martes, julio 15, 2008

Sigur Ros


Dende o último de Radiohead "In Rainbows" ningún disco me tiña enganchado ata este dos islandeses Sigur Ros, que se chama "Með suð í eyrum við spilum endalaust" que tamén manda carallo para o nome e que se traduce ao castelán "Con un zumbido en los oídos tocamos sin parar".
Os de Reikyavik, un grupo de culto para moitos, cantan no seu idioma islandés pero eso non é un obstáculo para ser mundialmente recoñecidos e que as súas xiras e discos sexan agardadas con impaciencia. A súa música en certos momentos coral (un dos temas está grabado con 90 persoas tocando) ten un toque a natureza , as súas raíces nórdicas con toques que poden lembrar a Varttina ou Hedningarna pero cun estilo inconfundible encadrado dentro dun pop independente, elegante e etéreo.
Polo que vin o disco ten unha estética moi coidada en canto a fotografía e que manteñen nos videos das cancións. Aquí vos deixo co video do primeiro single que se chama "Gobbledigook" que é un canto á ecoloxía e a relación do home coa natureza, un video para maiores de 18 pero moi fermoso.