jueves, julio 17, 2008

Decálogo gastronómico para a crise

Como parece que os problemas na economía van para longo, penso que podería ser bo aportar algunhas ideas para seguir desfrutando da boa mesa sen ir moito aos restaurantes. Supoño que para moitos hosteleiros veñen malos tempos, pero entristéceme que os máis abnegados e vangardistas son os que menos beneficio sacaron das vacas gordas e outros encheron o bandullo para moitos anos, alomenos algún agora caerá da burra.

Estas son as miñas "receitas" contra a crise:

1- Sal a comer ou a cear a un restaurante bo so cando teñas garantías de que a relación calidade/prezo está asegurada. Os riscos mellor baratos.
2- Recupera algún dos restaurantes de sempre, con boas especialidades a prezo. Por exemplo: unha pulpería boa, un sitio onde borden as carnes do país, etc (Ex.: unha boa pulpería, un asador/churraso, onde fagan uns magníficos polos da casa de encarga...). Pode ser que non teñan moito glamour pero non defraudan
3- Pon un tope de prezo ao viño que vaias tomar, coa máxima :calidade/prezo/satisfacción. Tomar viños caros é moi fácil si tes moitos cartos...Ex.: na casa 10€ , en restaurante 20€
4- Organizar roldas de ceas nas casas cos amigos, pagade as ceas entre todos. Competide entre vos , será máis entretido. Na casa con 20€ fanse auténticas marabillas.
5- No outono vai ao monte a apañar castañas e cogumelos (con coñecemento), pesca se podes no vran ou aprende que algas podes comer, se tes unha leira fai unha hortiña... Mentras o fas non gastas cartos e logo ben que se desfruta.
6- Aproveita os productos de tempada, se imaxinativo con eles. Ata a máis simple das patacas ten máis dunha ducia de posibles preparacións
7- Trata de buscar restaurantes que estean empezando a despuntar, serán asequibles e con gañas de agradar. Non se poden permitir malas críticas, menos agora.
8- Aproveitate dos prezos dalgúns alimentos como a terneira, a pescada ou o peixe das rías, tal e como están as cousas son artigos ben baratos.
9- Fuxe daqueles aos que habitualmente lles acabas invitando tí.
10- NON RENUNCIES NUNCA NIN SUSTITÚAS: o aceite de oliva, o pan de sempre,,ao peixe fresco se o hai a venda e as tradicións gastronómicas ancestrais Ex.:porco, filloas, etc no Antroido; sardiñas por San Xoan...

Ah por certo, esquecíame da 11, fai receitas de Paparevivir , rarísimo o prato que suba dos 8 €. Espero máis suxerencias.

5 comentarios:

Carlos Taboada dijo...

12.- Comer como os ricos. Paris Hilton tomaba unha amendoa ó día.

13.- Roubar comida nas grandes superficies. Deste xeito tamén podes emular a Paris Hilton indo o cárcere. A comida é gratis.

14.- Retomar unha das profesións máis antigas do mundo...Facerse espigador.

15.- Declararse en folga de fame e que te alimenten artificialmente. A algúns lle funciona...

Anónimo dijo...

Nico, ¿estás bien?

Sito.

Nico dijo...

Tranqui Sito, claro que sí
Kali muy bueno
16- Volver al viejo bocadillo de salsa de riñones del Heladero, sumum de la racanez eficiente

Anónimo dijo...

Vale, muy bien... ¿cenamos hoy?.

J.Carlos Calvo Ulloa.

Anónimo dijo...

me va a mal, esto es demasiado