jueves, julio 31, 2008

Primeiro Video de Azores e algunhas informacións


Vou facer polo menos 2 videos con fotos da Illa de San Miguel nas Azores para tratar de repartir tanta beleza.
De pao vou poñer algunhas informacións que vos sirvan para coñecer un pouco mellor o arquipélago.
As Azores están compostas por 3 grupos de illas:
- Oriental : Sao Miguel e Santa María
- Central: Faial , Graciosa , Sao Jorge e Pico
- Occidental: Flores e Corvo

As distancias entre os grupos son considerables , polo que é difícil e caro viaxar a illas de diferentes grupos pois os vos internos son moi caros (de 250 en adiante). A xente que visita Azores habitualmente empeza pola máis grande e poboada que é Sao Miguel, considerada en dura pugna con flores a máis bonita. Todas as illas teñen recoñecidos en cantos Faial ( Horta ou o famoso Peter´s Cafe), Pico (o monte máis alto de Portugal), Terceira (Angra do Heroísmo)...polo que en calquera delas pódese desfrutar dunha estancia interesante.
Sao Miguel , ademais de ser a máis grande é a máis poboada con perto da metade da poboación azoriana. Ten uns 120 Km de longo por 20 de ancho, sendo unha illa de evidente orixe volcánico e teñense rexistradas moitísimas erupcións no milenio pasado polo que o seu caracter sae das súas terras e deixase ver sobre todo nas augas.
A climatoloxia e atlántica, sendo bastante suave principalmente no vran, gardando moita relación as temperaturas atmosféricas coas do Oceáno e beneficiándose da Corrente do Golfo. Na nosa estancia as Tªs oscilaron entre os 20 e 26ºC e as da auga andaban polos 23ºC, todo esto sen moito sol , realmente agradable.
O turismo polo de agora non está moi explotado, hai hoteles e casas rurais pero non se nota masificación , nas praias máis apartadas podes estar so. Non é un turismo de sol e praia, é máis un turismo de natureza , ecolóxico complementado co praias. Os prezos son máis baixos que no continente e un bo hotel de 4 estrelas (non hai de 5 en Azores) en tempada alta non pasa dos 100€ e a hostelería é un 20-30% máis barata que aquí.
Os principais valores turísticos son: unha coidada natureza, costa salvaxe, as lagoas dos cráteres volcánicos, o avistamento de cetáceos, as augas termais, as praias...como vedes un amplo abano de posibilidades que fan desta illa un lugar de contrastes.
As xentes de SaoMiguel por contra do que se pode pensar non viven principalmente do turismo, e chama a atención de que a prinicpal actividade dos micaelenses sexa a gandeiría antes que a pesca. As condicións do chan e do clima fan que os pastos crezan rápidamente polo que as vacas están por todos lados e mesmo viven fora e se muxen fora
Ben está é a primeira entrega co próximo video poñerei máis para non vos aburrir



1 comentario:

martal dijo...

q bonito!!!!carlos y yo intentamos ir un par de veces y al final nunca pudo ser...tendremos q volver a intentarlo pq m dais una envidia...