure de batata doce que realmente estaba no punto e magnífico nunha ración ben abundante. Os postres contundentes con utilización de xeados e froitas das illas como o Carpaccio de ananás con vainilla . Tras o postre bos cafés e probei un augardente da Ilha de Pico que non era moi salientable pero valeu como curiosiade. O viño foi un bon crianza do Douro , non lembro cal , pero unha vez que baixou un pouco a temperatura inicial puidemos desfrutar con agrado del na cea.



Todo esto por 35€ por cabeza con IVE e viño incluído,por unha cea na que non sería fácil baixar dos 45€.


Se ides a Azores non o dubidedes, a Comeia é a referencia local.

1 comentario:

Anónimo dijo...

o magret estaba recheo de foi de oca,facíao máis sabroso