lunes, julio 14, 2008

Hórreos únicos



Sen dúbida o Concello cos hórreos (ou cabaceiras) máis coñecidos de Galicia é Carnota, non vou a entrar na discusión clásica dos veciños desa zona de si é máis grande o de Lira ou o de Carnota vila (pode ser perigoso), os dous son espectaculares e merecen ser visitados.

A min o que máis me chama a atención é este fermoso e supoño que vellísimo hórreo que está en Louredo e que debe ser dos máis antigos que se conservan por esa zona.

Chámame a atención pola súa rudimentariedade: pedras case sen traballar, os piares moi xuntos , as pedras de abaixo moito máis grosas que as de arriba, sen moita ventilación, unha pequena porta...características todas que lle dan un aspecto de fortaleza que seguro lle permiteu estar de pe moitos anos...dende o primeiro día que o vin pensei en fotografialo pero non puido ser ata onte e sigo pensando que esta é unha maravilla máis a visitar nesa zona.

Esta cabaceira está na estrada de Carnota subindo hacia As Paxareiras, Louredo son as últimas casas antes do monte.